Xa había tempo que esperaba unha
chamada deste tipo. E tivo que ser o amigo
Dorfun, na súa
versión 3.0 (segundo moitos que pasaron por ela, unha das épocas nas que optimiza a relación froza - creatividade - produción;D), quen a fixera. Temos falado da necesidade de darlle un empurrón ao blogomillo, e
Dorfun acaba de poñer unha
seMente de algo que promete.
De momento a idea é "
ter un punto onde a xente poda construír documentos colaborativos, aportar novas, crear foros, dirixir bitácoras,… e tamén solicitar e/ou crear cursos en liña, enfocado sempre a axudar a outros a sobrepasar os seus problemas e dúbidas informáticas diarias". É un
xerMolo que, entre outras cousas, puidera dar cabida, por que non? a ese planeta galego do que temos
falado e que é tan
desexado por moitos de nós.
Oída a chamada, tentarei seguir este interesantísimo proxecto, e na medida en que me dean os folgos, participar e colaborar. Sabendo quen leva a brúxula, estou seguro de que se chegará a bo porto.
Non sabes canto me alegrei hoxe ao descubrir esta
seMente! Dorfun, enhoraboa.
09/05/2005 23:34.