Blogia
Sekeirox

Seguir o díxome, díxome que lle dixeran...

Vía weblogg-ed, Will fálanos dunha aplicación que, aos que nos gusta o tema dos roteiros, do mapeado, da orientación (sobre todo no ámbito das pesquisas), nos pode servir de gran axuda. Trátase do Blogpulse's Conversation Tracker. Esta ferramenta permite saber se alguén está a comentar o que outra persoa comentou sobre o comentado a propósito dun post determinado...;)
Cando un blogger publica un post e outros bloggers o ligan, o post en cuestión pasa a formar parte dunha conversa. Os posts que ligan ao "orixe", tamén son ligados podendo seguir a rota de comentarios nunha especie de esquema de "sangrías". ¿Cantas veces nos temos atopado coa necesidade de balizar as conversas a fin de seguilas completamente? ¿cantas veces, nos atopamos na mesma situación que Lilia propón en Mathemagenic? Con este tipo de ferramentas, o camiño pode quedar máis claro...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

xacaes -

Recollo do "controvertido" (por iso dos comentarios que está a xerar) post no blog de Enrique Dans http://edans.blogspot.com/2005/04/mis-herramientas-imprescindibles.html, a idea das conversas que se xeneran a raíz dos comentarios en torno a un post; e a recolleita que fai das ferramentas que utiliza para poder facer este seguimento.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres