Sekeirox |
![]() |
|
Tempo escolar e escolas inclusivas Non queres caldo?... pois dúas tazas!... así é como me sinto (polas razóns que xa comentei) despois de estar agardando todo o mes pola revista que "de verdade, pago tódolos meses". O caso é que as miñas reiteradas protestas non surtiron o seu efecto e a día de hoxe todavía non me chegou á casa. Espero que polo menos, o carteir@ de turno, estea a pasalo ben con ela.A piques de rematar o mes de stembro decidinme a acudir á versión online desta publicación, xa que me tardaba botarlle unha ollada e porque había algúns artigos, que por proximidade despertaron en min un especial interese. O editorial de Jaume Carbonell, é toda unha chamada de atención a navegantes. Gustoume o seu ton crítico "O clima de malestar que se vive en moitas aulas, sobre todo de Secundaria, e que se proxecta na sociedade, ten que ver con diversas concepcións en crise sobre o valor e o uso individual e colectivo da libertade, a responsabilidade e a autoridade". O artigo de Mel Ainscow: "La mejora de la escuela inclusiva", aborda tamén un tema candente nos tempos que corren. O resumo que poñen na revista é o seguinte:O gran reto do sistema educativo é eliminar os procesos de exclusión xenerados como resposta á diversidade de clase, etnia, relixión, xénero e capacidade. O autor describe o camiño percorrido por unha iniciativa de melra escolar que enfatiza: as condicións de ensinanza aprendizaxe, as evidencias para estimular o pensamento e a colaboración entre centros. Ainscow, na súa liña, afirma que se deben desenvolver estratexias que fomenten a interdependencia entre escolas e, ao mesmo tempo, faciliten a tarefa aos que están implicados nunha dirección máis inclusiva, unha relación de simbiose análoga á que se pode dar nas comunidades de prácticas, seguindo a noción de Wenger. E por último, sen ter revisada polo miudo a revista, (algo que farei cando me chegue en papel), destaco o tema do mes, cunha serie de artigos, desenvoltos na súa maioría por profesores da USC. O tema central do mes, o polo tanto destes artigos é: o tempo; a súa concepción, a súa xestión e contextualización no marco da escola. Un concepto que está a variar, conforme varía o modelo de sociedade, e conforme se utilizan artefactos tecnolóxicos que trastornan a percepción e temporal; e a xestión tradicional do tempo, marcada fundamentalmente polos ritmos naturais, e/ou polos ritmos industriais: - "Viejos y nuevos tiempos. Una construcción social"; e "En el comienzo de una nueva época" de de Caride Gómez, J. e Meira Cartea, P. - "Emergencia de un discurso-realidad en la sociedad del ocio" de Cuenca Cabeza, M. - "La jornada escolar en la vida cotidiana de la infancia" de Caride, J. e Morán de Castro, MªC. - "Los tiempos escolares virtuales" de García Tobío, A. e Pardo Pérez, J.C. - E un interesante: "Para saber máis" de Caballo Villar, M.B. e Morán de Castro, MªC. 29/09/2005 08:23. Comentarios » Ir ao formulario |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |