Admin

Sekeirox

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2007.

Seguir compartindo

O 2007, tamén é un bo ano para seguir compartindo. Por exemplo na Escola dos caracois , comparten connosco esta aplicación que ven que "nin pintado". O chorreado de Pollock neste soporte, nos ofrece a posibilidade de pasar un bo rato, e dar renda solta á creatividade.

 

 

Etiquetas: , , ,

09/01/2007 17:53. Carlos Santos Ligazón permanente. Recursos No hay comentarios. Comentar.

Levar os apuntes da universidade por Vigo adiante

O outro día, en Código Cero recollían unha nova á que chegara uns días antes revisando materiais sobre o EEES (Espazo Europeo de Educación Superior), para facer unha anotación. Desta nova fixéronse eco en diversos medios de tirada autonómica e nacional, como se pode apreciar nas novas do portal habilitado pola Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo, para recoller todo o relacionado con este estupendo servizo de UVigoTV. No portal describen o servizo como "unha televisión corporativa sobre Internet, que permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV". Os profesores que o desexen, poden facer uso dos recursos multimedia que ofrece a Universidade de Vigo, como por exemplo ofrecer os apuntamentos aos seus alumnos en formato mp3, aínda que como aclara Vicente Goyanes, un dos pais e responsable da criatura, a asistencia a clase segue a ser obrigatoria. Ademais das clases e videos explicativos a través da rede, e as gravacións en mp3, hai que sumarlle a posibilidade deacceso ás presentacións e notas dos profesores sobre diversos temas.

A Universidade de Vigo dá un paso importante no eido da formación apoiada no uso das redes e sitúase como unha institución de ensino superior punteira neste senso. Parabéns

 

 

 

Etiquetas: , , , ,


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Nova Lei do libro e da lectura de Galicia

20070110232202-leidolibro.jpg

No DOG de hoxe, vense de publicar a Lei 17/2006 do 27 de decembro do libro e da lectura de Galicia.

Nunha primeira "lectura en diagonal", atopei unha lei loable no seu espirito, pero con algunhas cuestións no seu articulado que se me antoxan doutra época, ou cando menos susceptibles de máis dunha interpretación. Gostaría de ter a opinión crítica de expertos na materia a propósito desta Lei. Dareille unha lectura máis a fondo e seguro que a vexo con mellores ollos

Etiquetas: , , ,

Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión

20070116182142-34-7464-a-centro-xuvenil-ensanche.jpg

Se podo achégome o vindeiro sábado 13 de xaneiro pola tarde (pola mañá non podo, que estarei no Obradoiro de Blogs que imparto en Betanzos) á xornada que organiza o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche en Santiago de Compostela. Como leo en Código Cero : "A xuntanza, titulada Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión, xirará arredor da seguinte cuestión: a revolución social e comunicativa que xorde do fenómeno blog, os fotologs e a práctica do podcast. A xornada servirá para afondar nas posibilidades que achegan estes novos formatos de expresión, “e como constitúen hoxe en día unha ampla rede social cun bo emprego da lingua galega”. Será unha boa ocasión de escoitar e aprender de María Yáñez. Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno da extensións dos bitácoras e outras canles de expresión por internet. Raquel Gamallo e Manuel L. Pan . Ferramentas e recursos en galego para crear blogs. Alberto Yáñez . Internet como unha comunidade participativa e de troco de noticias. www.chuza.org; Carlos Neira. Un perfil das bitácoras galegas. Amador Loureiro. Blogs e fotologs como canle de expresión: literaria, musical, artística e de análise social e político. Modesto del Río. Os podcasts. Presentación de Experiencias en blogs e fotoblogs. Bitácoras e música: Noel Feáns. A regueifa. Martín Wu. The Homens. Língua e Literatura. Nel Vidal e Suso de Toro. Bitácoras de Cine. Martín Pawley.

Actualización 16/01/2007

Non puiden asistir :( e sei que a xornada non defraudou a ninguén. Grazas a Modesto en Modestoweb.org, por facer a crónica da xornada (aínda que aos que non asistimos nos quedasen os dentes máis longos :)

 

Etiquetas: ,

10/01/2007 23:34. Carlos Santos Ligazón permanente. Educ Ando No hay comentarios. Comentar.

Recoméndase non apagar o mobil

20070111012813-mobil2.jpg

Resulta habitual en moitos espazos que nos rodean, ver carteis de: Prohibido o uso do mobil; ou Apague o seu móbil. Nas aulas, mesmo: - Como vexa ou escoite algún mobil...

