Ata o final, o curso de
Novas Tendencias en Internet: a Web semántica e as redes sociais virtuais mantivo o seu nivel. Coido que a experiencia pagou o esforzo.
Tiven ademais algunhas sopresas agradables de última hora, como foi por exemplo, poñerlle rostro a
José L de BlogDid, e a outras persoas ás que só coñecía polo seu traballo, que non é pouco. É máis, o traballo que nos permiten ver os demais, é precisamente a principal forma en que nos coñecemos na "inexistente (como alí se dixo)" blogosfera; os nosos intereses e as nosas accións lévannos a ir tupindo cada vez máis a nosa rede social. A miña, teceuse un pouquiño máis durante esta semana.
Outra grata sorpresa foi atoparme no curso, aínda que él asistía de forma virtual, con
Daniel Primo, compañeiro de fatigas en
Aulablog, a quen se lle concedeu o segundo premio de ideas innovadoras promovido como actividade do curso.
Imaxes do evento.