Blogia
Sekeirox

A asiática chegou á miña casa

A  asiática chegou á miña casa Ninguén a convidou a pasar as últimas dúas semanas na miña casa, máis o pasado xoves 13, instalouse no cuarto do lado. O caso é que debémola tratar tan ben, que non quixo marchar.
O asunto é que me debeu pillar ben, xa que dende o luns estou coa asiática na cama.
O luns empeceime a sentir mal, o martes pior, o mércores para o arrasstre, o xoves, .... mellor esquecer o xoves; e hoxe, por fin empezo a recuperarme.
O malo do caso é que se nega a deixar a miña casa, e segue a traballar noutros corpos para cumprir ca súa misión: sobrevivir.
A verdade é que a vida dos virus é fastidiada, e a dos virus da ghripe, non é unha excepción; son unha perdición para o corpo que ocupan, podéndolles causar a morte, pero ó mesmo tempo eses mesmos corpos son a súa salvación.
Son seres incompletos que precisan dos demais para se reproducir, xa podían ser máis agradecidos cos seus caseiros,...
Pero en fin, o pior xa está a pasar, para a próxima vez haberá que acudir ó centro de saúde a se vacinar, porque sabedes que por unha vez acertaron coa cepa que nos está a amolar. ¡¡Benaventurados os vacinados este ano!!!

0 comentarios