Blogia
Sekeirox

"Unha certa envexa"

Comentábo ontes dorfun na súa dorfunteca, e despois Francisco Muñoz, en aulablog21 afondaba no tema falando de extreblog.
Doulles a miña enhoraboa a todos os que dispoñen de plataformas ao alcance da súa man e do seu bolsillo, para poder expresarse; mais non podo deixar de sentir unha certa envexa, pensando que en Galicia, a pesar da riqueza e variedade do "blogomillo", aínda non contamos (que eu coñeza) cun servizo gratuito, estable, e sen ánimo de lucro, que sirva de base ou soporte aos blogheiros galegos e non galegos (dende Galicia, en galego e que que abranga todas as temáticas imaxinables).
Creo, que estas iniciativas deberan vir dende arriba (dende os diferentes "arribas": administracións, servizos sociais, servizos educativos (a tódolos niveis),... que é onde están os nosos recursos; o caso é...: Hai a vontade? Interesa fomentar o uso masivo deste tipo de medios de expresión e comunicación? Interesa facilitarnos unhas ferramentas cun enorme potencial tanto constructivo, como subversivo? Quen se atreve a dar o paso con todas as consecuencias?
Ata que esto suceda, teremos que apañarnos (que non é pouco) cas iniciativas individuais e de pequenos grupos "inquietos" (nos distintos ámbitos da sociedade) que poñen toda a súa vontade en defender a liberdade de expersión (con maiúsculas), e que son conscientes de que a expresión, a crítica e a construcción compartida, son algunhas das bases da saúde da sociedade. A todas estas persoas e grupos: grazas.

1 comentario

Suzana -

Oi Carlos! Aqui no Brasil também é difícil encontrar meios e ferramentas para constituir blogs ou wikis que sejam simples, completas e gratuitas. E, muito menos, o incentivo para a expressão, seja provendo espaço para hospedagem, seja em verbas para projetos.
abraço,
Suzana