Sekeirox
I Congreso Galego de Educación Infantil 0 - 3
Os días 27, 28 e 29 de xuño celebrarase o "I Congreso Galego de Educación Infantil 0-3" no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
No portal galescolas.net temos acceso a esta información sobre o Congreso. Nesta edición teño o gusto e o reto de formar parte da organización. Agardamos que a participación sexa inesquecible.
Destinatarios:
Persoal  das escolas infantís
Obxectivos:
Servir de punto de encontro a profesionais que desenvolven o seu traballo no primeiro ciclo da educación infantil.
Facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil.
Crear un foro de discusión teórica e práctica sobre a educación infantil.
Ofrecer técnicas de aplicación nas aulas.
Coñecer os últimos avances no ámbito da educación infantil.
Conferencias Plenarias:
Diversas persoas de recoñecido prestixio axudarannos a facer unha reflexión teórica e práctica sobre a situación da educación infantil 0-3 e a importancia dunhas boas prácticas no traballo das escolas infantís.
Relatores:
Lois Ferradás, decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Quinto Borghi, coordinador pedagóxico das escolas infantís de Módena.
Vicenç Arnaiz, psicólogo.
Miguel A. Zabalza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC.
Paneis de Experiencias:
Un dos obxectivos do Congreso é o de facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil, e iso preténdese conseguir cos paneis de experiencias en que, a partir de pequenas comunicacións, moitas escolas infantís poidan poñer en común experiencias, reflexións e ideas sobre a súa práctica cotiá.
Obradoiros:
Desenvolverase algunha sesión de obradoiros alternativos sobre temas de interese para o traballo na educación infantil:
Expresión dramática e educación infantil.
Xogo heurístico.
Animación á lectura.
A música na educación infantil.
DOCUMENTOS DE INTERESE:
Tedes aquí o Boletín de inscrición no congreso (data límite para a inscrición: 20 de Xuño)
Aquí hai información co Boletín de presentación de experiencias educativas no congreso (data límite para a presentación de propostas: 23 de Maio)
Nesta ligazón ofrécese unha guía para a presentación de experiencias educativas
Etiquetas: EI, educación, infantil, 0-3
Galescolas. Entrevista a Lois Ferradás
Levo xa unha boa tempada dedicándolle as miñas forzas e ilusións a todo o que se está a vivir nas Galescolas ; ao proxecto (hoxe xa unha realidade), de transformar e poñer en valor a educación da primeira infancia da Galiza do século XXI; axudando a tecer a rede de galescolas .  Esta parte tan importante da miña vida non tivo, ata o momento, o espazo que se merece neste meu sekeirox. Para comezar a revertir esta situación, non se me ocorre unha forma mellor que recoller íntegramente a entrevista publicada en Irimia (en dixital en Vieiros) que lle fixeron a Lois Ferradás: sen dúbida, unha das persoas deste país que máis luz (en todas as vertentes do termo: claridade, brillantez, enerxía,... ) e sentido aporta ás Galescolas.
Galescolas. Entrevista a Lois Ferradás.
A Lois Ferradás a querencia pola educación infantil vénlle de hai máis de 30 anos, cando contribuiu a poñer en marcha e manter o programa Preescolar na Casa. Na actualidade, ademais de Vicepresidente de Irimia, é profesor de Didáctica da Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, da que é decano. Asemade asesora ao Consorcio, responsable do tema das galescolas. Disto conversamos con el.
Manolo G.Turnes - 19:02 14/03/2008
Por que o nome de galescola?
Porque son centros educativos, non só de coidado, e porque nelas se asegura a educación en galego e valorando a cultura do contorno. O concepto de gardería pertence ao pasado.
Son escolas?
Son centros educativos, nos que se acolle, coida e estimula a nenas e nenos de menos de 3 anos. Hoxe non é segredo para ninguén que as capacidades de aprender, de establecer vínculos, de explorar o mundo que nos rodea, de comprender e expresar ideas e sentimentos, comezan a se desenvolver nos primeiros meses de vida. Pensar que estas criaturas só teñen que aprender a mamar e arrotar é anacronismo, ignorancia ou mala idea. Pero son escoliñas diferentes das de educación primaria, nos seus horarios, espazos, equipamentos e actividades, na formación do seu persoal e nos servizos que prestan. Con independencia da administración que se encargue delas, nunca deberán perder este carácter propio, que ten en conta as características e necesidades dos seus usuarios.
Por que se crean agora?
Galicia leva un retraso grande na oferta de prazas en centros públicos para menores de 3 anos. Para comprobalo abonda con observar as listas de agarda nos periodos de inscrición; son centos e centos de familias que buscan sen logralo un posto para a súa prole. Precisamos multiplicar por 10 o número de prazas para achegarnos ás medidas europeas. As galescolas, ao compartir coas familias o coidado e educación de nenos e nenas, posibilitan que os pais, especialmente as nais, poidan desenvolver unha actividade laboral. Se observamos a súa distribución no territorio de Galicia podemos comprobar que algunhas están situadas en áreas pouco poboadas do interior. É a súa contribución a manter un medio rural socialmente vivo e economicamente viable.
Como vai a implantación do proxecto?
É cedo para facer balance. Un dos logros máis importantes foi poñer este asunto na axenda dos políticos; hai quen discute detalles da forma de facelo, pero ninguén pon en dúbida a súa necesidade. En menos de 2 anos puxéronse en funcionamento 20 galescolas, que supoñen arredor de 1000 prazas para nenas e nenos e foron contratadas 38 mestras/es e 91 educadoras/es. Pero, tan importante é que neste tempo se creou un proxecto educativo, unhas normas de funcionamento, un procedemento para a selección do persoal, un plan para a súa formación, un modelo arquitectónico e de equipamento, un servizo de apoio e de coordinación pedagóxica, unha potente rede.
Que se quere dicir cando se fala de rede de galescolas?
Estar en rede significa estar conectado. As galescolas non están illadas; traballan en equipo, relacionándose e compartindo os recursos, medios e instrumentos para unha xestión áxil e moderna e para un apoio pedagóxico que fai posible unha educación de calidade. Isto faise visible nas actividades de formación compartidas, nas reunións de directoras/es, na comunicación a través do portal galescolas.net, no seu boletín... É un traballo en cooperación entre profesionais e coas familias e os concellos.
Como se concreta a relación coas familias?
As familias son benvidas nas galescolas. Comézase coa entrevista de inscrición e continúase nas distintas reunións e nos encontros ocasionais do día a día. En cada galescola establécese un consello de participación, do que un terzo son pais ou nais. En varias galescolas acaba de iniciarse, en colaboración con Preescolar na Casa, un programa piloto chamado Espazos das familias que consiste en equipar un espazo para que poida ser usado por estas e realizar con elas actividades formativas e promover a súa participación nas actividades das galescolas.
Hai quen ve isto como un exercicio de adoutrinamento dos pais.
Quen iso di non coñece aos pais e nais actuais, que non se deixan adoutrinar. Pola contra, están desexosos de expresar as súas preocupacións e puntos de vista e escoitar de igual a igual a outros pais/nais e deixarse asesorar por profesionais expertos. Non están dispostos a pagar peaxe por exercer os seus dereitos de cidadanía nin a deixarse cautivar ideoloxicamente. Convén non minusvalorar a intelixencia destes pais e nais que forman parte dunha xeración, seguramente a máis culta e máis libre da historia de Galicia.
Cal é o papel dos concellos?
Forman parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que é quen xestiona a rede de galescolas. Teñen participación nas comisións de selección do persoal. Teoricamente faranse cargo dunha terceira parte dos gastos (a Vicepresidencia doutro terzo e as familias do restante, segundo os seus ingresos económicos). Unha representación do concello tamén forma parte da comisión de participación de cada escoliña. Algúns concellos dubidan de integrarse no Consorcio porque ven ameazada a súa autonomía. Asegurada a súa capacidade de participar nas decisións de planificación, e confiando na capacidade profesional do persoal educativo das galescolas, na miña opinión, o papel dos concellos está sobre todo en axudar a cada galescola a converterse nun proxecto de toda a comunidade local, escola de cidadanía participativa, obradoiro da cultura local, resposta ás necesidades de nenos/as e familias.
Podes sinalar os puntos fortes e febles deste proxecto?
Na miña opinión, un dos puntos máis fortes é a mesma concepción en rede, que minimiza os riscos, protexe e axuda a afrontar os desafíos; outra realidade formidable son os equipos de profesionais, formados, con iniciativa, comprometidos e identificados co proxecto; isto permítenos esperar o mellor. Tamén existen puntos febles, como é que sexa obxecto de disputas dos partidos políticos, ou que aínda queden moitas localidades sen galescola, que falte previsión e se improvisen algúns procedementos da organización, a falta de experiencia de participación das familias... outras tantas oportunidades de poñer en marcha o máis ambicioso proxecto de educación da primeira infancia da historia de Galicia.
Etiquetas: galescolas, 0-3, infantil, Galicia, educación
En Camiño cara ao III Encontro de Edublogs
Recollo nesta anotación o anuncio redactado pola amiga Lourdes  en Aulablog  "O ano pasado, despedimos o Encontro de Ayerbe cunha bonita metáfora de Tíscar Lara, que nos identificába como peregrin@s en Internet, transitando por camiños inexplorados, cada quen polo seu, inevitablemente en soidade en moitos momentos, pero buscando e gozando dos lugares de encontro para repoñer forzas, trazar a ruta, cargar a mochila, intercambiar experiencias, vivencias e por que non, atopar compañía e amizade.
Este ano a proposta é que emprendades o camiño cara Santiago, ali estamos a preparar o albergue. Compartiremos os itinerarios percorridos, os descubrimentos, as dificultades, o aprendido, o intuído e sobor de todo a ilusión e a ledicia de atopármonos.
Pronto máis novas.
Etiquetas: encontro, edublogs, santiago
A web como espazo da cultura en rede
Dentro das accións formativas de Interea (2007-2008) incluíron un obradoiro que se denominou: A web como espazo da cultura en rede. A coordinadora de formación: Laura Cruz tivo a ben convidarnos á amiga Lucía Blanco e a min mesmo para que fixésemos de relatores nesta actividade. O formato: un obradoiro dirixido a técnicas e técnicos de cultura; o lugar: O telecentro (local multiusos) do concello de Santa Comba .
O programa desenvolveuse segundo o previsto (aínda que sobre a marcha decidimos facer algúns cambios para centrarnos nalgunhas ferramentas que resultaron de especial interese para os asistentes): ás 9:30 recollida de material; ás 10:00 a presentación do obradoiro e a partir das 10:30, Lucía e máis eu dinamizamos unha primeira parte que consistiu na análise da realidade dos técnicos de cultura da provincia da Coruña no que ao traballo en rede se refire. Aproveitamos un artigo publicado no número 10 da revista: Interea Visual  dedicado á cultura de rede. O artigo concreto Novas artes para a faena cultural de Fernando R. Lavandeira , deu moito de si e serviu para iniciar un debate que rematou cunha posta en común das dificultades e potencialidades que os asistentes consideraron de cara ao traballo en rede, na rede.
Ás 12 chegou o descanso, e co descanso un magnífico almorzo encargado pola organización e servido polo persoal do restaurante Leandro  (Santa Comba) a onde haberá que volver. Todo riquísimo especialmente os buñuelos, mellor dito as "chulas", que non as comía tan ricas dende hai moito tempo que mas preparaban na casa.
Tralo descanso, Lucía e máis eu (os futanos, ou futanitos) comezamos a contar como cíamos que algunhas ferramentas (principalmente as que están na liña da web 2.0) poderían axudar aos técnicos de cultura a desenvolver mellor o seu traballo e a fortalecer as ligazóns entre os membros dese colectivo.
Etiquetado, RSS (as pelotas e o agregador de Ayerbe  volveu a funcionar), marcadores sociais, blogs, wikis, mapas, axendas compartidas, documentos compartidos, ferramenta para visualizar as redes sociais,... comenzaron a encher os maletíns de ferramentas que lles entregamos aos asistentes. Obviamente foron demasiadas cousas pero o obxectivo de lanzar ideas abrir portas e posibilidades conseguiuse ao noso entender.
Entre ferramenta e ferramenta (en case todas elas os asistentes tiveron a ocasión de probalas e comprobar a facilidade do seu uso, a pesar de que non estaban afeitos a traballar con elas), gozamos dunha estupenda comida en compañía de todas e todos os asistentes. Foi un bo momento para reforzar lazos, contar experiencias e pasar un bo rato.
Na última parte do obradoiro, pola tarde, partindo das necesidades detectadas na sesión da mañá e coas ferramentas que tiñan nos seus maletíns, convidóuselles a aventurar unha posible configuración "da ferramenta" (integradora de outras ferramentas) que necesitarían para fornecer as redes sociais relacionadas co seu traballo: a cultura. O resultado foi máis que alentador e satisfactorio, porque serviu para comprobar que tiñan captado o potencial das ferramentas presentadas e a necesidade de compartir e colaborar na rede.
Para rematar, quedou pendente a realización dunha tarefa (entre todas e todos) para comezar a definir como é esa rede que queren empezar a visualizar na "rede".
Grazas a Laura, Mónica (que asumiu a secretaría da actividade) e a  Interea pola posibilidade que nos deron de participar.
(En canto me pasen as fotos tomadas no obradoiro, compartireinas)
Etiquetas: Redes, web2.0, cultura, Santa_Comba, buñuelos
Chaves para acadar unha docencia de calidade na universidade
Grazas a este artigo  publicado por D. Besadío no DUVI , temos información dunha conferencia impartida por M.A. Zabalza (catedrático de didáctica da USC ). Os que tiveron a sorte de acudir á cita, encadrada dentro do ciclo A docencia universitaria e que tivo lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo , teñen agora máis chaves para reflexionar sobre os novos retos que terá que afrontar a universidade para adaptarse aos novos tempos e, con el, ao EEES .
Algunhas das cuestións e afirmacións, sen dúbida moi resumidas e expresadas de forma sintética nesta nova, son aspectos chave sobre os que dialogar e conversar tanto na docencia universitaria como noutros niveis do ensino.
Segundo a fonte citada, M. Zabalza mantivo que para ser un bo docente non abonda con ter capacidade de planificar o curso, seleccionar e presentar os contidos do xeito axeitado e explicalos de forma comprensible. É necesario  ademais:
Ter capacidade de reflexión sobre o que se está a facer.
Manexar as novas tecnoloxías.
Ser capaz de traballar en equipo.
Ter boas relacións cos alumnos
Facerlles ao alumnos un bo proceso de titorización.
Para este autor, o labor fundamental que ten que asumir o profesor universitario é o de docente, fronte á investigación. Por outra banda, o papel do alumnado vaise ver modificado xa que se esperará del un certo grado de autonomía e que asuma parte da responsabilidade dentro do seu proceso educativo.
Zabalza apuntou algúns aspectos básicos para lograr un ensino universitario de calidade:
Importancia de deseñar e planificar a docencia con sentido de proxecto formativo (referíndose á importancia da planificación previa).
Seleccionar e presentar os contidos (pese a estar pouco valorado tradicionalmente).
Elixir contidos interesantes e presentalos de xeito atractivo.
Incorporar as novas tecnoloxías e recursos diversos, aos que estes estudantes son moito máis receptivos
Xestionar axeitadamente os métodos didácticos
Relacionarse construtivamente cos alumnos.
Titorizar aos alumnos, de xeito que poidan ter un titor que os oriente e siga o seu proceso de aprendizaxe.
Avaliar aos alumnos (un dos aspectos no que agora están máis frouxos os docentes).
Reflexionar e investigar sobre a propia docencia e implicarse institucionalmente.
Ao fío da conferencia presentouse o libro Competencias docentes docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional editado pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, no que se abordan os novos retos do EEES.
Etiquetas: eees, universidade, tic, zabalza
A escola na rede (CFR de Ferrol)
O ano pasado contaba  sobre a miña asistencia á charla impartida por Jordi Adell en ferrolterra. Gardo moi bo recordo daquela visita ao IES Sofía Casanova .
O que non pasara polo meu maxín naquel intre era que un ano despois ía volver a visitar o mesmo salón de actos, neste caso compartindo o papel de relator coa amiga Lucía Blanco.
Agradézolle aos responsables do CFR de Ferrol que nos convidasen e que nos tratasen o ben que nos trataron. Cando un está a gusto, o traballo sae moito mellor.
A nota de prensa enviada polo CFR informando sobre este evento o pasado día 10 dicía asi:
"O Centro de Formación e Recursos de Ferrol convocou unhas xornadas formativas dirixidas ao profesorado co obxecto de adentrarse nas posibilidades e futuro da internet no eido educativo. con estas xornadas procurarase reflexionar acerca das posibilidades da rede no desenvolvemento da competencia dixital e tratamento da información.
A través das catro conferencias coas que contará a actividade irán xurdindo debates en torno a diferentes aspectos relacionados coa realidade educativa e a integración das TIC.: neste sentido abordaranse aspectos como a competencia dixital e tratamento da información, a Internet como espazo educativo e amosaranse algún proxectos pilotos e experiencias salientabeis na integración das TIC nos centros educativos.
As xornadas terán unha duración de de 10 horas e serán certificadas polo CFR de Ferrol. Para matricularse o profesorado pode facelo dende a páxina web da Consellería de educación http://www.edu.xunta.es/fprof "
Nunha próxima anotación contarei sobre a charla que tivemos o pracer de manter Lucía e máis eu cos asistentes este xoves 17 de xaneiro  "Tecendo a rede con ferramentas 2.0"
O vindeiro 21 tócalle o turno a Antonio R. de las Heras da Universidade Carlos III "Un modelo de integración das TIC en educación"
O 24 de xaneiro, volveremos a ter por ferrolterra a Jordi Adell que falará sobre "Competencia dixital na era da web 2.0
E para finalizar esta xeira de charlas e conferencias teremos a Fernando G. Paez e José Manuel Bouzán Matanza, que nos falarán sobre "O papel dos coordinadores TIC"
Etiquetas: CFR, Ferrol, web20, TIC, educación, competencias, formación
II xornadas de TADEGa con regalo incluído
<object classid="clsid:D27CDB6E-AE6D-11cf-96B8-444553540000" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,29,0" width="425" height="355"><param name="movie" value="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=tadega-119796736244729-2" /><param name="quality" value="high" /><param name="menu" value="false" /><param name="wmode" value="" /><embed src="http://static.slideshare.net/swf/ssplayer2.swf?doc=tadega-119796736244729-2" wmode="" quality="high" menu="false" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer" type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="355"></embed></object>
Etiquetas: tadega, TIC, diversidade, asociación
Os amigos de El Tinglado finalistas no Edublog Awards 2007
Vaia Tinglado!! As cousas ben feitas, ás veces teñen unha boa recompensa.
Síntome moi contento de que os amigos do Tinglado opten ao triunfo final.
Para conseguilo é necesario apoialos!!! E merecen que os apoiemos por moitas razóns, algunhas das cales as apuntaba Lourdes : porque se trata dunha experiencia colectiva dentro do mundo educativo, co esforzo que iso conleva; porque os seus artífices, comparten con todo o mundo sen agardar nada a cambio.
Porque é un colectivo próximo, accesible, deses que che acollen cos brazos abertos cando te achegas. Porque o blog e as súas propostas son realmente as mellores:
VOTA AO TINGLADO!!
Etiquetas: tinglado, premios, edublogs
Blogs e Educação: Uma entrevista
Na súa Boteco Escola , Jarbas ofrécenos desta vez unha entrevista que lle fixeron hai algún tempo, sobre a súa visión das bitácoras e os usos que se lles dá ás mesmas en distintos ámbitos, entre eles, e sobre todo no educativo. Non ten desperdicio, Jarbas consegue trasladar a súa visión da utilización dos blogs de forma clara, aporta exemplos moi interesantes de utilización das bitácoras no mundo do ensino e mantén a idea, que comparto totalmente, de ter presente que se trata de ferramentas favorecedoras de procesos de Comunicación con "C" maiúscula. A entrevista apórtanos as reflexión de Jarbas sobre a cuestión, a posta en valor da imaxinación para a utilización das diversas ferramentas e recursos que temos ao noso alcance para adecualas aos nosos propósitos. O ton da mesma, sempre correcto, deixa entrever un certo aire subversivo, como a propia natureza destas ferramentas. Gostei da súa lectura.
Os blogs em educação não devem ser nem pedagógicos, nem didáticos
- Que tipo de recursos os blogs oferecem e que podem ser aproveitados no processo pedagógico? (aspectos técnicos e sociais)
"... Há educadores que acham que basta colocar um blog no ar para que as coisas aconteçam de um modo novo e surpreendente. Ou acham que pedir aos alunos para que estes produzam blogs é um modo novo de fazer educação. Não é. Usar ferramentas sem imaginação é uma forma de matar na raiz a possibilidade de abrir novos caminhos de aprendizagem."
Grazas Jarbas, por compartir.
Etiquetas: blogs, conversa, edublogs, exemplos, usos, comunicación
Entre o encerado e o ciberespazo: entrevista a Lourdes Barroso
O outro día, despois dunha xornada moi dura, chegou unha conversa que me fixo virar o día. O mal rollo da xornada, transformouse en risas e unha charla distendida que me serviu para descansar mellor esa noite.
A charla era coa amiga Lourdes Barroso , unha das persoas que está a tirar do carro de Aulablog . Comentábame, nesa conversa, sobre unha entrevista que lle estaban a facer para un medio de comunicación (e botamos unhas risas). Por suposto, estiven ben atento á prensa do día para ver onde e como saía esa reportaxe.
Onte esa entrevista "Entre la pizarra y el cibersespacio" saía publicada en elmundo.es
Estou encantado de que o traballo de currantas e currantes do ámbito educativo, neste caso do ámbito das TIC na educación, como é o caso de Lourdes se vexa recoñecido públicamente nos medios.
Parabéns polo teu traballo Lourdes !!
Etiquetas: edublogs, ensino, online, aulablog