Vía Código Cero e Sociedadedainformación.eu achégome á nova da convocatoria dos “Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información” promovidos polas Consellarías de Innovación e Industria e Educación e Ordenación Universitaria, a través das direccións xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e de Ordenación e Innovación Educativa.
O obxectivo destes premios, é a promoción, creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na Rede, impulsar o coñecemento do software libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.
Hai diversas modalidades de participación: Ferramentas de autor; Materiais curriculares de web; Galerías de imaxes e vídeos didácticos e Aplicacións de software libre
O prazo de participación remata o vindeiro 15 de setembro.
Autor: Daniel Veiga
Web 2.0. ?
Blog?
Os premios da Xunta descoñecen as outras posibilidades de traballo con internet que nos facilita a chamada web 2.0.
Os premios da Xunta non queren incorporar os blogs e outras ferramentas que -cada día máis- teñen eficaz uso didáctico.
Data: 27/06/2007 00:14.
Autor: Carlos
Estamos dacordo Daniel, de momento parece que se vai un pasiño por detrás. En todo caso cun chisco de inxenio e creatividade, tal vez se poda ir mudando, aínda que sexa a pasiños moi pequenos.
De todos modos, como ti dis, existen certas contradiccións que no seu momento haberá que comentar.
Data: 27/06/2007 09:43.
Autor: kin
lendo a convocatoria, parece que o que queren é un material pechado e estático para subir tal cual ao seu servidor, pero non invita a presentar webs dinámicas que estean funcionando. hai cousas que non cadran na convocatoria, que se ve bastante obsoleta.
Data: 14/12/2007 08:32.