Principios: 4. Creación de capacidades 29. Hai que ofrecer a cada persoa a posibilidade de adquirir as competencias e os coñecementos necesarios para comprender, participar activamente e beneficiarse plenamente da sociedade da información e a economía do coñecemento. A alfabetización e a educación primaria universal son factores esenciais para crear unha Sociedade da Información integradora para todos tendo en conta en particular as necesidades especiais das nen@s e mulleres. Á vista da ampla gama de especialistas nas TIC e a información que serán necesarios a todos os niveis, debe prestarse particular atención á creación de capacidades institucionais. 30. Debe promoverso o emprego das TIC a todos os niveis na educación, a formación e o perfeccionamento dos recursos humanos, tendo en conta as necesidades particulares das persoas con discapacidades e os grupos desfavorecidos e vulnerables. 31. A formación continua e de adultos, a capacitación noutras disciplinas e a aprendizaxe continua, a ensinanza a distancia e outros servizos especiais, tales como a telemediciña, poden ser chave á hora de beneficiarse das novas posibilidades ofrecidas polas TIC para os empregos tradicionais, os profesionais liberais e as novas profesións. A este respecto, a conciencia acerca da importancia que revisten as TIC e a adquisición de coñecementos nesta esfera son un cimiento fundamental.
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este
documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar
imaxe).