Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Contorno. 15/05/2007As letras galegas...Mañá día 16 de maio estamos de celebración en Galiza. Un destes "Día de..."; como cando é o día da nai, ou do pai, ou de... facemos unha homenaxe especial en forma de agasallo ou recordatorio especial. Personalmente non gosto demasiado dos "Días de..." aínda que entendo que poidan ter o seu papel. Neste caso, e pola súa importancia, todo o que se poida facer a prol do galego, antóxaseme imprescindible e insuficiente. Este ano, o día das letras galegas 2007, está dedicado a María Mariño a verba interior materializada e inmortalizada na escrita. De Recursos educativos para mestres , recollo estes dous recursos para o seu uso nas aulas. e E seguindo coas celebracións ou "días de...", o 17 poderemos celebrar tamén o Día de Internet . Co gallo desta celebración, na ETSE da USC organizáronse unhas xornadas: "Estratexias TIC e de Sociedade da Información en Galicia " promovidas polas tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación. ___ Actualización Vía mancomun.org dou co relatorio: "Século XXI: a lingua galega na internet" que vai desenvolver AGNIX o vindeiro día 17 en colaboración polo SNL do Concello, a DXPESI e mancomún.org
2ª Actualización: Ligazon a algúns dos poemas de María Mariño .
10/08/2006Máis lume non!![]() 10/08/2006 21:03. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Contorno No hay comentarios. Comentar. 17/05/200617 de maio: Día de...17/05/2006 11:43. Autor: Carlos Santos. Ligazón permanente. Tema: Contorno No hay comentarios. Comentar. 05/05/2006BloGaliza: crea e xestiona o teu blog en galego
Todo son facilidades para crear o blog; para o que se pon a disposición do blogueiro unha instalación de WordPress. Como nos din en Blogaliza , unha vez dado de alta o blog, xa podes entrar e "... escoller o teu ESTILO VISUAL("theme"), e xa podes EDITALO!!!", seguindo as instrucións dos administradores do servizo. Dende Blogaliza ademais, accédese ao planeta , que recolle o dito no blogomillo. Parabéns por conseguir sacalo adiante!! 20/04/2006Blogoteca: Fai o teu blog en galego
As características coas que contan os blogs creados na Blogoteca son, segundo a fonte : 25/11/2005Non puido ser... desta vezComunícanos en Vieiros que A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco . Agardamos pola continuidade do traballo dos promotores e seguiremos apoiando esta iniciativa :(
01/08/2005Redes sociais dende o "Oenach" A fin de semana estiven (coa familia) a reforzar redes sociais do presente e co pasado. O Oenach celta de Sedes (Narón), pertiño da casa, foi un estupendo contorno para dar un paseo pola cultura castrexa; (segundo a organización, máis de 15000 persoas tivemos unha idea parecida). Naqueles tempos, as relacións sociais entre os pobos veciños (de preto e de máis lonxe) eran fundamentais (máis que na actualidade??) para a supervivencia de cada comunidade. Os Oenach, supuñan un punto de encontro no que se afianzaban lazos sociais, familiares, afectivos, económicos, políticos, relixiosos. Este reforzamento das relacións tiña como base as actividades comerciais, deportivas, "relixiosas" e como non... gastronómicas. 16/05/2005Máis recursos sobre o día das Letras GalegasA través de ensino en galego, Xosé Antón achéganos o Especial sobre as Letras Galegas elaborado por Vieiros: "Coa lingua na maleta". Estupendo o recurso. 11/03/2005"Unha certa envexa"Comentábo ontes dorfun na súa dorfunteca, e despois Francisco Muñoz, en aulablog21 afondaba no tema falando de extreblog. Doulles a miña enhoraboa a todos os que dispoñen de plataformas ao alcance da súa man e do seu bolsillo, para poder expresarse; mais non podo deixar de sentir unha certa envexa, pensando que en Galicia, a pesar da riqueza e variedade do "blogomillo", aínda non contamos (que eu coñeza) cun servizo gratuito, estable, e sen ánimo de lucro, que sirva de base ou soporte aos blogheiros galegos e non galegos (dende Galicia, en galego e que que abranga todas as temáticas imaxinables). Creo, que estas iniciativas deberan vir dende arriba (dende os diferentes "arribas": administracións, servizos sociais, servizos educativos (a tódolos niveis),... que é onde están os nosos recursos; o caso é...: Hai a vontade? Interesa fomentar o uso masivo deste tipo de medios de expresión e comunicación? Interesa facilitarnos unhas ferramentas cun enorme potencial tanto constructivo, como subversivo? Quen se atreve a dar o paso con todas as consecuencias? Ata que esto suceda, teremos que apañarnos (que non é pouco) cas iniciativas individuais e de pequenos grupos "inquietos" (nos distintos ámbitos da sociedade) que poñen toda a súa vontade en defender a liberdade de expersión (con maiúsculas), e que son conscientes de que a expresión, a crítica e a construcción compartida, son algunhas das bases da saúde da sociedade. A todas estas persoas e grupos: grazas. 29/12/2004E cercáronme as ondas, que grandes son!Sedia-m´eu na ermida de San Simión e cercarin-mi-as ondas que grandes son. Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá? Estando na ermida, ant´o altar cercarin-mio-as ondas grandes do mar. Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá? E cercaron-mi-as ondas que grandes son: non ei barqueiro nen remador. Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá? E cercaron-mi-as ondas do alto mar: non ei barqueiro nen sei remar. Eu atendend´o meu amigu´E verrá? Non ei barqueiro nen remador morrerei fremosa no mar maior. Eu atendend´o meu amigu´E verrá? Non ei barqueiro nen sei remar morrerei eu, fremosa, no alto mar. Eu atendend´o meu amigu´E verrá? Meendinho. Este xograr foi especialista en cantigas de amigo. Viviu no século XIII e empregou un nome desprovisto de apelido, diminutivo de Mendo. Pénsase que naceu nalgún punto da Ría de Vigo, posiblemente na parroquia redondelá de Quintela, por existir nela un lugar chamado "O Mendo", con vistas á illa de San Simón. A única composición que se conserva da súa autoría é a da ermida de San Simón, a 438, integrada no Cancioneiro da Vaticana. Foi escrita no ano 1250 é coñécese como a CANTIGA DE SAN SIMÓN CRTVG Seguro que as ondas que cercaban á protagonista desta fermosa cantiga, a pesar da inquedanza que lle producían, e fóra de interpretacións literarias, non eran como as que asolaron estes días a unha metade do mundo. Will R. e Mario Núñez fanse eco da nova do New York Times sobre a incidencia dos blogs no seguemento do desastre. Ademais Will R. fai referencia a un blog creado para axudar ás víctimas do desastre, e tamén a entrada recollida na wikipedia sobre o tremor que asolou as costas bañadas polo Océano Índico. O meu pesar e solidariedade cas víctimas. 22/12/2004Na casa polo Nadal*************Que pasedes unhas boas festas de Nadal e que o vindeiro ano sexa moito mellor que o que está a rematar.************** 28/11/2004Unha sociedade da información para todos: principios fundamentais Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005Declaración de principios: 19. Estamos decididos a proseguir a nosa busca para garantir que as oportunidades que ofrecen as TIC redunden en beneficio de todos. Estamos dacordo en que, para responder a tales desafíos, todas as partes interesadas deberían colaborar para ampliar o acceso á infraestructura e as tecnoloxías da información e as comunicacións, así como á información e ao coñecemento; fomentar a capacidade; reforzar a confianza e a seguridade na utilización das TIC; crear un contorno propicio a todos os niveis; desenvolver e ampliar as aplicacións TIC; promover e respectar a diversidade cultural; recoñecer o papel dos medios de comunicación; abordar as dimensións éticas da Sociedade da Información; e alentar a cooperación internacional e rexional. Acordamos que estes son os principios fundamentais da construcción dunha Sociedade da Información integradora. 22/11/2004Imaxina Sempre me gustou esta canción, pero dende que oín a nova de que lle van facer unha estatua a John Lennon na Coruña (seique está a quedar moi ben), e a un ano de lembrar os 25 anos do seu pasamento, ronda pola miña cabeza de cando en vez a música e letra de Imagine. Recollo de días estranhos a súa traducción ao galego: Imaxina que non hai ceo É fácil, se o intentas Nin inferno debaixo de nós Riba de nós, tan só o firmamento Imaxina a toda a xente Vivindo para o presente Imaxina que non hai países Non é difícil de facer Nada polo que matar ou morrer Nin relixión tampouco Imaxina a toda a xente Vivindo a vida en paz Imaxina que non houbera posesións Pregúntome se poderías Non habería avaricia nin fame Unha irmandade de homes Imaxina a toda a xente Compartindo todo o mundo Podes dicir que eu son un soñador Pero non son o único Agardo que algún día ti te unas a nós E todo o mundo vivirá coma un só 20/11/2004Unha sociedade da Información incluínte e solidaria Ata hai uns meses, cada luns facía referencia a algún dos distintos principios recollidos no Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005, e agora tentarei seguir facendo o mesmo, retomando os principios onde os deixei naquela ocasión. Declaración de principios: 16. Seguiremos concedendo especial atención ás necesidades particulares dos habitantes dos países en desenvolvemento, os países con economías de transición, os países menos adiantados, os pequenos países insulares en desenvolvemento, os países sen litoral en desenvolvemento, os países pobres moi endebedados, os países e os territorios ocupados, os países que se están a recuperar de conflictos e os países e rexións con necesidades especiais, así como ás situacións que supoñen amenazas graves ao desenvolvemento, tales como as catástrofes naturais. 17. Recoñecemos que a construcción dunha sociedade da información incluínte require novas modalidades de solidariedade, asociación e cooperación entre os gobernos e demais interesados, é dicir, o sector privado, a sociedade civil e as organizacións internacionais. Recoñecendo que o ambicioso obxectivo da presente Declaración -colmar a fenda dixital e garantir un desenvolvemento armonioso, equitativo e xusto para todos- esixirá o decidido compromiso de todas as partes interesadas, facemos un chamamento á solidariedade dixital, tanto nacional como internacionalmente. 18. Nada da presente Declaración poderá interpretarse no sentido de que menoscaba, contradí, restrinxe ou deroga as disposicións da Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, de ningún outro instrumento internacional ou das leis nacionais adoptados en virtude deses instrumentos. 14/11/2004Xa pasaron dous anos e segue ahiDespois de dous anos, na nosa memoria segue a chover negro. Tralo primeiro ano, seguía ahi, e despois deste segundo ano, seguímolo vendo, comendo, cheirando, lembrando,... 11/11/2004Ferida!!Recollo esta nova de Galicia Hoxe que ten como titular: "Lingua morta nas aulas": Os estudantes de fóra usan máis o idioma que os galegos e o emprego é maior no campus de Ferrol. Dóeme oír esta nova. Coido que o galego non é nin moito menos unha lingua morta (nin nas aulas nin noutro sitio), por moito que algúns se empeñen en enterrala antes de tempo, mais sí creo que está ferida, e que temos que colaborar ¡todos! os que nos movemos polas redes da nosa cultura, para non deixar que se desfaga o tecido que tanto lle deu a esta terra. 26/10/2004sekeirox fai un ano Sekeirox xa é parte do meu contorno. Naceu coa idea de ser un ámbito de experimentación sobre o uso dos weblogs en distintos ámbitos, pero sobre todo na docencia. Máis adiante a idea foi mudando, e converteuse nunha ferramenta de traballo e disfrute dun servidor. Cunha media de 1 post cada 3 días o sekeirox lévame a pensar, que todo o mundo ten cousas que contar, que eu teño moitísimas cousas sobre as que reflexionar, e sobre todo moitísimas máis sobre as que aprender. 18/10/2004¡Ollo!: A escola sen galeguizarseTemos que estar atentos, porque a corda sempre rompe polo punto máis feble. Unha das consecuencias negativas da globalización é a desancoraxe cultural, e a cultura empeza pola lingua. Os datos que aporta o IGE e que saen publicados en Galiza Hoxe no artigo Os mozos falan por primeira vez máis castelán que galego, son para estar máis que alerta. 27/07/2004O bardo Da alma no fondoeu levo unhas cordas, que a cada momento soando están soas: se estou vixiando ocúpanme as horas; se en plácido sono os membros repousan, axítanse insomnes, xa doces, xa roucas. En vano, febrento, nas luitas recónditas, o ánimo ousado en vano se esforza por domar o tumulto sublime, as férvidas notas, soberbias, agrestes, salvaxes, grandiosas, que ¡ai¡ no profundo dos bardos repousan, ¡cal repousan as chispas que dormen nas altas curotas! EDUARDO PONDAL, "Queixumos dos pinos" (1886) EDICIONS XERAIS. Eduardo Pondal, Poesía. Biblioteca das letras galegas. Segundo a BVG Eduardo María González-Pondal Abente, naceu en 1835 na Ponteceso, comarca de Bergantiños. En 1848 instalouse en Santiago para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. En 1860, publica "A campana de Anllóns", o seu primeiro poema en galego. No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a "Queixumes dos pinos" (1886). "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos, conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga. Pondal, poeta oficial do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. En 1858, publica "Os Eoas", un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano. 23/07/2004Mexan por nós e hai que dicir que chove... A vixencia desta coñecida frase de Castelao, é unha lousa para moitos galegos... Político, pintor e escritor galego nacido en Rianxo. Pasou a súa infancia en Arxentina, onde viviu a emigración en primeira persoa. Licenciado en Medicina, cursou o doutoramento en Madrid onde comenzou a destacar como caricaturista e pintor, sendo a súa bandeira o humor, a sátira e a crítica. Entre outras participacións culturais, pertenceu ao grupo cultural Irmandades da Fala e foi director artístico da publicación Nós. Destacan as súas obras: Un Ollo de Vidro (1922), Cousas (1926), As Cruces de Pedra na Bretaña (1929), Retrincos (1934) e Os Dous de Sempre (1934). Os álbumes Galicia Mártir (1937) e Atila en Galicia (1937). A obra teatral Os vellos non deben de namorarse (1941). En 1944 publicou Sempre en Galiza, obra cumio do pensamento galeguista e en 1948, Alba de Groria. En 1950 publicou o seu último libro, As Cruces de Pedra na Galiza. 01/06/2004¡Pra A Habana! Vendéronlle os bois,vendéronlle as vacas, o pote do caldo e a manta da cama. Vendéronlle o carro e as leiras que tiña, deixárono soio coa roupa vestida. - María, eu son mozo, pedir non me é dado, eu vou polo mundo pra ver de gañalo. Galicia está pobre e á Habana me vou... ¡adiós, adiós prendas do meu corazón! (de As viudas dos vivos e as viudas dos mortos -Follas Novas-) Rosalía de Castro (1837 - 1885), principalmente nos seu Libro Follas Novas, expresa os sentimentos persoais e os seus plantexamentos diante da vida, sen deixar de lado a temática reivindicativa e social propia da súa outra obra máis representativa: Cantares Gallegos. 26/05/2004O Maio Ahí ven o maio de flores cuberto... Puxéronse á porta cantándome os nenos; e os puchos furados pra min extendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos, que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sonvo-lo pobre do pobo galego: pra min non hai maio. ¡pra min sempre é inverno! Cando eu me atopare de donos liberto e o pan non mo quiten trabucos e préstamos, e como os do abade florezan meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero. ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros...? Cantádeme un maio sin bruxas nin demos, un maio sin segas usuras nin preitos, sin quintas nin portas, nin foros nin cregos. (Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra 1880) Curros naceu en Celanova (Ourense) o 15 de setembro de 1851. Loitou toda a súa vida a través da súa obra, polas súas ideas. Nesta obra, Curros fai unha defensa da lingua galega fronte á opresión á que estaba sometida. Foron moitos as persoas que loitaron por Galicia e pola lingua galega. A través destas páxinas, tentarei ir lembrando a algunhas destas persoas. 12/03/200427/11/2003Xa pasou un ano e ainda está ahi... O Prestige, e as súas consecuencias seguen ahi, en silencio...21/11/2003A asiática chegou á miña casa Ninguén a convidou a pasar as últimas dúas semanas na miña casa, máis o pasado xoves 13, instalouse no cuarto do lado. O caso é que debémola tratar tan ben, que non quixo marchar. O asunto é que me debeu pillar ben, xa que dende o luns estou coa asiática na cama. O luns empeceime a sentir mal, o martes pior, o mércores para o arrasstre, o xoves, .... mellor esquecer o xoves; e hoxe, por fin empezo a recuperarme. O malo do caso é que se nega a deixar a miña casa, e segue a traballar noutros corpos para cumprir ca súa misión: sobrevivir. A verdade é que a vida dos virus é fastidiada, e a dos virus da ghripe, non é unha excepción; son unha perdición para o corpo que ocupan, podéndolles causar a morte, pero ó mesmo tempo eses mesmos corpos son a súa salvación. Son seres incompletos que precisan dos demais para se reproducir, xa podían ser máis agradecidos cos seus caseiros,... Pero en fin, o pior xa está a pasar, para a próxima vez haberá que acudir ó centro de saúde a se vacinar, porque sabedes que por unha vez acertaron coa cepa que nos está a amolar. ¡¡Benaventurados os vacinados este ano!!! 01/11/2003Benvid@ ó weblog sekeiroxParece que xa teño un blog. Para empezar exporei unha serie de propósitos que seguramente irán trocando co tempo. 1. Só dicir verdades. 2. Non poñernos morriñentos, se non é necesario. 3. Utilizar esta ferramenta como recolleita de información de traballo e elaboración propia 4. Permitir as ligazóns permanentes aos arquivos. 5. A xente que desexe remexer nos privados que o faga, ata que eu me canse. 6. Que non deixe de ser un blog persoal, polo momento. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |