Vanesa en DEAKIALLI docu MENTAL, recolle entre outras cousas, vía
Library Stuff, unha interesante e útil
recolleita bibliográfica sobre blogs elaborada por
Susan Herzog.
Esta documentalista (Information Literacy Librarian) que traballa na
Eastern Connecticut State University, inclúe no seu
Susan's Blog, ligazóns aos seus múltiples e variados blogs dos que destaco: o xa referenciado
BlogBib;
Blogging, no que fai ligazóns ás súas presentacións sobre blogs;
The Plagiarism Blog, centrado no tema do plaxio e dos dereitos dos autores;
The Websearch Blog, sobre a busca de información na grileira;
The Google Blog e
The Yahoo! Search Blog, centrados nas buscas con estas ferramentas;
the websearch blog;
Learning About RSS;
BlogBib ALA 2002 ou
BlogBib CARL 2002, con máis bibliografía interesante sobre os blogs, e utilizados pola autora como apoio para dúas conferencias.
13/01/2005 22:15.