Blogia
Sekeirox

Salvemos ó animal

Esta historia, foi escrita cando aínda non se sabía que pasaría o que pasou. É unha histria que pasou polo meu maxín hai xa tres anos bos. Aí vos vai
¡Salvemo-lo animal!

É verdade que o tempo pon a cadaquén no seu sitio... Este pensamento asáltame case que tódolos días cando ergo a mirada dos meus libros, para botar unha ollada pola fiestra deste edificio cheo de cultura encriptada.
O que outrhora ía sempre cunha camisa nova mirando cara ó sol, e que saíra da bisbarra ferrolana para instaurar un sistema terrorífico e espallar a inxusticia pola hispania de mediados do século que estamos a rematar; segue ahi, a pesar dos pesares; continúa erguido no seu cabalo no mesmo sitio de sempre, na mesma postura; ainda que algo está a cambiar... pouco a pouco a ferruxe estalle a chegar ós c...ostados.
O seu busto, infinitamente venerado por algúns e odiado por outros, é agora o lugar preferido polas almas de tantísimos españois reencarnados en gueivotas, que veñen ex profeso, para depositar ali, día tras día, os seus excrementos.
¿E que dicir da montura? Ó pobre equino non lle queda outro remedio que aguantar e aguantar o peso de tan insigne opresor, ainda que non queira.
A cola do animal fica ergueita, tal como se quixese colaborar na tarefa das gueivotas, e manchar, ainda máis, ese chan polo que está a pasar sen pasar; ese camiño que os leva a algures onde nunca acaban de chegar.
¿E pregúntome..., non será tempo de librar de tanto sufrimento ó animal? ¿Non será momento de axudar a ese cabalo a atravesar dunha vez por todas a Plaza de España?

1 comentario

Raquel E. -

Listada en Bitacoras.com :)