Blogia
Sekeirox

¡Pra A Habana!

¡Pra A Habana! Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
e a manta da cama.
Vendéronlle o carro
e as leiras que tiña,
deixárono soio
coa roupa vestida.
- María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de gañalo.
Galicia está pobre
e á Habana me vou...
¡adiós, adiós prendas
do meu corazón!

(de As viudas dos vivos e as viudas dos mortos -Follas Novas-)
Rosalía de Castro (1837 - 1885), principalmente nos seu Libro Follas Novas, expresa os sentimentos persoais e os seus plantexamentos diante da vida, sen deixar de lado a temática reivindicativa e social propia da súa outra obra máis representativa: Cantares Gallegos.

1 comentario

dorfun -

gústame a escolma que estás a facer! sempre é bo lembrar... ainda que doa!