Blogia
Sekeirox

Blogs e ferramentas 2.0 nos centros

Cada vez son máis os profes que deciden utilizar o tempo das súas materias optativas ou das súas tarefas adicadas á orientación dos alumnos, precisamente a eso: a orientalos no manexo, uso e disfrute das tecnoloxías que van saíndo todos os días.

  • Isidro Vidal ofértalles aos seus alumnos de 2º da ESO un obradoiro de blogs . O programa vaise centrar na creación de blogs individuais e colectivos; aprender a publicar texto, insertar imaxes, audio e video. Traballar con servidores gratuitos para aloxar multimedia: Odeo, Youtube ou Google video, Flickr e utilizar os servizos destos para os blogs. Isidro creou o seu propio blog para o desenvolvemento do obradoiro de blogs .
  • Felipe Zallas, aproveita a optativa Redacción y diseño de prensa que se imparte na ESO na Comunidade Valenciana, facendo unha reorientación da súa proposta inicial cara ao seguimento da evolución que está a experimentar os medios de comunicación (prensa dixital, radio e TV por Internet...) e da aparición de novos medios (blogs). Despois dos tanteos iniciais que se poden seguir nas evolucións deste blog de aula: En el Villena, desenvolto o curso anterior, Felipe elaborou esta innovadora (no que se refire a traballo na aula ou fóra dela) proposta ou programa para o curso que comeza.
  • Dende o Departamento de Orientación do García Barbón de Verín (Ourense), Daniel Veiga ofrécelles aos seus alumnos esta interesante proposta para "Orientarse en Internet" . A proposta inclúe unha introducción a internet; o correo electrónico: Yahoo e Gmail; Como crear un blog con Blogia; Aprender a buscar información na rede de xeito automático con Bloglines; Aprender a buscar información en internet; Ofrécelles unha serie de recursos de información académica e profesional; e o traballo con outras ferramentas enmarcadas dentro das denominadas da Web 2.0

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

Carlos Santos -

O pracer é meu de tervos como referencias ;)

Isidro Vidal -

Hola Carlos
Gracias por la referencia. Saludos cordiales

Daniel veiga -

Moitas grazas por anotar o noso proxecto "Orientarse con internet". Durante o curso 2005/2006 xa traballamos nesta liña.
Unha aperta
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres