Sekeirox |
![]() |
|
Levar os apuntes da universidade por Vigo adiante![]() O outro día, en Código Cero recollían unha nova á que chegara uns días antes revisando materiais sobre o EEES (Espazo Europeo de Educación Superior), para facer unha anotación. Desta nova fixéronse eco en diversos medios de tirada autonómica e nacional, como se pode apreciar nas novas do portal habilitado pola Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo, para recoller todo o relacionado con este estupendo servizo de UVigoTV. No portal describen o servizo como "unha televisión corporativa sobre Internet, que permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV". Os profesores que o desexen, poden facer uso dos recursos multimedia que ofrece a Universidade de Vigo, como por exemplo ofrecer os apuntamentos aos seus alumnos en formato mp3, aínda que como aclara Vicente Goyanes, un dos pais e responsable da criatura, a asistencia a clase segue a ser obrigatoria. Ademais das clases e videos explicativos a través da rede, e as gravacións en mp3, hai que sumarlle a posibilidade deacceso ás presentacións e notas dos profesores sobre diversos temas. A Universidade de Vigo dá un paso importante no eido da formación apoiada no uso das redes e sitúase como unha institución de ensino superior punteira neste senso. Parabéns
Comentarios » Ir ao formulario
Cando estiven na universidade de Vigo impartiendo cursos, a universidade os reproducía logo pola uvigo tv! Non deixa de ser un estupendo repositorio. Data: 10/01/2007 09:47.
Certo Catuxa, non deixa de ser un repositorio de materiais educativos en formatos determinados. Neste caso o que me parece máis interesante non é o repositorio en si, senón o servizo que supón para os alumnos (e para os profesores, por que non; e os cambios nas formas de facer na universidade que poidan derivarse do seu uso. Data: 10/01/2007 12:36.
Catu, Carlos sólo un pequeño apunte: por el momento, el uso dominante del servidor es como mediateca o repositorio de eventos. Los materiales docentes están en zonas privadas o en claroline o moodle bajo clave de acceso. Eventos y cursos públicos son sólo un primer cambio para una reforma más radical que está pendiente en la universidad en general un saludos a ambos Data: 11/01/2007 00:08.
Apunte anotado Daniel. Os cambios nas universidades van despacio, pero eses pequenos cambios, sobre todo se son apoiados e coordinados son unha punta de lanza, que ata o de agora só se vía en ocasións moi contadas. Todas as universidades fan cousas moi interesantes de cara a ese cambio (adaptación ás condicións da sociedade actual), seino de primeira man, pero as portas aínda seguen a estar demasiado pechadas. Coa integración de servizos como este xunto cos xa máis estendidos de ensino apoiado polas redes (como os que comentas) e outros como a utilización de ferramentas que fomentan o traballo máis colaborativo e cooperativo, os pasos de cara a ese cambio máis radical coido que se acelerarán en gran medida. Data: 11/01/2007 00:28. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
CeroTres
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |