Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2005. Resumen
01/08/2005Redes sociais dende o "Oenach" A fin de semana estiven (coa familia) a reforzar redes sociais do presente e co pasado. O Oenach celta de Sedes (Narón), pertiño da casa, foi un estupendo contorno para dar un paseo pola cultura castrexa; (segundo a organización, máis de 15000 persoas tivemos unha idea parecida). Naqueles tempos, as relacións sociais entre os pobos veciños (de preto e de máis lonxe) eran fundamentais (máis que na actualidade??) para a supervivencia de cada comunidade. Os Oenach, supuñan un punto de encontro no que se afianzaban lazos sociais, familiares, afectivos, económicos, políticos, relixiosos. Este reforzamento das relacións tiña como base as actividades comerciais, deportivas, "relixiosas" e como non... gastronómicas. 02/08/2005De vacacións (I): Facerse un sitio na blogosferaHoxe, "ergues" preguntoume se estaba ou non estaba de vacacións?..., porque estaba como case tódolos días enganchado no trebello, e eu díxenlle que si, pero que lle estaba a dar un uso non demasiado habitual naquel intre; estaba a revisar a prensa, vía o meu recolledor de novas pero durante o almorzo (tranquilamente, disfrutando del) mmmm; e ademais estaba lendo uns cantos posts dos que quería dar conta posteriormente. Pregunteille (xa sabía a resposta) se el non disfrutaba lendo o que lle gusta, durante as súas vacacións, e non tivo máis remedio que rendirse, xa que leva devorados uns cantos libros (dos gordiños)..., pois ben, eu díxenlle que en vez de ler libros de aventuras, neste momento disfruto coa lectura deste tipo de artigos; e sobre todo, disfruto posteando e escribindo un pouquiño sobre eles. Ou sexa que os meu hábitos están a mudar un pouco, aínda que me propuxen estar uns días sen encender o trebello, de momento deixareino para a semana que ven, que espero estar desenchufado totalmente. O caso é que estiven con un par de artigos que chegaron ao meu recolledor dende a súa orixe, e tamén dende outros blogs, como por exemplo de Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje, ou "por boca" de James Farmer, por citar algúns, cos que comparto intereses. Un deles é o How To Be Heard de Stephen Downes. Simplemente fantástico. Stephen, de forma clariña e aberta nos ofrece unha serie de consellos para sermos "escoitados" na rede, a través dos nosos blogs. Ofrece a súa ampla experiencia para amosarnos o camiño para acadar un blog que teña certo éxito. No meu CiteULike irei dando conta dos comentarios ao respecto deste estupendo artigo "apto" e altamente recomendable para bloggers de tódolos niveis. 04/08/2005De vacacións (II): Usos dos blogs no ámbito educativoHoxe tocou abordar algunhas desas tarefas "para as que nunca tes tempo": facer certas compras, realizar algúns trámites,...; tamén houbo un oco para visitas varias; e por sorte puiden facer unha das cousas que máis me gustan: recargar pilas na Frouxeira en boa compañia. Entre tarefa e tarefa, puiden revisar outro dos artigos que tiña pendentes nos recortes do recolledor, e a verdade é que foi un tempo ben invertido. Por suposto, tamen irei facendo algúns apuntes ao respecto no meu CiteUlike durante estes días. O artigo en cuestión, bueno en realidade os artigos en cuestión foron: Blogs @ Anywhere: High fidelity online communication e dos dous posts que James Farmer publicou en Incorporated Subversion e en Blogsavvy a propósito deste artigo: How NOT to use blogs in education e How you SHOULD use bloggs in education. A valoración: estupendos, tanto os posts como os comentarios e o debate suscitado a través dos mesmos. Realmente interesante. Os artigos recollen unha revisión de varios estudos realizados no ámbito da pedagoxía con respecto ao uso de blogs na docencia. James, toma como referente tamén uns estudos que están a levar a cabo na University of Technology Sydney e outro da Deaking University (que haberá que seguir de preto). O autor centra a súa análise do uso dos blogs atendendo á súa vertente comunicativa, xa que no que lle interesa afondar é nas dinámicas comunicativas dos blogs e das súas tecnoloxías asociadas e o seu impacto nos entornos de ensinanza - aprendizaxe online. O mellor de todo é que estas lecturas me serviron, (xunto con algúns dos últimos posts de Juan Freire como: Las meta-universidades: filtrado y agregación de contenidos externos, tamén de recomendada lectura), para animarme a retomar unha vella "idea" (intención, ilusión), de ir recollendo todas as iniciativas de incorporación de blogs ou servizos e blogs nas institucións educativas que van aparecendo cada día (a nivel internacional e nacional; comenzando polo nivel universitario para continuar coa educación secundaria, primaria e infantil); recoller se a súa introdución se fixo a nivel institucional, ou por iniciativa de profesores aillados; recoller se existe unha planificación do que se pretende facer con estas ferramentas ou non; o tipo de ferramentas que usan, e como as usan (por exemplo se fomentan o uso de blogs individuais ou blogs colaborativos, ou a modo de planeta de blogs ou metablogs,...) ...Algo máis?. Teño visto listados de blogs de institucións, e por suposto de profesores que teñen blogs a tódolos niveis, pero coido que iso non abonda, neste caso trataríase de darlle a ese listado o valor engadido do fácil acceso á información sinalada. Sei que esta é unha idea ¿ambiciosa? e supoño (sei), por suposto, que esta é unha idea compartida por moitas persoas; e o que teño claro é que para desenvolvela é necesaria a participación e colaboración de varias destas persoas; por tanto gustaríame animar a todo aquel que o desexe, a aportar ideas para, de forma colaborativa, ir pensando e desenvolvendo esta recolleita da forma o máis cómoda, inxeniosa, rica e sobre todo aberta posible. 10/08/2005A edición web ao alcance de máis mans: NVU 1.0Da man de Mario Núñez, de Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, dou con esta interesante ferramenta de edición web: NVU 1.0. Como el di, pode ser unha boa alternativa para ofrecer ás persoas que se inician neste mundillo e que necesitan dar os primeiros pasos na edición web. Trátase dun editor baseado no Mozilla Composer; de código aberto; de fácil manexo (WYSIWYG); multiplataforma; e traducido ao castelán. 31/08/2005O día de... Case que tódolos días do ano temos para celebrar "O día de..." algo ou alguén. Eu xa hai bastante tempo que decidín permanecer un pouco á marxe desta "moda" dos "Días de...". Non é que non teña a ben lembrarme desas persoas, ou que non me guste celebrar eses días especiais, ou que non me solidarice coas distintas causas ás que se refiren os "Días de..." (aínda que a maioría das veces as campañas dos "Día de..." teñen tan só un motivo comercial por detrás); senón todo o contrario. A miña opinión é que esas causas, persoas, cousas... ás que desexo lembrar, se merecen moito máis que un día, e por iso procuro facelo sempre que podo. Por suposto respecto a todas as persoas que viven con máis ou menos paixón "O día de...", pero eu procuro pasar de puntiñas por eles, "deixándome facer" procurando non amolar aos que con toda a boa intención do mundo viven con maior intensidade e ilusión estes días (por suposto, hai "Días de..." nos que participo activamente (non son ningún becho raro, ¿ou si?), isto pasa cando coas miñas accións podo contribuír a algunha causa que outros días me resultaría máis difícil facelo. Hai "días de..." en que "ou é ese día ou non é"). O día de hoxe (31 de agosto), é o proposto para a celebración do "Día do Blog", ou BlogDay. Esta iniciativa do día dos blogueiros, promocionar dalgún xeito a "novos" blogueiros, doutras nacionalidades e doutros centros de interese. Para este fin, cómpre destacar nun post cinco "novos" blogs; facer unha breve descrición dos mesmos (cas súas ligazóns pertinentes) e facerlles saber aos "novos" bloguers, que foron citados no post; e por último agregar a etiqueta BlogDay de Technorati: http://technorati.com/tag/BlogDay2005 e unha ligazón ao sitio BlogDay: http://www.blogday.org No meu caso, o día de hoxe (coma case tódolos días) din con oito ou nove blogs, interesantísimos, tanto pola súa temática como polo seu contido e a súa presentación. Pero, seguindo o meu parecer sobre os "Día de..." considero que non debo destacar só a cinco (como dí Catuxa en Deakialli: faría falla un BlogDay case que tódolos días), para ser xusto coa incipiente blogosfera que cada día se nutre de novos blogs fantásticos. Ademais de descubrir ou redescubrir eses estupendos blogs, púxenme en contacto coa maioría deles a través de comentarios aos seus posts, e con outros espero facelo; outros están (ou o estarán en breve) recollidos: nas ligazóns de sekeirox, no meu flikr, no meu del.icio.us , no meu feednes, no meu CiteUlike e nas ligazóns doutros sitios nos que blogueo como en aulablog. A través destas pegadas que vou deixando, coido que é unha forma de recoñecer, día a día que eses sitios son do meu interese e que llos recomendo a todo o mundo. Mañá seguro que será outro bo "BlogDay" ;) |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |