Blogia
Sekeirox

Documentación e materiais sobre Moodle

O bon de seguir as pegadas dun monstro como Anibal (que entre outras cousas, é un dos pesos pesados da comunidade de Aulablog ), é que sabes que sempre che vai sorprender con algo interesante. Do seu "nivelaso" no uso e ensinanza da plataforma Moodle , xa teño falado por aqui, o os que o coñecedes, sabedes tamén que ten un blog adicado ao "mundo Moodle": o seu Moodler blog .

Nesta ocasión, sorprendeunos gratamente ao compartir con todos nós unha serie de materiais sobre Moodle presentados a modo de titorial. Estiven a seguilos, e quedei impresionado, tanto polo que ali se conta (aínda que que un tamén ande neses "fregaos" sempre se aprende dos Monstros), como (e sobre todo) pola forma en que se conta.


Anibal é un Mestre; ten a cualidade de achegar o que sabe á súa audiencia de forma sinxela; como adoito a dicir: faino fáaacil.

Grazas Anibal por liberar e compartir estes materiais html, os PDF e as animacións. Todo un luxo

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Carlos -

Ola Andrés, efectivamente, nestas lerias andamos ;).
A ligazón ao gabinete de informática de Fernando Santamaría é unha das miñas visitas obrigadas grazas ao meu Feedness. Sen dúbida un moi bo recurso, e tamén un bo descubrimento para min. Grazas pola ligazón

andrés -

Parece que estás interesado na educación, as novas tecnoloxías, etc... aquí che envío un enlace a unha web moi interesante: http://www.gabinetedeinformatica.net/

hai moitos recursos interesantes. Realmente foi un descubremento. Espero che sirva de algo.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres