Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2005.

Resumen

01/09/2005

O día de ... Internet

diadeinternet.gifO vindeiro 25 de outubro, é outro deses "Días de..." dos que falaba no post anterior; trátase do Día de Internet. Como dixen no seu momento, o achegamento de internet aos cidadáns, ou dos cidadáns a internet, é unha tarefa que debemos traballar día a día; sen embargo, dende o punto de vista docente, pode ser unha boa data para traballar moitas cuestións relacionadas co uso de internet, que aínda que nos parezan obvias, poden resultar moi importantes para sermos mellores membros da sociedade que conformamos a rede, e para intentar aportar o noso grao de area na procura da reducción da fenda dixital.
Dende este punto de vista docente, os membros de aulablog decidimos participar ativamente nese día, realizando unha serie de actividades "extraordinarias" (coas que trataremos de desenvolver unha sesión continua de apoio e asesoramento no eido blogosférico (na docencia principalmente) a través dos foros, chats,..., repartiremos algún que outro "premio", e moito máis que iremos contando en aulablog). Ademais aulablog participa nos Premios convocados para o Día de Internet como mellor iniciativa educativa para o día de internet.
Se aulablog che parece unha boa iniciativa educativa, neste senso, que merece ser recoñecida, podes votar a súa candidatura premendo neste vínculo: VOTO a Aulablog ou na web do Día de Internet
O Equipo de Aulablog, tamén participamos co Planeta Educativo na categoría de mellor webloger ou periodista dixital. Se queres votalo preme aqui: VOTA Planeta Educativo

Etiquetas: , ,

01/09/2005 09:40. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar.

29/09/2005

Tempo escolar e escolas inclusivas

cp362.jpgNon queres caldo?... pois dúas tazas!... así é como me sinto (polas razóns que xa comentei) despois de estar agardando todo o mes pola revista que "de verdade, pago tódolos meses". O caso é que as miñas reiteradas protestas non surtiron o seu efecto e a día de hoxe todavía non me chegou á casa. Espero que polo menos, o carteir@ de turno, estea a pasalo ben con ela.
A piques de rematar o mes de stembro decidinme a acudir á versión online desta publicación, xa que me tardaba botarlle unha ollada e porque había algúns artigos, que por proximidade despertaron en min un especial interese.

O editorial de Jaume Carbonell, é toda unha chamada de atención a navegantes. Gustoume o seu ton crítico "O clima de malestar que se vive en moitas aulas, sobre todo de Secundaria, e que se proxecta na sociedade, ten que ver con diversas concepcións en crise sobre o valor e o uso individual e colectivo da libertade, a responsabilidade e a autoridade".
O artigo de Mel Ainscow: "La mejora de la escuela inclusiva", aborda tamén un tema candente nos tempos que corren. O resumo que poñen na revista é o seguinte:O gran reto do sistema educativo é eliminar os procesos de exclusión xenerados como resposta á diversidade de clase, etnia, relixión, xénero e capacidade. O autor describe o camiño percorrido por unha iniciativa de melra escolar que enfatiza: as condicións de ensinanza aprendizaxe, as evidencias para estimular o pensamento e a colaboración entre centros. Ainscow, na súa liña, afirma que se deben desenvolver estratexias que fomenten a interdependencia entre escolas e, ao mesmo tempo, faciliten a tarefa aos que están implicados nunha dirección máis inclusiva, unha relación de simbiose análoga á que se pode dar nas comunidades de prácticas, seguindo a noción de Wenger.

E por último, sen ter revisada polo miudo a revista, (algo que farei cando me chegue en papel), destaco o tema do mes, cunha serie de artigos, desenvoltos na súa maioría por profesores da USC. O tema central do mes, o polo tanto destes artigos é: o tempo; a súa concepción, a súa xestión e contextualización no marco da escola. Un concepto que está a variar, conforme varía o modelo de sociedade, e conforme se utilizan artefactos tecnolóxicos que trastornan a percepción e temporal; e a xestión tradicional do tempo, marcada fundamentalmente polos ritmos naturais, e/ou polos ritmos industriais:
- "Viejos y nuevos tiempos. Una construcción social"; e "En el comienzo de una nueva época" de de Caride Gómez, J. e Meira Cartea, P.
- "Emergencia de un discurso-realidad en la sociedad del ocio" de Cuenca Cabeza, M.
- "La jornada escolar en la vida cotidiana de la infancia" de Caride, J. e Morán de Castro, MªC.
- "Los tiempos escolares virtuales" de García Tobío, A. e Pardo Pérez, J.C.
- E un interesante: "Para saber máis" de Caballo Villar, M.B. e Morán de Castro, MªC.

Etiquetas: , , ,

29/09/2005 08:23. Ligazón permanente. Tema: Educ Ando No hay comentarios. Comentar.

30/09/2005

Recollendo sen recolledor :(

Nestes días de ausencia do sekeirox, fun recollendo, grazas ao meu recolledor (que por certo leva uns días sen funcionar e xa me está a causar máis dun contratempo) e a través do meu del.icio.us un montón de artigos, iniciativas e ferramentas que considero dunha gran utilidade.
Son destas ferramentas máis que interesantes, coas que tras un contacto moi breve, xa sintes que non te podes desprender delas (ata que non apareza outra mellor, por suposto). Para o meu bolsillo e a miña forma de ver a vida, estas ferramentas deberan (a poder ser) ser gratis, libres e abertas; que funcionen vía web; que favorezan un traballo colaborativo e favorezan dun xeito ou outro os procesos de ensinanza - aprendizaxe. O tema dos cartos..., porque non está o forno para demasiados bolos; o tema da liberdade e da súa apertura, porque considero que xestionando o noso egoísmo natural con doses adecuadas de altruismo, xenerosidade e visión cooperativa, saímos todos beneficiados (por suposto respecto a todos aqueles que, no exercicio da súa liberdade e posibilidades, utilizan ferramentas "propietario", de feito en ocasións as utilicei, utilizo e supoño que terei que utilizar).
Writely, Nvu, pdf online, Snippy... e tantísimas que non citarei porque case todas se poden recoller en: ñblog, utilidades y recursos para blogs, ou nas recopilacións que van facendo Mario de Avalúo, ou os compañeiros que participan en Aulablog, tanto neste blog, como no planeta educativo, como nos seus respectivos blogs personais.
Interesantes artigos como por exemplo o de Adriana Gewerc: El uso de weblogs en la docencia.
Interesantísimos blogs que xa me teñen enganchado, como varios que teño no meu del.icio.us baixo os epígrafes de secundaria e/ou orientación, desenvoltos por profesores de primaria, secundaria e dende os departamentos de orientación dos centros, (algúns de centros galegos, magníficos); ou por destacar outros dos que xa son un incondicional, o traballo de Felipe Zallas en El Villena; o novo traballo de Bea Marín; a interesante proposta de traballo para este ano de Juan Freire; ou.... outros moitos que irei citando pouco a pouco.

Etiquetas: ,

30/09/2005 13:12. Ligazón permanente. Tema: Recursos No hay comentarios. Comentar.



O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

Blogheadas

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

CeroTres

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.