Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005. Resumen
06/06/2005Aulablog, un proxecto colaborativo sobre o uso das TIC na aula![]() Aulablog.com: Un lugar de encontro para docentes interesados nos Blogs Un grupo de persoas, con experiencia no uso educativo das TIC ven de unir as súas forzas para crear un sitio Web destinado a todos aqueles docentes que desexan iniciarse na publicación de contidos na Rede a través dun blog ou bitácora. Aulablog.com é un portal temático sobre a aplicación da Tecnoloxía Dixital na aula que se centra especialmente no uso educativo dos weblogs e no que todos os docentes poden colaborar cas súas propias aportacións. En Aulablog.com pódense atopar ideas e recursos para iniciarse no mundo dos Blogs e sacarlles o máximo proveito como ferramenta educativa: información sobre os distintos sistemas de publicación; experiencias cos blogs na aula; ligazóns a servizos para a creación de blogs; tutoriais; trucos; complementos, etc. Este portal dispón ademais dun foro e un sistema de comentarios nos seus artículos, nos que os usuari@s teñen a posibilidade de opinar, debatir e preguntar. O proxecto Aulablog comezou a xestarse no Foro de aulablog21 en xaneiro de 2005 e dende entón os seus creadores veñen colaborando para demostrar a todo o mundo como coa ilusión e as gañas dun pequeno grupo de persoas e traballando na distancia se pode axudar na mellora da formación en TIC de profesores e alumnos. Estades todos convidados a rexistrarvos e a particiar no seu desenvolvemento e mantemento, aportando todos os contidos relacionados co tema que consideredes oportuno; e por suposto, estades convidados a participar nos foros abertos ou que desexedes propoñer. Benvidos a Aulablog. Carlos Santos Membro fundador de Aulablog.com 09/06/2005Poñerse ao día (II)A verdade é que o ritmo que levamos nestes tempos non é moi normal; todo o día e parte da noite pegado ao trebello. Isto de tentar estar ao día; facer o que me gusta; facer o que teño que facer (que case sempre, afortunadamente, coincide co que me gusta), e non sucumbir no intento, empeza a ser unha tarefa complicada. Pero mentres se poida seguiremos. O meu recolledor está aos topes, e non poderei comentar todas as cousas interesantes cas que me atopo no camiño. Sen embargo non pode deixar de comentar, o diccionario visual ao que cheguei grazas a deakialli, e que basea os seus resultados nas etiquetas das fotos de Flickr; a miña busca foi: Frouxeira, e o resultado axudou a alegrarme a tarde. E tampouco podo deixar de comentar, unha nova á que chego da man de Paco en aulablog21, i é que dende hoxe xa se pode navegar coas "pestanas" en Internet Explorer e grazas á MSN Search Toolbar. Segundo Genbeta que é a fonte de Paco, instalando a última versión en inglés desta barra de navegación engadiranse ao Explorer, permitindo ter varias páxinas web nunha sola ventana (isto sónanos de algo verdade?). Trátase dun adianto do que será IE7. Era cuestión de tempo, que se producira o cambio. Adaptarse ou morrer. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |