Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2004.

Resumen

Unha educación a prol dos dereitos humanos

wsis_logo.gifCumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
3. Reafirmamos a universalidade, indivisibilidade e interrelación de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais, incluido o dereito ó desenvolvemento, consagrados na Declaración de Viena. Reafirmamos asimesmo que a democracia, o desenvolvemento sostible e o respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, asi como o bo governo a todos os niveis, son interdependentes e se reforzan entre sí. Resolvemos asimesmo reforzar o respecto do imperio da lei nos asuntos internacionais e nacionais.
Partindo do respecto a priori do enunciado neste cumio de Xenebra, e da interdependencia de varios factores fundamentais para o desenvolvemento da sociedade, eu pregúntome ¿que entenden por liberdades fundamentais? ¿cal é o concepto de democracia, do que se fala no paragrafo anterior? ¿que se considera como modelo de bo governo? ¿pode ser a lei verdadeiramente xusta cando se convirte nun "imperio" ou forma parte del?...
03/02/2004 09:42. Ligazón permanente. Tema: (SI) Sociedade da Inf... No hay comentarios. Comentar.

Sobre webquests e outras cousas

O amigo dorfun, no Caderno de Ciberlingua, comenta un interesante blog sobre webquests: Webquests, Trabajando con la red, desenvolto por un grupo de traballo do Centro de Profesores de Sevilla.

Comenta ademais a súa intención de explicar o tema da sindicación de contidos. Coido que é necesaria unha explicación clara e comprensible para os que non somos técnicamente mo avezados. Dende logo o tema da sindicación cando o descubrín, foi algo estupendo e moi útil, que trocou os meus costumes de navegante pola rede.
Agardo que, os que controlades, me ilustredes.
06/02/2004 09:03. Ligazón permanente. Tema: WebQuests No hay comentarios. Comentar.

Liberdade de opinión e de expresión

wsis_logo.gifCumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
4. Reafirmamos, como fundamento esencial da sociedade da informaicón, e segundo se esípula no artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, que todo Individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, que este dereito inclúe o de non ser amolado a causa das súas opinións, e de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. A comunicación é un proceso social fundamental, unha necesidade humana básica e o fundamento de toda organización social. É tamén indispensable para a sociedade da información. Todas as persoas, en todas partes, deben poder participar e non debe exluirse a ninguén das vantaxes que ofrece a sociedade da información

Demasiado bonito para ser certo. Todavía hai moitas bocas pechadas á forza, ou por medo.
09/02/2004 08:27. Ligazón permanente. Tema: (SI) Sociedade da Inf... No hay comentarios. Comentar.

Sociedade da Información (SI) e dignidade humana

wsis_logo.gifCumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
5. Reafirmamos o noso compromiso co disposto no Artigo 29 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a saber, que toda persoa ten deberes respecto á comunidade, posto que só nela pode desenvolver libre e de cheo a súa personalidade, e que, no exercicio dos seus dereitos e liberdades, toda persoa estará só suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único in de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática. O exercicio destes dereitos e liberdades non debe contradecir en ningún caso os obxectivos e principios das Nacións Unidas. Por esa razón, temos que fomentar unha sociedade da información na que se respecte a dignidade humana
16/02/2004 08:29. Ligazón permanente. Tema: (SI) Sociedade da Inf... No hay comentarios. Comentar.

incorporated subversion: the book

James Cheers en Incorporated Subversion, convídanos a planificar a acción educativa e refexionar sobre ela. Neste caso de cara ó uso de blogs. No noso contorno faltan este tipo de iniciativas. Haberá que innicialas.
16/02/2004 08:55. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

O canto do grilo

grilo2.jpgNon sei como será noutros contornos do mundo, pero no meu contorno, unha das sensacións que me fan ter eses momentos "ledicia", é a producida ó estar nalgún sitio do rural galego, ó anoitecer ou pola noite pechada, no verán (con ou sen licor café de por medio), e escoitar: o canto do grilo, ou mellor dito dos grilos,... a ducias, a centos, a miles,... Pois ben, supoño que o grilo "A", cando axita os seus élitros, fai chegar a súa mensaxe a unha gran cantidade de grilos veciños, sendo o máis alonxado o grilo "B". O grilo "C", é o máis afastado de "B", e non percibe o sinal de "A" directamente, pero sí lle chega a través da resposta que "B" lle ofrece a "A", ou a través do canto dos outros moitos grilos que están á "escoita".
Pois ben esta imaxe, dos grilos, aseméllase moito ó que acontece na arañeira (web), só que me atrae máis a idea da grileira que a da arañeira. Cando un grilo empeza a "cantar", prodúcese unha reacción incontrolada de resposta de milleiros de grilos veciños. Esto é o que pasou cando o grilo que escribe, provocou co seu canto ó seu veciño dorfun. Neste caso a petición era unha chamada para que alguén escribise algo sobre a sindicación. A resposta é este documento que está aberto a ser mellorado por outros grilos interesados.
18/02/2004 13:54. Ligazón permanente. Tema: Blogheadas Hay 1 comentario.

Espallar os contidos na Blogosfera

thelogotext2.gifChegoume por varias fontes, a referencia dun artigo de Richard E. Ferdig e Kaye D. Trammell da Universidade de Florida, que trata do uso dos blogs na educación: Content Delivery in the 'Blogosphere' .
O artigo está publicado en The journal online («Technological Horizons in Education»), na súa edición do mes de febreiro.

Os autores defenden as vantaxes dos blogs como ferramentas de participación e creación de coñecemento. Neste artigo enmarcan as súas propostas de traballo cos blogs, desde unha perspectiva constructivista e ofrecen algunhas ideas para utilizalos nas clases.

Artigo moi interesante, que ofrece consellos, e un bo listado de referencias.
19/02/2004 18:42. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar.

Máis alá dos obxectos de aprendizaxe

Dandolle unha volta máis ós learning objects, Stephen Downes da Australian Flexible Learning Community, no seu artigo Beyond Learning Objects, apoia a idea de que ó subministrar
contidos de aprendizaxe na rede, debemos ollar máis alá dos obxectos de aprendizaxe, tal e como se intentan conceptualizar de forma estricta. En primeiro lugar porque calquera recurso dixital pode servir para apoiar a aprendizaxe, e en segundo lugar porque moitos recursos non dixitais tamén poden considerarse recursos de aprendizaxe. Recursos que ademáis se poden integrar en contornos virtuais de ensinanza, utilizando os metadatos axeitados.
19/02/2004 09:44. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

Iguladade de tódolos estados

wsis_logo.gifCumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:

6. De conformidade co espirito da presente Declaración, consagrarémonos unha vez máis a apoiar o principio da igualdade soberana de tódolos Estados.

7. Recoñecemos que a ciencia debe desempeñar un papel cardinal no desenvolvemento da sociedade da información. Gran parte dos elementos contitutivos desta sociedade son o froito dos avances científicos e técnicos que non serían posibles sen a libre circulación dos resultados da investigación.

¿Por que se teñen que ir os investigadores de España? ¿Por que protestan os investigadores pola súa situación? ¿Por que os bolseiros son precarios? ¿Por que non se inviste máis en educación básica e superior e en investigación? ¿Por que ...?
23/02/2004 10:31. Ligazón permanente. Tema: (SI) Sociedade da Inf... No hay comentarios. Comentar.

Series context / weblog context

Este weblog, ofrece un feixe de ligazóns interesantes e referencias bibliográficas sobre a blogosfera.
24/02/2004 10:04. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.




O Recanto

Semente RSS:

Temas



Archivos

Enlaces

Blogheadas

CeroTres

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Febrero 2004 | Sekeirox
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]