Blogia
Sekeirox

Educación: información, coñecemento e comunicación

Vía Fabián, accedo á entrevista a Elena García, publicada en educar, do que destaco dúas reflexións que me parecen moi interesantes, nas que se pon a énfase na producción como base da xestión da información e o coñecemento.
[...] O alumno debe entrar en internet e baixar información, e hai que pedirlle que compare, que analice, que saque as súas conclusións, e non esquecerse de que tamén en internet se pode publicar, entón hai que incentivar a producción para amosar e compartir cos que non están na aula.
[...] creo que o camiño é propoñer situacións que provoquen moito a producción, que a xente se recoñeza a sí mesma reelaborando os contidos, adaptándoos á súa idiosincrasia, á súa concepción da vira, e lles dea un valor engadido fundamental: a súa propia percepción.

0 comentarios