Blogia
Sekeirox

Xornadas Monográficas: Novas tecnoloxías e xestión cultural

Hai uns días convidáronme a participar na Xornada monográfica “Novas tecnoloxías e xestión cultural” que terán lugar mañá venres 15 de setembro de 2006, nas salas da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña , dentro do Plan Formativo 2006 de Interea. As xornadas van destinadas ao persoal técnico e os responsables políticos da Área de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico - Artístico dos concellos da provincia da Coruña.

Pedíronme que propuxese un obradoiro de creación e xestión de blogs; e iso tentaremos facer durante dúas horas e media. Tras unha, espero que breve, intervención pola miña parte, na que tentarei trasladar o meu parecer sobre o proveito que lle poderían sacar os asistentes a estas ferramentas (e os seus "clientes", que en realidade somos todos os cidadáns); os elementos básicos que compoñen un blog e se nos dese tempo algúns dos elementos complementarios ou tecnoloxías que utilizamos de forma conxunta cos blogs, que dentro da Web 2.0 ou non, nos fan a vida e o noso quefacer diario un pouco máis agradable. Na parte máis "práctica" espero que os asistentes o pasen, polo menos, tan ben coma min "trasteando" con estas ferramentas.

 


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Carlos -

Ola Catuxa!! vin o teu comentario cando xa ía a sesión media ventilada :(
En todo caso contarei máis detalles das distintas participacións que puiden ver.
Do que fixen e dixen ali, parece que a xente quedou contenta ;)

Catuxa -

Quero ir!!! ¿podo asistir ainda que sexa como ointe?
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres