Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2004.

Resumen

09/07/2004

Weblogs como e-Portafolios

Vía weblogg-ed, atopo e-Portfolios for learning, de Helen Barrett. Neste sitio pódense atopar novas e comentarios de gran interese sobre os e-Portafolios e sobre o uso de weblogs para esta fin. No último post do seu blog: Second order tool use, fala esta blogger, de dos distintos niveis de uso dunha ferramenta, neste caso de software. O primeiro nivel de uso, é para o que foi creado e deseñado, e o segundo nivel de uso, sería para abordar unha necesidade que pode cubrir (a modo de bricolaxe do que tanto gusto).
En canto aos blogs, o seu primeiro nivel de uso é para postear novas online, e que nun segundo nivel se poderían usar como e-Portafolios (no senso de construir unha historia de ensinanza aprendizaxe), se cumplisen uns criterios: Que permita crear unha estructura dun e-Portafolio mediante ligazóns hipertextuais, que permita facer un diario reflexivo e que permita crear un listado (inventario) de obxectos reutilizables noutro contexto.
09/07/2004 09:12. Ligazón permanente. Tema: Edublogs Hay 1 comentario.

16/07/2004

Anatomía dun weblog

Coincido con Piscitelli, en que o post de Barret Anatomía de un weblog describía o formato e a filosofía dos weblogs como vehículo dunha rede para todos feita por todos.
16/07/2004 13:50. Ligazón permanente. Tema: Tecnoloxías No hay comentarios. Comentar.

21/07/2004

Selección do EVA na Dublin City University

Vía EdTechPost atopo un interesante documento sobre o proceso de selección do EVA na Dublin City University no seu proceso de migración de plataforma. Interesante tamén o comentario que fan ao post de edtech.
21/07/2004 13:06. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

Segunda parte de Weblogs: Nuevos Cuadernos de Bitácora

Xa comentara a primeira parte deste artigo publicado en Red. Agora o número 11 desta revista da Universidade de Murcia, publica a segundas partes dos artigos de Miguel Zapata e de Chris Ashley.
Inclúe ademais un artigo de Carlos Marcelo sobre contidos e construcción da aprendizaxe na rede.
21/07/2004 09:53. Ligazón permanente. Tema: Edublogs Hay 1 comentario.

Novas versións de Moodle, A-Tutor e Sakai

Publican en Octeto, dúas interesantes novas: unha sobre as novas versións do contorno Moodle 1.3.2, que incorpora melloras en canto aos estándares (SCORM), e A-Tutor que inaugura o acceso público ao repositorio do seu código fonte.
Outra nova interesante que recolle é sobre a ferramenta de Sakai, que acaba de anunciar a primeira versión do seu Collaboration and Learning Environment (CLE), un contorno modular de código fonte aberto que ten o obxectivo de integrar diversas funcionalidades de e-learning nun portal académico. Lembremos que o proxecto Sakai é unha iniciativa das universidades de Michigan, Indiana e Stanford, o MIT e o consorcio uPortal.
21/07/2004 13:33. Ligazón permanente. Tema: Tecnoloxías No hay comentarios. Comentar.

Blogs e comunidades de práctica

Vía elearnspace, dou cun artigo e comentarios interesantes sobre o mesmo de Manuel Cornejo que fala das comunidades de práctica e do papel dos blogs como unha ferramenta de traballo moi útil para as mesmas.
21/07/2004 13:43. Ligazón permanente. Tema: (SI) Sociedade da Inf... No hay comentarios. Comentar.

KidzLog: weblogs para nenos

Ten boa pinta esta ferramenta KidzLog de edición de weblogs para nenos, parece faciliña e intuitiva, haberá que seguila.
21/07/2004 13:49. Ligazón permanente. Tema: Tecnoloxías No hay comentarios. Comentar.

23/07/2004

Mexan por nós e hai que dicir que chove...

castelao.gifA vixencia desta coñecida frase de Castelao, é unha lousa para moitos galegos...

Político, pintor e escritor galego nacido en Rianxo. Pasou a súa infancia en Arxentina, onde viviu a emigración en primeira persoa. Licenciado en Medicina, cursou o doutoramento en Madrid onde comenzou a destacar como caricaturista e pintor, sendo a súa bandeira o humor, a sátira e a crítica. Entre outras participacións culturais, pertenceu ao grupo cultural Irmandades da Fala e foi director artístico da publicación Nós. Destacan as súas obras: Un Ollo de Vidro (1922), Cousas (1926), As Cruces de Pedra na Bretaña (1929), Retrincos (1934) e Os Dous de Sempre (1934). Os álbumes Galicia Mártir (1937) e Atila en Galicia (1937). A obra teatral Os vellos non deben de namorarse (1941). En 1944 publicou Sempre en Galiza, obra cumio do pensamento galeguista e en 1948, Alba de Groria. En 1950 publicou o seu último libro, As Cruces de Pedra na Galiza.
23/07/2004 13:58. Ligazón permanente. Tema: Contorno Hay 1 comentario.

27/07/2004

O bardo

mf1pondal.jpgDa alma no fondo

eu levo unhas cordas,

que a cada momento

soando están soas:

se estou vixiando

ocúpanme as horas;

se en plácido sono

os membros repousan,

axítanse insomnes,

xa doces, xa roucas.



En vano, febrento,

nas luitas recónditas,

o ánimo ousado

en vano se esforza

por domar o tumulto sublime,

as férvidas notas,

soberbias, agrestes,

salvaxes, grandiosas,

que ¡ai¡ no profundo

dos bardos repousan,

¡cal repousan as chispas que dormen

nas altas curotas!



EDUARDO PONDAL, "Queixumos dos pinos" (1886)

EDICIONS XERAIS. Eduardo Pondal, Poesía. Biblioteca das letras galegas.

Segundo a BVG Eduardo María González-Pondal Abente, naceu en 1835 na Ponteceso, comarca de Bergantiños. En 1848 instalouse en Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina.

En 1860, publica "A campana de Anllóns", o seu primeiro poema en galego. No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a "Queixumes dos pinos" (1886). "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos, conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga.
Pondal, poeta oficial do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. En 1858, publica "Os Eoas", un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano.
27/07/2004 12:44. Ligazón permanente. Tema: Contorno No hay comentarios. Comentar.



O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

Blogheadas

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

CeroTres

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.