Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2003. Resumen
Benvid@ ó weblog sekeiroxParece que xa teño un blog. Para empezar exporei unha serie de propósitos que seguramente irán trocando co tempo. 1. Só dicir verdades. 2. Non poñernos morriñentos, se non é necesario. 3. Utilizar esta ferramenta como recolleita de información de traballo e elaboración propia 4. Permitir as ligazóns permanentes aos arquivos. 5. A xente que desexe remexer nos privados que o faga, ata que eu me canse. 6. Que non deixe de ser un blog persoal, polo momento. Salvemos ó animalEsta historia, foi escrita cando aínda non se sabía que pasaría o que pasou. É unha histria que pasou polo meu maxín hai xa tres anos bos. Aí vos vai ¡Salvemo-lo animal! É verdade que o tempo pon a cadaquén no seu sitio... Este pensamento asáltame case que tódolos días cando ergo a mirada dos meus libros, para botar unha ollada pola fiestra deste edificio cheo de cultura encriptada. O que outrhora ía sempre cunha camisa nova mirando cara ó sol, e que saíra da bisbarra ferrolana para instaurar un sistema terrorífico e espallar a inxusticia pola hispania de mediados do século que estamos a rematar; segue ahi, a pesar dos pesares; continúa erguido no seu cabalo no mesmo sitio de sempre, na mesma postura; ainda que algo está a cambiar... pouco a pouco a ferruxe estalle a chegar ós c...ostados. O seu busto, infinitamente venerado por algúns e odiado por outros, é agora o lugar preferido polas almas de tantísimos españois reencarnados en gueivotas, que veñen ex profeso, para depositar ali, día tras día, os seus excrementos. ¿E que dicir da montura? Ó pobre equino non lle queda outro remedio que aguantar e aguantar o peso de tan insigne opresor, ainda que non queira. A cola do animal fica ergueita, tal como se quixese colaborar na tarefa das gueivotas, e manchar, ainda máis, ese chan polo que está a pasar sen pasar; ese camiño que os leva a algures onde nunca acaban de chegar. ¿E pregúntome..., non será tempo de librar de tanto sufrimento ó animal? ¿Non será momento de axudar a ese cabalo a atravesar dunha vez por todas a Plaza de España? Por unha nova alfabetizaciónEntrevista a José Luis Orihuela José Luis Orihuela é profesor universitario, conferenciante e consultor de eComunicación. Ten unha extensa traxectoria no uso de weblogs e é un referente na utilización de novas tecnoloxías na educación. Entrevista a José Luis Orihuela A asiática chegou á miña casa Ninguén a convidou a pasar as últimas dúas semanas na miña casa, máis o pasado xoves 13, instalouse no cuarto do lado. O caso é que debémola tratar tan ben, que non quixo marchar. O asunto é que me debeu pillar ben, xa que dende o luns estou coa asiática na cama. O luns empeceime a sentir mal, o martes pior, o mércores para o arrasstre, o xoves, .... mellor esquecer o xoves; e hoxe, por fin empezo a recuperarme. O malo do caso é que se nega a deixar a miña casa, e segue a traballar noutros corpos para cumprir ca súa misión: sobrevivir. A verdade é que a vida dos virus é fastidiada, e a dos virus da ghripe, non é unha excepción; son unha perdición para o corpo que ocupan, podéndolles causar a morte, pero ó mesmo tempo eses mesmos corpos son a súa salvación. Son seres incompletos que precisan dos demais para se reproducir, xa podían ser máis agradecidos cos seus caseiros,... Pero en fin, o pior xa está a pasar, para a próxima vez haberá que acudir ó centro de saúde a se vacinar, porque sabedes que por unha vez acertaron coa cepa que nos está a amolar. ¡¡Benaventurados os vacinados este ano!!! Thoughts on EdbloggerInteresantes reflexións sobre o uso dos blogs nas escolas, e unha porta aberta á investigación.http://www.weblogg-ed.com/2003/11/24#a1201 Sobre hipertextoUn blog sobre hipertexto: Ted Nelson contra la web Xa pasou un ano e ainda está ahi... O Prestige, e as súas consecuencias seguen ahi, en silencio... |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |