No artigo de Felipe Zayas e Carmen Rodríguez Gonzalo, publicado no número 330 da revista
Cuadernos de Pedagogía , faise unha crítica á utilización irracional do libro de texto na escola. Aparecen afirmacións interesantes como:
"... parece como se a concepción tradicional da ensinanza como transmisión de coñecementos pesara tanto que fora imposible desembarazarse dela". P.27
Ou que as actividades dos libros de texto de lingua (primaria e secundaria) non esixen relacionar, nin xerarquizar, nin tomar decisións. Son actividades pechadas, de comprobación, fáciles de realizar so se comprendeu a explicación previa... Estas actividades teñen boa acollida, por parte do profesorado quizais porque non dan problemas, non esixen levar o control do que está a facer o grupo: Non requiren gran esforzo nin de preparación nin de organización na aula, [...] e non se perde o fí conductor dunha clase a outra, sencillamente porque non hai fío[...]P.30
Para finalizar o artigo, os autores fanse unha pregunta á que responden de forma directa e incisiva:
¿Perdeuse a oportunidade de que os libros de texto contribúan á innovación educativa nas aulas, en relación coa aprendizaxe lingüística? Polo menos nas propostas maioritarias, parece que si, quizais porque innovar non é un dos seus obxectivos.