Blogia
Sekeirox

De vacacións (II): Usos dos blogs no ámbito educativo

Hoxe tocou abordar algunhas desas tarefas "para as que nunca tes tempo": facer certas compras, realizar algúns trámites,...; tamén houbo un oco para visitas varias; e por sorte puiden facer unha das cousas que máis me gustan: recargar pilas na Frouxeira en boa compañia.
Entre tarefa e tarefa, puiden revisar outro dos artigos que tiña pendentes nos recortes do recolledor, e a verdade é que foi un tempo ben invertido. Por suposto, tamen irei facendo algúns apuntes ao respecto no meu CiteUlike durante estes días. O artigo en cuestión, bueno en realidade os artigos en cuestión foron: Blogs @ Anywhere: High fidelity online communication e dos dous posts que James Farmer publicou en Incorporated Subversion e en Blogsavvy a propósito deste artigo: How NOT to use blogs in education e How you SHOULD use bloggs in education. A valoración: estupendos, tanto os posts como os comentarios e o debate suscitado a través dos mesmos. Realmente interesante.
Os artigos recollen unha revisión de varios estudos realizados no ámbito da pedagoxía con respecto ao uso de blogs na docencia. James, toma como referente tamén uns estudos que están a levar a cabo na University of Technology Sydney e outro da Deaking University (que haberá que seguir de preto). O autor centra a súa análise do uso dos blogs atendendo á súa vertente comunicativa, xa que no que lle interesa afondar é nas dinámicas comunicativas dos blogs e das súas tecnoloxías asociadas e o seu impacto nos entornos de ensinanza - aprendizaxe online.
O mellor de todo é que estas lecturas me serviron, (xunto con algúns dos últimos posts de Juan Freire como: Las meta-universidades: filtrado y agregación de contenidos externos, tamén de recomendada lectura), para animarme a retomar unha vella "idea" (intención, ilusión), de ir recollendo todas as iniciativas de incorporación de blogs ou servizos e blogs nas institucións educativas que van aparecendo cada día (a nivel internacional e nacional; comenzando polo nivel universitario para continuar coa educación secundaria, primaria e infantil); recoller se a súa introdución se fixo a nivel institucional, ou por iniciativa de profesores aillados; recoller se existe unha planificación do que se pretende facer con estas ferramentas ou non; o tipo de ferramentas que usan, e como as usan (por exemplo se fomentan o uso de blogs individuais ou blogs colaborativos, ou a modo de planeta de blogs ou metablogs,...) ...Algo máis?.
Teño visto listados de blogs de institucións, e por suposto de profesores que teñen blogs a tódolos niveis, pero coido que iso non abonda, neste caso trataríase de darlle a ese listado o valor engadido do fácil acceso á información sinalada. Sei que esta é unha idea ¿ambiciosa? e supoño (sei), por suposto, que esta é unha idea compartida por moitas persoas; e o que teño claro é que para desenvolvela é necesaria a participación e colaboración de varias destas persoas; por tanto gustaríame animar a todo aquel que o desexe, a aportar ideas para, de forma colaborativa, ir pensando e desenvolvendo esta recolleita da forma o máis cómoda, inxeniosa, rica e sobre todo aberta posible.

2 comentarios

Carlos -

Coincidimos no tema do wiki Juan; a pesar de que non teño moita experiencia con wikis, irei mirando opcións para crealo, ...a ritmo de "vacacións" ;)

Juan Freire -

Me parece una buena iniciativa. Para hacerlo de modo colaborativo, se podría crear un wiki donde, siguiendo unas normas mínimas, se expliquen las características de cada proyecto. Podría asociarse un gestor de marcadores o referencias (tipo del.icio.us o CiteUlike) como índice (quizás con alguna marca específica del proyecto)