Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006. Resumen
Blogs para educarDa weblografía imprescindible , recomendada por Paco Muñoz en Aulablog , tiña pendente de lectura máis a fondo do artigo de Tíscar Lara : "Blogs para educar. Usos de los blogs en una pedagogía constructivista ", publicado pola revista Telos (Nº 65 Outubro - Decembro 2005). Os seus epígrafes:
02/05/2006 20:07. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Edublogs No hay comentarios. Comentar. BloGaliza: crea e xestiona o teu blog en galego
Todo son facilidades para crear o blog; para o que se pon a disposición do blogueiro unha instalación de WordPress. Como nos din en Blogaliza , unha vez dado de alta o blog, xa podes entrar e "... escoller o teu ESTILO VISUAL("theme"), e xa podes EDITALO!!!", seguindo as instrucións dos administradores do servizo. Dende Blogaliza ademais, accédese ao planeta , que recolle o dito no blogomillo. Parabéns por conseguir sacalo adiante!! Curso sobre Joomla
Nesta ocasión ven de poñer en marcha un curso sobre Joomla (antigo Mambo: CMS que permite desenvolver e manter un sitio dinámico en Internet de forma doada). O curso: "Crea tu web con Joomla", está orientado á instalación, configuración e administración dunha web docente ou unha web de centro. Este curso, que é gratuito, desenvolverase do 15 de maio ao 30 de xuño e terá como contorno a aula virtual de Aulablog . A titoría, compartida con Lourdes Barroso , complementarase con sesións de chat semanais e un foro permanente para compartir e resolver dúbidas. As persoas, que a través de Aulablog , tiveran a sorte de apuntarse (a inscrición xa está pechada: en pouco máis de 24 horas, houbo 32 matriculados que sobrepasan o cupo inicial previsto), terán o privilexio de aprender e disfrutar con estes magníficos profesionais.
05/05/2006 22:06. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Educ Ando No hay comentarios. Comentar. RSS: a importancia das cousas básicasO outro día, nunha conversa ¿con ou sen likorca polo medio?, reflexionabamos sobre a importancia que teñen certas cuestións básicas para a nosa vida diaria, e o pouco que falamos delas, precisamente polo obvias que nos parecen. Cando hai uns anos, descubrín o tema do RSS O asunto é que últimamente o meu recolledor de sementes "feeds" está aos topes, e aínda o estaría máis se moitos dos novos blogueiros que se meten na blogosfera, tivesen en conta a importancia de ofrecer as súas sementes RSS, e fosen conscientes das facilidades que proporciona o utilizar un recolledor ou agregador de "feeds". Moitos de nós tardamos un tempo en decatarnos da importancia das sementes RSS e dos agregadores. Neste senso, os proveedores que nos ofrecen o servizo de xestión e publicación dos blogs, xogan un papel fundamental: os máis sensibilizados co tema (que non son todos), inclúen por defecto nas diferentes plantillas a ligazón necesaria para acceder ás sementes RSS; e deste xeito, case sen decatarnos xa estamos a ofrecer nos nosos blogs máis información sobre a propia información (meta) da que pensamos. Nos últimos tempos, supoño que precisamente polo obvio do asunto, as persoas que con-formamos dalgún xeito a blogosfera, oviamos moitas veces estes temas; e moitos dos proveedores que ofrecen servizos de blogs..., pois tamén. O resultado: un montón de novos blogs interesantes que quedan sen recoller nos nosos recolledores, por non teren (máis) "visibles" as ligazóns ás súas sementes RSS. Hai uns días Dorfun falaba do tema e posteriormente Anibal , que tamén está de volta de todo isto, ofreceunos un post ao respecto que non ten desperdicio: "RSS: No navegues, deja que Internet llegue a ti, por ejemplo mediante Bloglines " ao respecto que non ten despercicio. Estes dous "monstros", coma sempre, nolo presentan: doado, sinxelo, didáctico. 17 de maio: Día de...17/05/2006 11:43. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Contorno No hay comentarios. Comentar. Documentación e materiais sobre MoodleO bon de seguir as pegadas dun monstro como Anibal (que entre outras cousas, é un dos pesos pesados da comunidade de Aulablog ), é que sabes que sempre che vai sorprender con algo interesante. Do seu "nivelaso" no uso e ensinanza da plataforma Moodle , xa teño falado por aqui, o os que o coñecedes, sabedes tamén que ten un blog adicado ao "mundo Moodle": o seu Moodler blog . Nesta ocasión, sorprendeunos gratamente ao compartir con todos nós unha serie de materiais sobre Moodle presentados a modo de titorial. Estiven a seguilos, e quedei impresionado, tanto polo que ali se conta (aínda que que un tamén ande neses "fregaos" sempre se aprende dos Monstros), como (e sobre todo) pola forma en que se conta.
Anibal é un Mestre; ten a cualidade de achegar o que sabe á súa audiencia de forma sinxela; como adoito a dicir: faino fáaacil. Grazas Anibal por liberar e compartir estes materiais html, os PDF e as animacións. Todo un luxo |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |