Blogia
Sekeirox

Tradutor apertium galego - español

A Universidade de Vigo ven de poñer á nosa disposición esta impresionante ferramenta: "apertium ", desenvolta de forma conxunta entre o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e o Grup d’investigació Transducens da Universitat d’Alacant.

Trátase dun magnífico tradutor de galego a español (e viceversa, por suposto). Pódense traducir textos escritos directamente ou copiados; ficheiros (en formato de texto, html e rtf); e temos a opción de navegar pola web con tradución. Magnífica ferramenta.

Como sempre, que falamos de tradutores, non se trata de usar só o tradutor, senón de utilizalo como un complemento máis, xunto cos correctores ortográficos e demais ferramentas lingüísticas que temos á nosa disposición.

Aqui vai un exemplo: A páxina de entrada de El Mundo.es, tras pasarlle o tradutor...

6 comentarios

Air Jordan shoes -

Treasures today, treasures the life, treasures you to have all.

traduce que traduce -

Este tradutor fuciona moi ben. Estan moitas universidades e empresas detras del. ollade en www.opentrad.com a traducir a traducir o que nos veña diante

batea -

xa teño outra ferramenta máis para "chulear" co meu galego no Chat da Voz. Como dixo Rodrigo, o tradutor furrula moi ben e con rapidez. Agora a esperar que vaian "enchendo" a base de datos.

Carlos -

Certo Rodrigo, ... a pesar de recibir certos - peros -, por exemplo polo - reducido - número de termos que ten na súa base; paréceme realmente boa. E supón un sólido (os promotores e desenvolvedores son de peso) punto de partida.

Rodrigo -

Moi boa. Estouna probando e parece que funciona moi ben.