Pois despois de ver novas como a que escoitei ontes na radio e da que se fixeron eco numerosos medios de comunicación, como por exemplo Galicia Hoxe , non nos debe estranar que en certas ocasións mesmo animemos, por exemplo aos alumnos, a levar consigo o seu mobil e a que o teñan aceso. Trátase de sacarlle punta a esta forma de acceso á información, e pensar con certa creatividade nos usos educativos que se lle pode dar a esta tecnoloxía presentada na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia. Como recollen no citado xornal, "calquera usuario que visite dende agora as mostras abertas na entidade acompañado dun teléfono móbil con tecnoloxía Bluetooth poderá recibir datos e ata material audiovisual sobre as mesmas no seu propio terminal". O sistema "facilita que os propios artistas sexan os que presenten a súa propia exposición", o cal constitúe tamén unha novidade interesante. Podería ser por exemplo cunha presentación en vídeo coma a que gravou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, para a exposición Galicia, a forza da palabra, dedicada ó centenario da institución.

Imaxinade, por exemplo esa clase de literatura, na biblioteca do centro, e ao achegarnos aos libros recomendados, cada alumno recibe no seu dispositivo mobil con bluetooth os comentarios do autor, do profesor ou do experto na materia; ou mesmo as indicacións para ir realizando o comentario...para imaxinar, pensar, reflexionar e soñar. Que usos se vos ocurren no eido educativo?

Etiquetas: ,

11/01/2007 01:28. Carlos Santos Ligazón permanente. Tecnoloxías No hay comentarios. Comentar.

Teclado multilinguaxe en calquera lugar do mundo

20070112140247-teclado2.jpgTeño comentado moitas veces, que gosto moito de todas aquelas ferramentas que nun momento determinado nos fan a vida máis doada. Despois de ler a anotación de Juan Miguel Muñoz e a de Catuxa en Deakialli , estiven a probar o teclado virtual de Gate2Home (un emulador online de teclado multilingüe). Para certas situacións pode ser unha axudiña, como di Juan Miguel. Ademais de poder copiar e pegar o texto escrito no emulador, utilizando todas as letras do idioma seleccionado, para envialo por correo por exemplo, é posible lanzar directamente unha búsqueda nos buscadores habituais, na Wikipedia ou facer unha traducción do texto marcado a diversos idiomas utilizando o Babylon , o que pode resultar doblemente útil, cando estamos no estranxeiro e os teclados non escriben como estamos afeitos.

Etiquetas: , , ,

12/01/2007 14:02. Carlos Santos Ligazón permanente. sin tema Hay 1 comentario.

Teaching and Developing Online TADO

20070112142708-tadolbanner.gif

O outro día , Darren Cannel, de Teaching and Developing Online (TADO) , con motivo das festas do Nadal, lembrábase das persoas e sitios que teñen algún vencello co seu blog. Dicir que é unha das miñas lecturas habituais e que lle agradezo que se lembrara de Sekeirox.

Etiquetas: , ,

12/01/2007 14:27. Carlos Santos Ligazón permanente. Contact Ando No hay comentarios. Comentar.

Diálogos en Educación

 

Ontes, souben pola prensa: que dentro do programa do curso de formación do profesorado "Diálogos en Educación", organizado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol (CEFORE), (dirixido ao profesorado e membros das ANPAS; e impartido nas dependencias do IES Sofía Casanova), este xoves 25, tería lugar a xornada: "Os retos educativos na Sociedade do Coñecemento". Os poñente convidado para a ocasión, foi todo un luxo: Os que tivemos ocasión de asistir puidemos compartir a charla con Jordi Adell Segura. Do Centro de Educación e Novas Tecnoloxías (CENT) da Universidade Jaume I de Castellón. Tamén participaron na mesa redonda, Miguel Ángel souto Fraga (Delegado da Voz de Galicia); Eduardo Crego Alonso (Profesor de Matemáticas do CPI Monte Caxado) e Xoán Carlos Albarellos Codesido (Asesor TIC do CFR de Ferrol).

Jordi Adell, demostrou as súas dotes de gran orador, e amenizou unha conversa axeitada ao nivel da maioría dos asistentes. Fixo un percorrido evolutivo das tecnoloxías da información e da comunicación, partindo das primeiras mostras escritas ata chegar aos nosos días; e fixo fincapé na aceleración progresiva que van adquirindo os cambios conforme nos achegamos aos nosos días e dende as orixes da escritura. Falou da relación recíproca entre os cambios que as persoas imprimen nas tecnoloxías e nos cambios que estas provocan nas persoas.

Abordou a temática da fenda dixital e detívose na reflexión das formas de vivir dos rapaces de hoxe en día (nativos dixitais) con respecto aos inmigrantes dixitais (case que a maioría dos asistentes á charla).

Falou do cambio que se debe dar nas formas de facer na escola, atendendo ás novas realidades que nos atopamos nelas; fixo fincapé nas novas realidades de alfabetización dixital.

Aproveitando o comentario de que estarían a facer os fillos dos asistentes ao evento, fixo un percorrido polas ferramentas máis utilizadas no contexto da denominada web2.0 incidindo no seu carácter eminentemente participativo e social.

A raíz do debate suscitado, comentou que o problema máis gordo non son os medios en si mesmo, senón o que estes aportan ao discurso dos docentes, como estes poden axudar a plasmar a creatividade necesaria dos docentes de cara a aportar solucións imaxinativas e colaborativas que atendan ás necesidades dos rapaces. Falou, de forma sucinta, de posibles propstas didácticas participativas, como poden ser as Webquests, "xa que para facer o mesmo que se ven facendo ata o de agora nas aulas, pero utilizando novos medios, pois mellor adicar os esforzos a outras cuestións xa que non se mudaría nada ou case nada; e a escola seguirá a estar desfasada".

Fixo unha defensa da súa forma de ver a vida, na procura dunha sociedade máis libre, máis informada e máis feliz, dende a defensa da filosofía do software libre. E amosou a súas dúbidas sobre o éxito de propostas dirixidas dende arriba e que coa participación dos monopolios editoriais, pretenden aglutinar o esforzo creador dos profesores. Apostou pola colaboración e cooperación a pé de aula, de centro, de contornos de intereses compartidos, vaian crean do un fondo que chegue nalgún momento a convertirse nos materiais de referencia para os profesores que o desexen.

Nos comentarios xurdidos a raíz das diversas intervencións puiden escoitar en voz alta (ata o de agora só o oira en forma de runrun) que a administración educativa galega vai apostar decididamente polo software libre, e vaille ofrecer aos profesores a posibilidade de utilizar Drupal como xestor de contidos e Moodle (entre outras) como plataforma de ensinanza en liña.

Gustoume a experiencia. a verdade é que me colei na festa (non estaba apuntado nin asistía para conseguir o ansiado papeliño, senón porque realmente quería escoitar en directo a Jordi Adell, que é un referente e un gran orador.

Polo que estiven a ver no programa do curso, é posible que me cole (se me deixan) nalgunha outra das xornadas, que tamén contan con persoas de renome no eido educativo:

Febreiro:

Xoves 15. "As competencias básicas do alumnado, un referente para avanzar"- Jaume Sarramona i López. (Dpto de Pedagoxía Sistemática e Social da UAB); Germán Castro Tomé (Director Diario de Ferrol); Mª Jesús Varela Souto. (Profa IES Fernando Esquío de Neda) e Xosé Ramos (Director do CFR de Ferrol)

Marzo:

Xoves 15- "A comprensividade e a atención á diversidade". Mariano Fernández Enguita (Facultade de Ciencias Sociais. Universidade de Salamanca); Germán Castro Tomé; José alejo González (Orientador IES Sofía CAsanova de Ferrol); Gemma Argüelles Botana (Asesora do CFR de Ferrol)

Xoves 29. "O reto da educación intercultural" (F. Javier García Castaño (Laboratorio de estudos interculturais. UG); Germán Castro Tomé; Ana Veira García (Profa. IES. Breamo Pontedeume); Mª José Souto Lorenzo (Asesora do CFR de Ferrol)

Abril:

Xoves 19. "A educación en valores, educar ou instruír?". Jurjo Torres Santomé (Facultade de Ciencias da Educación. UdC); Germán Castro Tomé; Alberto Sucasas Peón (Prof. IES Sofía CAsanova); ánxela Loureiro Fernández (Asesora do CFR de Ferrol)

Maio:

Xoves 10: "A avaliación nos centros educativos" Miguel ángel Santos Guerra. Facultade de Ciencias da Educación UMálaga); Miguel Ángel Souto Fraga; Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (Directora IES Mugardos); Francisco Castillo Rodríguez (Asesor do CFR de Ferrol)

Etiquetas: , , , , , , , ,





O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Enero 2007 | Sekeirox

Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris