Blogia
Sekeirox

UDCDspace: o repositorio dixital da Universidade de A Coruña

LogoUDCDSpace

Se o outro día falaba de MOREA , o repositorio de obxectos "para reutilizar con fins de ensinanza", presentado pola Universidade de Santiago ; vía Juan Freire , dou con UDCDSpace : o repositorio dixital da Universidade de A Coruña . Trátase, segundo a definen os seus responsables, dun "sistema que proporciona de xeito estable e seguro a preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC, e facilita a súa accesibilidade en Internet".

Este sistema de repositorio dixital de documentación científica está baseado en DSpace, e permite almacenar, indexar e distribuír contidos dixitais. Que se pode facer, segundo se desprende da información que nos aportan en DSpace:

  • Institutional Repositories (IRs)
  • Learning Object Repositories (LORs)
  • eTheses
  • Electronic Records Management (ERM)
  • Digital Preservation
  • Publishing
  • and more

Este sistema emprégano moitas institucións a nivel mundial, como por exemplo o MIT. Trátase dunha tecnoloxía Open Source, e segundo comenta Juan Freire, adáptase fácilmente ás necesidades de cada institución.

De momento, na UDC mostran de forma aberta (con protección de copyright), unha serie de recursos agrupados no que denominan: comunidades e coleccións. en cada unha destas comunidades, dividen os materiais en: Artigos; congresos e conferencias; documentos de traballo; e Libros, capítulos etc...

As buscas (conta cun sistema de busca avanzado) pódense facer por: palabras chave, autor, título, materia, resumo, serie, partocinador, identificador ou idioma.

Como resultado da petición de busca, o sistema ofrécenos información sobre: o título, os autores, as palabras chave, a data de edición, a cita bibliográfica, o resumo, o seu URI (identificador uniforme de recursos), a colección onde aparece, datos sobre o arquivo e unha ligazón ao recurso; ademais pódese acceder aos metadatos (dc) do recurso (mostrar o rexistro en formato completo)

Juan Freire indícanos no seu post que o proxecto UDCDspace é en realidade iniciativa dun grupo de persoas da UDC (os bibliotecarios Carlota Balsa, Xaquín Lores e Javier Uranga, e Vicente Guerreiro, do Centro de Cálculo da Facultade de Informática).

Con este sistema, sinala Freire, "crearon en realidade un servizo de xeneración de páxinas web personais que pode ser utilizado por persoas sen ningún coñecemento sobre o tema. Cada profesor e/ou grupo pode publicar os documentos que considere convintes. Por outra banda, o sistema de autoarquivo que utiliza DSpace fai posible unha alta visibilidade dos documentos en buscadores e polo tanto permitirá incrementar o seu impacto".

Haberá que estar atentos á súa evolución e desenvolvemento; e sobre todo ao seu impacto, tanto na propia institución coruñesa, como a nivel autonómico (a verdade é que gostaría de probar esta ferramenta).

O perfil dos promotores deste proxecto, e o dos promotores do repositorio de obxectos de aprendizaxe MOREA, tamén creo que é un tema ben interesante para o debate, xa que o enfoque de ambos proxectos e a súa execución dependen en boa medida do punto de vista dos seus promotores e dos seus intereses.

1 comentario

dorfun -

...a reciclaxe e o aproveitamento de recursos, porfin accesible para todo o mundo...

...cando se darán conta que o coñecemento é sinónimo de compartir!...