Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2005. Resumen
Retomando o pulsoUff, como empeza o ano, ¡¡a tope!! e eu todavía deixando o turrón e despedindo aos reis (Baltasar é co que máis trato teño). Menos mal que a grileira anda lixeira e un se pode ir pondo ao día a toda velocidade. No que vai de ano, apareceron moitísimas novas no meu feedness, máis para ir reentrando en materia teño unhas cantas novas destacadas, nas que me vou a parar un pouco estes días: En aulablog21 top 10 weblogs, de Multiply; e sobre todo a inauguración do foro edu-blogs como punto de encontro de todos aqueles que estean interesados na utilización dos blogs no ámbito educativo. En orientaeduc.com: insertar imaxes con Uploadhut; e máis sobre a proposta de creación dunha bitácora colectiva. En blog d'una profe, o achádego de furl; as súas experiencias con Skype; e sobre todo o seu balance en torno ao 2005. En alzado.org, picasa unha pequena xoia de google En edublog quest: learning to write is learning to think A bloquedada do blogomillo, reseñada sobre todo na dorfunteca, en paleón e en todo nada.... ...o achádego de novas bitácoras ás que botarlles un ollo ou un feedness... e moito máis que irei desmiuzando a medida que vaia afondando neles. Acceso á información e ao coñecemento Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Principios: 24. O que todos podan acceder e contribuir á información , as ideas e o coñecemento é indispensable nunha sociedade da información incluinte. 25. É posible mellorar o intercambio e o incremento dos coñecementos mundiais para favorecer o desenvolvemento, se se eliminan as barreiras que impiden o acceso equitativo á información para realizar actividades económicas, sociais, políticas, sanitarias, culturais, educativas e científicas, e si se facilita o acceso á información que existe no dominio público, o que se pode acadar, entre outras cousas, mediante o deseño universal e a utilización de tecnoloxiás auxiliares. 26. Un dominio público rico é un factor capital do crecemento da sociedade da información, xa que xenera vantaxes tales como un público informado, novos empregos, innovación, oportunidades comerciais e o avance das ciencias. O acceso sen dificultade á información do dominio público é esencial na sociedade da información, como o é a protección desta información contra toda apropiación indebida. Habería que fortalecer as entidades púbicas tales como bibliotecas e arquivos, museos, coleccións culturais e outros puntos de acceso comunitario para promover a preservación dos rexistros de documentos e o acceso libre e equitativo á información 27. Pódese fomentar o acceso á información e ao coñecemento informando a todas as partes interesadas das posibilidades que brindan os diferentes modelos informáticos, o que inclúe os programas patentados, de fonte aberta e fonte libre e gratuita, para acrecentar a competencia, facilitar o acceso dos usuarios e diversificar a elección, e permitir que todos os usuarios conciban as solucións que mellor se axustan ás súas necesidades. O acceso asequible aos programas informáticos débese considerar como un compoñente importante dunha sociedade da información verdadeiramente integradora. 28. Esforzámonos en propiciar o acceso universal e equitativo ao coñecemento científico e a creación e divulgación de información científica e técnica, con inclusión das iniciativas encamiñadas ao acceso aberto no campo das publicacións científicas Comentarios?? Ferramentas multiusos Unha das cousas polas que teño debilidade, son as ferramentas multiusos. Xa sei que normalmente temos "a ferramenta axeitada para cada cousa, creada cunha finalidade determinada", pero moitas veces os que gostamos da bricolaxe, dámoslle usos ás ferramentas para os que non foros creadas. En Deakialli Docu-Mental, publican un interesante artigo sobre unha aplicación: Gmail Drive creada por Viksoe.dk que permite facer outro uso (como unidade de disco virtual) das contas Gmail. Moi útil mentres dure. Aprender a escribir e a tocar o pianoHillary Meeler en EduBlog Quest, dí que está totalmente dacordo ca analoxía proposta no Juha Haataja's weblog, Universal Rule, dicindo que aprender a escribir é como aprender a tocar o piano. Tanto unha actividade como a outra requiren dunha práctica diaria constante para producir un traballo efectivo. É unha das tarefas máis difíciles de realizar, e a escritura e lectura de blogs, pode ser unha actividade enriquecedora no adestramento desta habilidade, xa que os estudantes expóñense a bos (e tamén malos) exemplos de escritura; e poden practicar as súas propias habilidades creando e compoñendo anotacións e comentarios. Comentar e... cambiar de ideaAnne Davis en EduBlog Insights, no seu post Using Comments to Teach Critical Thinking, fai unha interesante recolleita de comentarios a outros posts que revelan cambios nas ideas de que quen os realiza; formación de novas opinións; de novas relacións; comparacións; prediccións... Ler, reflexionar, comentar, reaprender. Usos educativos dos blogsVía Alec Couros dou cun listado de 13 artigos sobre o uso educativo dos blogs, publicados por Lore: An eJournal for Teachers of Writing. Will R. en Weblogg-ed fai interesantes comentarios de cada artigo. Bitacorae aberto ao públicoA través de Francisco Muñoz de Aulablog21, entérome de que está Bitacorae aberto ao público. Para os que estamos ollando posibilidades para mellorar o noso blog, pode ser unha estupenda noticia; depende de como calle esta iniciativa de bitacoras.com que está en fase inicial. recolleita bilbiográfica sobre blogsVanesa en DEAKIALLI docu MENTAL, recolle entre outras cousas, vía Library Stuff, unha interesante e útil recolleita bibliográfica sobre blogs elaborada por Susan Herzog. Esta documentalista (Information Literacy Librarian) que traballa na Eastern Connecticut State University, inclúe no seu Susan's Blog, ligazóns aos seus múltiples e variados blogs dos que destaco: o xa referenciado BlogBib; Blogging, no que fai ligazóns ás súas presentacións sobre blogs; The Plagiarism Blog, centrado no tema do plaxio e dos dereitos dos autores; The Websearch Blog, sobre a busca de información na grileira; The Google Blog e The Yahoo! Search Blog, centrados nas buscas con estas ferramentas; the websearch blog; Learning About RSS; BlogBib ALA 2002 ou BlogBib CARL 2002, con máis bibliografía interesante sobre os blogs, e utilizados pola autora como apoio para dúas conferencias. Máis sobre weblogsRecollo de Mario Núñez en Avalúo, a sección sobre weblogs que teñen en M/cyclopedia of New Media. Moi interesante. Sobre a creación de capacidades Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Principios: 4. Creación de capacidades 29. Hai que ofrecer a cada persoa a posibilidade de adquirir as competencias e os coñecementos necesarios para comprender, participar activamente e beneficiarse plenamente da sociedade da información e a economía do coñecemento. A alfabetización e a educación primaria universal son factores esenciais para crear unha Sociedade da Información integradora para todos tendo en conta en particular as necesidades especiais das nen@s e mulleres. Á vista da ampla gama de especialistas nas TIC e a información que serán necesarios a todos os niveis, debe prestarse particular atención á creación de capacidades institucionais. 30. Debe promoverso o emprego das TIC a todos os niveis na educación, a formación e o perfeccionamento dos recursos humanos, tendo en conta as necesidades particulares das persoas con discapacidades e os grupos desfavorecidos e vulnerables. 31. A formación continua e de adultos, a capacitación noutras disciplinas e a aprendizaxe continua, a ensinanza a distancia e outros servizos especiais, tales como a telemediciña, poden ser chave á hora de beneficiarse das novas posibilidades ofrecidas polas TIC para os empregos tradicionais, os profesionais liberais e as novas profesións. A este respecto, a conciencia acerca da importancia que revisten as TIC e a adquisición de coñecementos nesta esfera son un cimiento fundamental. Comentarios??? 30 retos de futuro Ontes, como cada mes, recibín na casa por correo ordinario, a revista Cuadernos de Pedagogía, nesata ocasión o número 342; podo lela na grileira, pero recibila e lela en papel, é un dos praceres e "vicios" que me sigo permitindo. O caso é que ontes foi día 19 e a revista sae o día 1, co que por "haches ou por bes" lina pero con "bastante retraso".O titular principal é: 30 anos de historia, 30 retos de futuro; ou sexa que están de aniversario (30 anos xa son anos) e decidiron cambiarlle un pouco o formato, novas cores, nova maquetación,... agradécese. Estupenda a entrevista a Edgar Morin; e clariños os 30 obxectivos prioritarios, que expón Jaume Carbonell, nos que debe traballar a educación nos próximos anos: 1- Lograr un pacto social pola educación entre as as administracións educativas, as forzas políticas e os axentes educativos e sociais. 2- Acadar a plena escolarización básica nos países pobres e a progresiva eliminación das altas tasas de analfabetismo. 3- Garantir o principio de igualdade de oportunidades entre todos os ciudadáns con medidas compensatorias e de discriminación positiva. 4- Impulsar programas de estímulo do éxito escolar e de prevención do fracaso escolar. 5- Mellorar a calidade da ensinanza. 6- Facer un bo uso das NTIC e das distintas fontes de aprendizaxe, para convertir a información en coñecemento relevante. 7- Fixar uns contidos e competencias básicos na escola obrigatoria. 8- Educar nos valores que contribúan a unha sóolida educación para a cidadanía e que protexan a convivencia democrática e a cohesión social. 9- Avanzar cara unha escola laica como mellor forma de garantir a pluralidade, a liberdade de conciencia e a convivencia. 10- Respectar a máis ampla diversidade individual e colectiva sempre que esta non xenere situacións de desiguladade nin actitudes insolidarias ou que atenten contra os dereitos humanos. 11- Intensificar a relación educativa entre alumnado e profesorado. 12- Propiciar e consolidar a democracia participativa. 13- Recuperar e promover as teorías e as prácticas máis innovadoras e creativas. 14- Crear unha ampla rede pública de escolas infantís e de outros espazos educativos. 15- Desenvolver un sólido dominio da linguaxe na Escola Primaria. 16- Crear bibliotecas escolares ben dotadas de libros e doutros materiais. 17- Dignificar a Formación Profesional e convertila nunha oferta atractiva. 18- Garantir unha aprendizaxe ao longo de toda a vida. 19- Consolidar o espazo europeo de educación. 20- Adecuar a función do profesorado ás novas demandas sociais e educativas. 21- Reorientar radicalmente a formación inicial do profesorado. 22- Concibir a formación permanente do profesorado como unha reflexión sobre a súa intervanción individual e colectiva. 23- Pormover redes de colaboración docente e enriquecer e consolidar as xa existentes. 24- Elaborar un Estatuto da Función Pública que regule a carreira docente, dereitos e responsabilidades e o sistema de incentivos. 25- Organizar un sistema de avaliación con participación democrática, continuo e coherente, que comprometa a todos os axentes educativos. 26- Outorgar maior autonomía para pensar e xestionar institucións educativas máis abertas e flexibles. 27- Obter máis tempo para educar mellor. 28- Comprometer ás administracións educativas para que sexan sensibles ás demandas maioritarias e prioritarias que se plantexan e poñan os medios necesarios para satisfacelas. 29- Crear comunidades educativas que comprometan a todos os axentes escolares e sociais do territorio. 30- Soñar sempre coa utopía. Quen non está dacordo con estes obxectivos?... agora ben, coido que para estar realmente convencido de enfocar o traballo docente cara á súa consecución, é fundamental crer e ter sempre presente o último: Soñar sempre coa utopía.. O autor amplía a información relacionada con cada un destes obxectivos. Recapitular e facer este tipo de Declaración de intencións, sempre ven ben para non esquecernos: do mundo no que estamos; da función que desenvolvemos; e das ferramentas cas que contamos. Innovación Educativa: TendenciasComo cada día, salta o meu chivato feedness, das novidades. Neste caso distintas fontes: firgoa, octeto,... apuntan ao artigo publicado en elearningeuropa.info: Hacia un nuevo paradigma de aprendizaje Trátase dun estudo recente, no marco da iniciativa e do plan de acción eLearning da UE, que ven de identificar tendencias teóricas e prácticas innovadoras en novos contornos de aprendizaxe no ámbito da educación escolar en Europa. O estudo completo: Study on Innovative Learning Environments in School Education en formato PDF(8 MB) As conclusións do estudo suxiren un cambio do instruccionismo en favor do constructivismo, que se entende como o marco de referencia a seguir. Analízase o concepto de contorno de aprendizaxe, entendendoo como un lugar ou comunidade onde se desenvolven actividades coa finalidade de apoiar a aprendizaje e que conta con numerosos recursos. O cambio cara ao novo paradigma de aprendizaxe, segundo os autores, require cambios importantes nas percepcións comúns, que se poden resumir en: - Visión dos alumnos como individuos, activos e responsables da súa aprendizaxe. - Planificación da aprendizaxe en función de estilos e ritmos de aprendizaxe individuais. - Atención á participación social, ás capacidades de comunicación e á colaboración. - Cambio do rol do profesor: como asesores, guías, supervisores e facilitadores do marco de aprendizaxe dos seus alumnos. - Da reproducción á construción de coñecemento. Da reproducción de contidos e datos á experimentaicón e a exploración para a creación de coñecemento. - Reorganización da situación de aprendizaje: reorganización do currículo; enfoques multidisciplinares e unha organización e planificación do tempo distintas, tanto da aprendizaxe como do traballo do profesorado. Abórdase o uso das TIC como potenciador, reforzador e axente transformador dos cambios cara o novo paradigma de aprendizaxe. A conclusión é que as TIC, tanto poden apoiar e conservar os métodos tradicionais; como ser un medio –ou un apoio– para transformar os métodos pedagóxicos e a organización da situación de aprendizaxe. Como parte do estudo, analizáronse seis casos como exemplos de boas prácticas. Producto destas análises, sinalan algunhas das características dos contornos de aprendizaxe que utilizan as TIC como soporte de novas formas de aprendizaxe: - O uso de TIC ofrece ás escolas a oportunidade de conectarse en rede con outras institucións e acceder a novas formas de aprendizaxe. - O uso innovador da tecnoloxía a miúdo únicamente ten lugar dentro da aula, e non é moi habitual entre clases, entre escolas nin entre escolas e outras institucións ou organizacións. - As TIC utilizanse principalmente en actividades de colaboración e de comunicación, produción e busca de información. - As TIC utilizanse con menos frecuencia para xogar, para realizar simulacións e para outros usos experimentais. - As TIC adoitan ser un catalizador de cambio, pero non determinan de por sí a dirección do cambio. Algúns dos principais retos dos novos contornos de aprendizaxe: - Necesidade de avaliar en novos términos. - Superar as resistencias ao cambio tanto por parte dos alumnos como dos profesores e dos pais. - Superar as dúbidas sobre os nuevos métodos de aprendizaje: sobre a capacidade das escolas para desenvolver as competencias que os alumnos necesitan para aprobar os exames nacionais e os das escolas que seguen métodos máis tradicionais; sobre a capacidade das escuelas para ensinar e ofrecer apoio aos alumnos con necesidades especiais. - Superar as dúbidas sobre aa reorganización: dos tempos, os espazos, as metodoloxías... - Atender ás dificultades dunha aprendizaxe independente. "Asistimos" á EDUCAUSE NLII ConferencePodería ser estupendo. En D’Arcy Norman Dot Net o autor publica o post Podcasts from EDUCAUSE NLII Conference e fala da iniciativa de EDUCAUSE de "contarnos" si con audio, dun xeito "organizado" a través deste "recolledor" "contedor", o que aconteceu na EDUCAUSE NLII Conference. Bueno, bueno,..., ten moi boa pinta pensei, e alá fun. Cando cheguei, leveime a mesma sorpresa que levou a Tom Hofman a amolarse de verdade. Cando chegas ao recolledor, atópaste cunha serie de posts (textuais) e tes que facer un par de "piruletas" (que diría unha amiga) para dar cos arquivos mp3 anexados, e o que é peor, cando tentei abrilos, deume unha mensaxe de erro. Despois de varios intentos conseguín ver (oír) o que quería ;). Comunidades => comunicación => foros + weblogsGustoume o post da presentación de James Farmer: Communication Dynamics Web Presentation (with audio) sobre os foros e os weblogs como ferramentas facilitadoras de comunidades de investigación grazas ás súas dinámicas e características comunicativas. Fluida, directa. Abrigarse na grileiraVai sol, mais entra un aire frío do norte, que corta as verbas. Refúxiome no meu recanto (as raiolas de sol entran pola fiestra, e o frío queda fóra). Decido dar un paseo polo blogomillo para ir entrando en calor. E xa sabes co mo vai esto..., dunha baliza vas para outra e de cando en vez, afástaste do camiño trazado ata chegar a un novo sitio que balizar. O mapa vai medrando, facéndose máis complexo, pero segue a ser un mapa. Despois dun rato navegando, entro en calor e esquézome da climatoloxía exterior. Entérome da presentación da comunidade alg-a o día 2 de febreiro na sala NASA de Compostela. Entro no RSS Blogomillo e vexo que coido que os feeds de sekeirox non o "alimentan" ben. Pescudarei por se hai algún erro. Sigo navegando, e dou cun post en tintachina que me picou a curiosidade e abre unha nova rota pola que meterse, e argallar. Resulta que Gemma Ferreres, fala no seu post Tinta xinesa de como está a crear a súa "edición internacional" de tintachina, utilizando diversos traductores automáticos e tomando como fonte de inspiración: Spanish Speaking Bloggers Blogging in English: An Aggregator publicado en el eCuaderno de José Luis Orihuela. Dende a lista: Constructivismo de hotmail, dou cun novo blog que se acaba de estrear na grileira: El constructivismo en el aula, que pola temática e o estilo dos seus posts, coido que me vai gustar. Chamada de teléfono, corte na conexión (asi estamos neste pobo), teño que saír e enfrontarme de novo ao frío de finais de xaneiro. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |