Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2004. Resumen
Chamarlle ás cousas polo seu nomeCoincido con García Areito, na necesidade de chamarlle ás cousas polo seu nome, e de non reinventar continuamente o que xa está inventado pola vía de renomealo. O seu artigo, Blended Learning, ¿Es tan innovador? recolle esta idea, aplicada ao concepto de Blended Learning. Tecnoloxías no "ollo do furacán" no ensino superior, segundo educauseDe octeto, recollo a nova dos libros brancos publicados por educause sobre tecnoloxías en «que están a ter un impacto directo nas institucións de educación superior»: 1. A xestión do correo lixo 2. Os usos legais das redes P2P (peer-to-peer) 3. A creación e intercambio de obxectos de aprendizaxe reutilizables 4. A converxencia de bibliotecas, repositorios de obxectos dixitais e sistemas de xestión de contidos web 5. O desenvolvemento da tecnoloxía "sen fíos" dentro das redes do campus 6. As redes rexionais académicas TICs e Liberdadedorfun fala da contradicción que supón estar atados a tecnoloxías que supostamente están feitas para darnos maior liberdade. Eu coido que a liberdade está na capacidade para elixir, se usar ou non a tecnoloxía e se a resposta é afirmativa, para usar a tecnoloxía que mellor se adapte ás miñas características. Eso é o que pensaron na University of Prince Edward Island en Canada. Decidiron utilizar unha ferramenta que se adaptaba ás súas necesidades, pero o que é máis importante ofrecéronlle esa ferramenta a toda a comunidade universitaria para que a utilizase, de forma libre, como mellor se adapte ás súas necesidades. O proxecto, que recolle James en incorporated subversion, vía EdBlogger Praxis, paréceme máis que atractivo, e a ferramenta que utilizan (drupal, cas últimas actualizacións), tamén. BlogsarioVía aulablog21 dou con este glosario (sobre blogs) ou como eles lle chaman: Weblogs Compendium. Ferida!!Recollo esta nova de Galicia Hoxe que ten como titular: "Lingua morta nas aulas": Os estudantes de fóra usan máis o idioma que os galegos e o emprego é maior no campus de Ferrol. Dóeme oír esta nova. Coido que o galego non é nin moito menos unha lingua morta (nin nas aulas nin noutro sitio), por moito que algúns se empeñen en enterrala antes de tempo, mais sí creo que está ferida, e que temos que colaborar ¡todos! os que nos movemos polas redes da nosa cultura, para non deixar que se desfaga o tecido que tanto lle deu a esta terra. Xa pasaron dous anos e segue ahiDespois de dous anos, na nosa memoria segue a chover negro. Tralo primeiro ano, seguía ahi, e despois deste segundo ano, seguímolo vendo, comendo, cheirando, lembrando,... Unha sociedade da Información incluínte e solidaria Ata hai uns meses, cada luns facía referencia a algún dos distintos principios recollidos no Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005, e agora tentarei seguir facendo o mesmo, retomando os principios onde os deixei naquela ocasión. Declaración de principios: 16. Seguiremos concedendo especial atención ás necesidades particulares dos habitantes dos países en desenvolvemento, os países con economías de transición, os países menos adiantados, os pequenos países insulares en desenvolvemento, os países sen litoral en desenvolvemento, os países pobres moi endebedados, os países e os territorios ocupados, os países que se están a recuperar de conflictos e os países e rexións con necesidades especiais, así como ás situacións que supoñen amenazas graves ao desenvolvemento, tales como as catástrofes naturais. 17. Recoñecemos que a construcción dunha sociedade da información incluínte require novas modalidades de solidariedade, asociación e cooperación entre os gobernos e demais interesados, é dicir, o sector privado, a sociedade civil e as organizacións internacionais. Recoñecendo que o ambicioso obxectivo da presente Declaración -colmar a fenda dixital e garantir un desenvolvemento armonioso, equitativo e xusto para todos- esixirá o decidido compromiso de todas as partes interesadas, facemos un chamamento á solidariedade dixital, tanto nacional como internacionalmente. 18. Nada da presente Declaración poderá interpretarse no sentido de que menoscaba, contradí, restrinxe ou deroga as disposicións da Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, de ningún outro instrumento internacional ou das leis nacionais adoptados en virtude deses instrumentos. Inspiración en aulablog21Magníficos, os catro comentarios que publican en aulablog21 con data de 21-11-04. Algunha das novas xa as coñecía como a de Google Scholar, pero non coñecía o directorio de programas gratuitos que destacan vía Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, ou o convertidor a PDF online, nin o artigo de Alek Couros: Presentation about Bloging in Education. Dá gusto cando dás con alguén que está inspirado nas súas pescudas e as comparte. Grazas unha vez máis. Imaxina Sempre me gustou esta canción, pero dende que oín a nova de que lle van facer unha estatua a John Lennon na Coruña (seique está a quedar moi ben), e a un ano de lembrar os 25 anos do seu pasamento, ronda pola miña cabeza de cando en vez a música e letra de Imagine. Recollo de días estranhos a súa traducción ao galego: Imaxina que non hai ceo É fácil, se o intentas Nin inferno debaixo de nós Riba de nós, tan só o firmamento Imaxina a toda a xente Vivindo para o presente Imaxina que non hai países Non é difícil de facer Nada polo que matar ou morrer Nin relixión tampouco Imaxina a toda a xente Vivindo a vida en paz Imaxina que non houbera posesións Pregúntome se poderías Non habería avaricia nin fame Unha irmandade de homes Imaxina a toda a xente Compartindo todo o mundo Podes dicir que eu son un soñador Pero non son o único Agardo que algún día ti te unas a nós E todo o mundo vivirá coma un só "bloghear" e "postear"Vía weblogg-ed, Will, R fai unha interesante reflexión sobre a diferenza entre o "blogging" e o "posting"; fala das características da linguaxe cando se bloghea; do sentido de "audiencia" que desenvolve o blogger e das implicacións que ten este, sobre a súa forma de escribir. Fala tamén da conveniencia de aproveitar e facilitar a oportunidade de bloghear para favorecer a mellora da escritura dos alumnos." Aprendizaxe e construcción do coñecemento na redeRecollo de octeto, a nova sobre a recente publicación do número 5 da Revista Electrónica de la Universidad de Salamanca Teoría de la Educación: Educación y Cultura en la Sociedad de la Información. Trátase dun monográfico sobre «Aprendizaje y construcción del conocimiento en la red» coordinado pola doutora Begoña Gros Salvat da Universitat de Barcelona e que contén os seguintes artigos: 1. «La construcción del conocimiento en la red: límites y posibilidades» (Begoña Gros Salvat). 2. «Reflections on the transformation of education for the knowledge age» (Marlene Scardamalia). 3. «Websites construction as learning tools» (Isabel Álvarez & Brent Kilbourn). 4. «La formación del profesorado basada en redes de aprendizaje virtual: aplicación de la técnica dafo» (Pilar Colás Bravo e Juan de Pablos Pons) 5. «El rol del tutor en un ambiente virtual de aprendizaje para la formación continua de docentes» (Juan Eusebio Silva Quiroz)- 6. «Estudio sobre el uso de los foros virtuales para favorecer las actividades colaborativas en la enseñanza superior» (Begoña Gros Salvat e Mariella Adrián). 7. «Comunidades de aprendizaje en red: diseño de un proyecto de entorno colaborativo» (Antonia Lozano Díaz). Palabras chave destes artigos sobre a aprendizaxe e a construcción do coñecemento na rede: Comunidades de aprendizaxe; foros virtuais; actividades colaborativas; construcción do coñecemento; aprendizaxe situada; construcción colaborativa; contornos de aprendizaxe; Formación do profesorado; integración TIC; tecnoloxía educativa; rol de titor; foros. Unha bitácora para alumnos e con alumnosFabian cóntanos como lle vai na súa experiencia co blog feito para os alumnos e polos alumnos, no que incide sobre todo na importancia de que os alumnos non só busquen información, senón que tamén a produzan. Conta como foi o proceso de posta en marcha da bitácora, da súa organización, asi como das dificulatdes coas que se foi atopando. Gústame o traballo que está a desenvolver. As TEI no trabalho de educadores que cooperam em comunidades de pesquisadoresVía EdBlogger Praxis, Albert Delgado, achéganos a tese de Suzana de Souza Gutierrez, (Dissertaçao apresentada ao Programa de Pós-Graduaçao da Faculdade de Educaçao da UFRGS como requisito parcial para obtençao do título de Mestre em Educaçao) recollida na Biblioteca Dixital da Universidade Federal do Rio Grande do Sul, e que comparte con todos nós. Ten como obxectivo investigar a constitución e desenvolvemento de comunidades de investigadores, a fin de contribuir á construcción de alternativas para a formación de educadores no traballo cas TIC. Dadas as súas características, utiliza os blogs como contornos de aprendizaxe. Estouna a ler, e estame a gustar moito. Suzana, enhoraboa. Ferramentas para enriquecer o blogDou con blogbox.com onde se ofertan caixas do tempo, de fotos, de sons, de ligazóns... que poden axudar a enriquecer un blog. Unha sociedade da información para todos: principios fundamentais Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 19. Estamos decididos a proseguir a nosa busca para garantir que as oportunidades que ofrecen as TIC redunden en beneficio de todos. Estamos dacordo en que, para responder a tales desafíos, todas as partes interesadas deberían colaborar para ampliar o acceso á infraestructura e as tecnoloxías da información e as comunicacións, así como á información e ao coñecemento; fomentar a capacidade; reforzar a confianza e a seguridade na utilización das TIC; crear un contorno propicio a todos os niveis; desenvolver e ampliar as aplicacións TIC; promover e respectar a diversidade cultural; recoñecer o papel dos medios de comunicación; abordar as dimensións éticas da Sociedade da Información; e alentar a cooperación internacional e rexional. Acordamos que estes son os principios fundamentais da construcción dunha Sociedade da Información integradora. EduticDa man de alternativa recalo en edutic, onde están a afondar no traballo con Webquests e portafolios electrónicos. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |