"Antes sencilla que muerta", é a inxeniosa frase ca que
Juan Freire resume a idea que nos quere trasladar, no seu post comentando a iniciativa da
UAB de ir dando pequenos pasos (sinxelos), pero importantes para incentivar o uso de software libre no ámbito universitario. Segundo recolle Juan de
La tercera ola, a aposta inicial da
UAB é facer un uso combinado de software libre co software propietario. O primeiro paso cara a promoción do software libre por parte da comunidade universitaria, é a implantación masiva do navegador
Firefox e o xestor de correo electrónico
Thunderbird. Os seguintes pasos a dar van na liña promocionar dentro do campus outras aplicación libres de calidade, por exemplo Open Office
GIMP como programa de tratamento de imaxes ou
Inkscape para o debuxo vectorial.