Sekeirox |
![]() |
|
Reencontro no(co) chatO outro día tiven un agradable “reencontro” cun vello “contertulio”: o amigo Batea. Haberá xa uns cinco ou seis anos, que empezou a andaina do chat de La Voz de Galicia ; e nesta andaina nos embarcamos un grupo de persoas que nos fixemos asiduos a este "encontro" e que co paso do tempo se foi facendo máis e máis nutrido. Había persoas que estaban lonxe da casa e que atopaban ali un nexo coa terriña que lles axudaba a levar mellor a súa morriña; familias que quedaban para conversar a un prezo máis módico que as tarifas telefónicas do momento; investigadores, xornalistas, mecánicos, estudantes, hosteleiros, amas de casa, políticos, profesores,... galegos e non galegos, de Galicia e de fóra dela que nos xuntabamos para pasar un bo rato. Cada día: unha leria distinta. O caso é que co paso do tempo, por “haches” ou por “bes”, tiven que ir deixando un pouco de lado aquel meu “vicio” e costume practicado durante un par de anos, de “reunirme” cos colegas a parolar un pouco. Dende hai tres ou catro anos tan só fixen aparicións puntuais e en horarios que non coincidían co das “nosas” quedadas, para comprobar que aquel grupo inicial se fóra debilitando co paso do tempo. O outro día, cando me atopei con “batea”, contoume que os encontros fornecéranse máis do que eu pensaba e que agora incluso procuraban facer unha xuntanza anual con merenda e licor-café de por medio (isto último o engado eu porque estou case seguro de que será así); non estaban todos (moitos fómonos espallando) pero foron quen de manter o grupo, que foi medrando e mudando como é lóxico co paso do tempo. O IRC “chat”, é sen dúbida unha das ferramentas de “comunicación” (intercambio de información intencional entre persoas) clásicas, básicas e nucleares no desenvolvemento de internet; e aínda que agora estanse a utilizar cada vez máis, unha gran variedade de ferramentas de mensaxería instantánea que engaden outros complementos á conversa. As bases do uso do chat, permanecen e esténdense ás súas evolucións. O chat segue a ser a canle de comunicación a través de internet preferida dos máis xoves, e dos que non o son tanto, a nivel mundial. Moitos foron os encontros e desencontros que tiveron e teñen lugar a través desta ferramenta: negocios, negocietes; novas parellas, divorcios; experiencias solidarias (cousas boas e coussa malas, como a vida mesma); experiencias docentes, ... todo tipo de encontros, que teñen como nexo común o diálogo participación, e tantos temas como variedade de persoas nos podemos atopar nos diversos ámbitos sociais. Sen dúbida, a mellor forma de conversar cos demais, é cara a cara, pero cando algún dos interlocutores non pode asistir fisicamente á charla, o chat (e os seus derivados) son unha excelente ferramenta para mantela. No ámbito educativo, o seu uso docente é o mesmo que o de calquera conversa que teña lugar no proceso de ensino, coas peculiaridades propias do medio (dependencia e mediación dos ordenadores e da rede). O intercambio de impresións en tempo real é moito máis fluído que o asincrónico (propio por exemplo dos foros, incluso dos blogs), e se pode utilizar para realizar explicacións; atender titorías; como punto de encontro dos estudantes para realizar traballos ou para manter conversas informais sobre diversas temáticas. Algúns usos e aspectos ater en conta cando usamos o chat nas clases:
De "netiqueta ": Algúns consellos de bos modais no Chat:
Tedes feito outros usos docentes do chat? como credes que se pode mellorar a netiqueta proposta para o seu uso? 09/11/2005 13:39. Comentarios » Ir ao formulario
Moi interesante o teu blog sobre os chats, amigo "xacaes". Gustoume moito a tua disertación sobre o seu uso (ou abuso), e como furrula, e cal é a "netiqueta" que deben seguir os usuarios. E, claro, a lectura do blog fíxome revivir as lembranzas daqueles tempos de antaño, cando a maioria éramos aínda uns "aprendices en cueiros" nun chat que acababa de nacer... mais que momentos tan maravillosos pasamos alí, e cantas amizades fixemos, que aínda se manteñen ata ´hoxe en día. Como ben dis o chat é un medio que acolle a xentes de países e nacionalidades moi diversas. En particular, os que frecuentamos o chat de A Voz de Galicia, temos un amor moi común a todos nós... chámase Galicia, a nosa terriña. De novo volvo a felicitarte polo blog tan estupendo que escribes. Saudiños antipodeanos. Data: 17/11/2005 10:39.
Alégrome de que che guste o blog Xesús; rencontros como o do outro día ben merecen o esforzo de poñerse a escribir, que é o que nos queda ;) Data: 17/11/2005 18:57. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |