Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2006. Resumen
Cadernos de LugoO outro día, escoitando na radio galega unha entrevista ao alcalde de Lugo souben que tamén se sumou a participar activamente na blogosfera. Botándolle un ollo ao seu blog José L. Orozco , achegueime un pouco á iniciativa: Cadernos de Lugo. Un blog para cada cidadán , do Concello de Lugo ; hoxe vía Código Cero afondei un pouco máis nela. Levan xa cinco meses de andadura e preto de medio cento de cadernos creados. Estiven a trastear un pouco e non me pareceu o mellor dos sistemas de publicación, máis ben queda un pouco escaso demais. De todos modos, e á espera de que sigan mellorando, pareceume unha boa iniciativa municipal.
![]()
10/10/2006 13:19. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: (SI) Sociedade da Inf... No hay comentarios. Comentar. IMS Common Cartridge: novo estándar de contidos de aprendizaxeVía Octeto , entérome que o IMS Global Learning Consortium ven de anunciar que "o novo estándar de contidos dixitais de aprendizaxe Common Cartridge estará dispoñible en diversos produtos na primaveira de 2007. Para este fin, conta co compromiso de ANGEL Learning , Blackboard , Sakai , McGraw-Hill e outros desenvolvedores de software e de materiais de e-learning. O novo estándar estará baseado en especificacións xa existentes: Content Packaging 1.2, Question & Test Interoperability 2.0 e Learning Object Metadata 1.0. E será, ademais, compatible con SCORM 1.2 y SCORM 2004. IMS/GLC confía en que o Common Cartridge facilite a produción e distribución de contidos para cursos nun formato común ampliamente aceptado". Haberá que ver as reaccións por estes lares. 10/10/2006 13:51. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Eduticadas No hay comentarios. Comentar. Búscase lector de sementes bo, fiable, de balde e amigable![]() Menos mal que o Planeta educativo nos mantén ao día, e que as rutinas de visitas obrigadas, están máis ou menos establecidas; porque o que é o meu lector de sementes...: o Feedness leva unha tempada dando problemas e non atopo explicación algunha que me devolva a confianza depositada estes anos nesta ferramenta e os seus autores . Hai un mes ou por ahi, xa tiveran problemas co servidor, pero agora parece que o problema é máis serio. ¿Alguén sabe algo ao respecto? Despois de ver o pulo e o interese co que se están a empregar os de Google (acaban de mercar tamén YouTube ) e de ter probado o ben que funciona o Google Reader , estou case que decidido a mudar de lector de sementes (a pesar do magnífico servizo prestado por Feedness ata o de agora). Outra opción a barallar é voltar ao clásico (pero actualizado) FeedReader , coa súa Beta 3.06 que ten versión en galego, ou recurrir ao Bloglines de sempre, opción que non me atrae demasiado porque aínda que cumple a súa función, levan moito tempo sen evolucionar nada, e iso nestes tempos xa sabedes o que implica.
Achádegos: "La clase abierta" e a "Revista de Educación" (online)Hoxe din con dous novos achádegos. Un da man de Paco en aulablog21 . Paco ofreceunos a ligazón a un blog: La clase abierta (outra semente que recoller), "Un espazo que bucea na práctica educativa con blogs, wikis, podcast e outras ferramentas colaborativas". Gustoume o estilo das anotacións, a presentación do blog e as entrevistas que inclúen, entre as que destaco a de Bea Marín e a que lle fixeron a James Farmer (que envexa O outro achádego chega da man de Luis en Orientaeduc.com . "Trátase da Revista de Educación . Unha publicación do MEC adicada á difusión da investigación e innovación educativa que agora se pode consultar Online e descargarse en formato PDF". NireBlog, agora tamén en galegoO outro día falaba das bondades dun servizo de creación e aloxamento de blogs: o NireBlog . Pois ben, hoxe grazas a Marcus de Código Cero entérome dunha nova que fai subir moitos enteiros a esta ferramenta. Resulta que este servizo ven de presentar a súa versión en galego, de xeito que aumenta o número de linguas coas que se poden editar os seus blogs. Google para educadores - Google Docs - Google
Outra ferramenta Google, aínda en "Beta", que me pareceu moi boa, e que seguro integrarán neste paquete para educadores é o Google Docs , á que chego vía Microsiervos . Trátase dun potente editor de textos e folas de cálgulo qo que podemos acceder vía web (só necesitamos un navegador); hai outras ferramentas similares, pero esta parece más potente que outras revisadas. Este novo servizo permite logo, aos usuarios rexistrados (Quen non está rexistrado nalgún servizo dos que oferta Google?) crear documentos de texto e follas de cálculo; compartilos, traballar neles de forma colaborativa, editalos en diversos formatos, etiquetalos, gardalos en liña ou no propio ordenador en diversos formatos doc, html, rtf, Open office, PDF, e as follas de cálculo tamén en CSV, ODS, XLS. Casi nada 18/10/2006 20:59. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Recursos No hay comentarios. Comentar. Ms Dewey: un buscador máis atractivo que Google
![]()
Vía Código Cero dou con Ms Dewey , un buscador cunha interface bastante máis "atractiva" que a de Google, por exemplo. Gustoume (a idea tamén). Moi simpática a interacción con Ms Dewey, e a súa actitude, ás veces sarcástica, ante determinadas buscas. Actualización:
18/10/2006 21:56. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Tecnoloxías No hay comentarios. Comentar. Monográfico sobre blogs e wikis na educación, e outras lecturas“El mal diseño de las bitácoras”, é o artigo de Alejandro Valero que aparece no Monográfico "Wikis y Blogs en la educación " publicado recentemente polo Observatorio tecnológico del CNICE. Neste artigo, o "maestro" analiza diversos aspectos dos blogs a ter en conta para non caer en erros no deseño de bitácoras que nos poden levar a ter certos tropezós na práctica. Grazas Alejandro por facernos máis fácil o camiño.
|
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |