Sekeirox |
![]() |
|
30 retos de futuro Ontes, como cada mes, recibín na casa por correo ordinario, a revista Cuadernos de Pedagogía, nesata ocasión o número 342; podo lela na grileira, pero recibila e lela en papel, é un dos praceres e "vicios" que me sigo permitindo. O caso é que ontes foi día 19 e a revista sae o día 1, co que por "haches ou por bes" lina pero con "bastante retraso".O titular principal é: 30 anos de historia, 30 retos de futuro; ou sexa que están de aniversario (30 anos xa son anos) e decidiron cambiarlle un pouco o formato, novas cores, nova maquetación,... agradécese. Estupenda a entrevista a Edgar Morin; e clariños os 30 obxectivos prioritarios, que expón Jaume Carbonell, nos que debe traballar a educación nos próximos anos: 1- Lograr un pacto social pola educación entre as as administracións educativas, as forzas políticas e os axentes educativos e sociais. 2- Acadar a plena escolarización básica nos países pobres e a progresiva eliminación das altas tasas de analfabetismo. 3- Garantir o principio de igualdade de oportunidades entre todos os ciudadáns con medidas compensatorias e de discriminación positiva. 4- Impulsar programas de estímulo do éxito escolar e de prevención do fracaso escolar. 5- Mellorar a calidade da ensinanza. 6- Facer un bo uso das NTIC e das distintas fontes de aprendizaxe, para convertir a información en coñecemento relevante. 7- Fixar uns contidos e competencias básicos na escola obrigatoria. 8- Educar nos valores que contribúan a unha sóolida educación para a cidadanía e que protexan a convivencia democrática e a cohesión social. 9- Avanzar cara unha escola laica como mellor forma de garantir a pluralidade, a liberdade de conciencia e a convivencia. 10- Respectar a máis ampla diversidade individual e colectiva sempre que esta non xenere situacións de desiguladade nin actitudes insolidarias ou que atenten contra os dereitos humanos. 11- Intensificar a relación educativa entre alumnado e profesorado. 12- Propiciar e consolidar a democracia participativa. 13- Recuperar e promover as teorías e as prácticas máis innovadoras e creativas. 14- Crear unha ampla rede pública de escolas infantís e de outros espazos educativos. 15- Desenvolver un sólido dominio da linguaxe na Escola Primaria. 16- Crear bibliotecas escolares ben dotadas de libros e doutros materiais. 17- Dignificar a Formación Profesional e convertila nunha oferta atractiva. 18- Garantir unha aprendizaxe ao longo de toda a vida. 19- Consolidar o espazo europeo de educación. 20- Adecuar a función do profesorado ás novas demandas sociais e educativas. 21- Reorientar radicalmente a formación inicial do profesorado. 22- Concibir a formación permanente do profesorado como unha reflexión sobre a súa intervanción individual e colectiva. 23- Pormover redes de colaboración docente e enriquecer e consolidar as xa existentes. 24- Elaborar un Estatuto da Función Pública que regule a carreira docente, dereitos e responsabilidades e o sistema de incentivos. 25- Organizar un sistema de avaliación con participación democrática, continuo e coherente, que comprometa a todos os axentes educativos. 26- Outorgar maior autonomía para pensar e xestionar institucións educativas máis abertas e flexibles. 27- Obter máis tempo para educar mellor. 28- Comprometer ás administracións educativas para que sexan sensibles ás demandas maioritarias e prioritarias que se plantexan e poñan os medios necesarios para satisfacelas. 29- Crear comunidades educativas que comprometan a todos os axentes escolares e sociais do territorio. 30- Soñar sempre coa utopía. Quen non está dacordo con estes obxectivos?... agora ben, coido que para estar realmente convencido de enfocar o traballo docente cara á súa consecución, é fundamental crer e ter sempre presente o último: Soñar sempre coa utopía.. O autor amplía a información relacionada con cada un destes obxectivos. Recapitular e facer este tipo de Declaración de intencións, sempre ven ben para non esquecernos: do mundo no que estamos; da función que desenvolvemos; e das ferramentas cas que contamos. 20/01/2005 13:01. Comentarios » Ir ao formulario |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |