Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2005. Resumen
Máis recursos: PDF Creator; JotSpot Live; Clipboard BuddyMáis recursos: - En Blog d'una profe DIM de Bea Marín dou con PDF creator - Vía Avalúo de Mario Núñez, dou con JotSpot Live, unha interesante ferramenta para a elaboración compartida de notas. - Vía aMiMeVaLe, dou con Clipboard Buddy, un práctico portapapeles que nos permite, esquecernos do portapapeis de windows e ter múltiples recursos sempre a man. LMS e LAMSVía Octeto e a Bitácora de Aníbal, entérome de que a integración de LAMS e Moodle, xa está en marcha nunha fase beta. A integración desta especificación pode supoñer un antes e un despois no eido dos LMS. Unha boa nova ante haberá que estar atentos. A peneira II En xullo do ano pasado, publicaba un post (que agora está en privado, pero que prometo volver a publicar no seu momento), sobre as similitudes entre o blogueo (os blogs) e o "efecto peneira".As peneiras (cribas) son uns artiluxios, cada vez máis sofisticados, que serven para ir filtrando e tamizando xeneralmente grao, pero podería ser calquera outra cousa. Para que a peneira funcione, é necesario dotala de movemento (accións) (adiante e atrás; dereita esquerda; circular; con pequenos rebrincos...;... a medida que mexemos a peneira, o elemento peneirado vai mudando de posición, vai cambiando a súa estrutura e incluso a súa composición; os elementos que son máis pequenos que os furadiños da malla (trama)escápanse, o resto permanece na peneira. Tamén producto do "mexemento", os elementos que non se correlacionan coa maioría, quedan destacados, sinalados; e se son elementos non aproveitables, simplemente paramos de mexer, e os apartamos. Unha vez limpo, seguimos mexendo a peneira... Os blogs, como as peneiras facilítanos, gracias ao "mexemento" ao que están sometidos, unha selección e discriminación eficaz da información sobre diversas temáticas; sobre diversas situacións... Os blogs, como as peneiras despois de cada movemento, van mudando na súa apariencia, no seu contido, na súa estructura; facilitando que poidamos ver mellor o que nos sobra e o que nos interesa realmente. E moitas veces descubrimos elementos que non coñecíamos, e que tal vez nos conveña deternos para coñecelos mellor (ou non). O "efecto peneira", que ten moito que ver co nome deste blog (algún día destes contareivos de onde ven o sekeirox), axúdanos a manter vivos os nosos sentimentos, emocións, reflexións, permitíndonos desbotar moitos deles e facer unha selección adecuada que incorporamos á nosa colleita. O "efecto peneira", permítenos estar activos e atentos para manter unha actitude de reequilibrio constante no continuo vaiven da vida que nos desequilibra a cada momento; e gracias ao cal aprendemos e melloramos. O "efecto peneira", permítenos estar atentos ao que pasa ao noso arredor, e a tentar ver un pouco máis aló do que ven os nosos ollos; facilítanos que non nos conformemos co que nos ven dado; indúcenos ao rebote, ao inconformismo á subversión. O outro día, a amiga Su contábanos que no Brasil da esquerda, a peneira levaba un ritmo demasiado lento, tan lento tan lento que se tornaba cara ao centro. O "efecto peneira" non está a funcionar demasiado ben. Dende nós na rede, un sector da blogosfera brasileira, en cambio, a peneira estase a mexer con intensidade buscando retomar o ritmo necesario para que a peneira poña cada cousa no seu sito. Ferramentas, recursos, artigos, revisións,... sobre blogsPosto que non dou feito, como para postear coa intensidade que eu quixera en sekeirox, vou facer un pequeno resumo do que recollín durante esta última semana. Por suposto as interesantes aportacións que están aparecendo en Aulablog , que pouco a pouco estase a conformar nunha comunidade activa e na que se barallan os temas previstos, o aproveitamento do uso educativo das ferramentas que nos ofrece internet, especialmente os blogs.
Unha Morea de recursosRecollo do Blog de Novas Tecnoloxías e Profesorado , a boa nova do lanzamento de MOREA (Múltiples Obxectos Reutilizables de Ensinanza e Aprendizaxe) . Segundo a definición de Adriana: trátase dun "espazo web destinado ao profesorado universitario para apoialo na elaboración dos seus materiais para a web". "Un lugar onde accederás a recursos que che poden servir para elaborar materiais dun xeito máis sencilla". Trátase, segundo indican na páxina, dun proxecto desenvolto por grupos de investigación da USC; e financiado pola Secretaría de Estado de Universidades e Investigación. Paréceme unha iniciativa ben interesante. Presentada a ferramenta, irase desenvolvendo e tocará empezar a sacarlle proveito; coido que a súa maior ou menor penetración a nivel institucional, dependerá da habilidade para ofrecela e "facela chegar" á comunidade educativa; do uso que se empece a facer dela; e da flexibilidade que lles ofreza aos profesores, tanto para poñer a disposición dos demais os seus propios materiais como para adaptar os existentes no repositorio ás súas prácticas docentes. Neste tipo de ferramentas, moitas veces non abonda con adecuarse aos estándares habituais que nos permiten unha boa xestión dos recursos para situacións de ensinanza; é necesario ademais facer unha boa catalogación baseada na experiencia docente; e por suposto ter en conta que os obxectos deben ser elementos a adaptar para cada situación particular por parte dos profesores. A miña enhoraboa ás persoas implicadas no desenvolvemento desta ferramenta, que si ben como nos indica Adriana está nos seus comezos, pode resultar de gran interese e proveito para todos. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |