Blogia
Sekeirox

Máis sitios, ferramentas, experiencias

Estes días andiven bastante leado en varios temas, (tantos que xa me están a preguntar na casa: qué carallo fago tantas horas metido neste meu cuarto de traballo). Cando lles digo que intento non perder o fío do que se mexe na blogosfera educativa, primeiro míranme con cara de Sorprendido ou de Sin palabras e sigo outro rato coas máis de trinta e pico pestanas do Firefox abertas, as catro conversas simultáneas que manteño polo chat de Gmail, a miña música, a conversa por Skype e o Feedness,... ¡¡veña a apuntar cousas novas!! (é certo que asi non se pode).

A fin de mapear o terreo e non perderme, vou citar algúns dos sitios polos que pasei e botei un bo rato (ademais dos destacados no del.icio.us; algunhas ferramentas coas que estiven a trastear e algunhas lecturas coas que estiven a encher os ocos baleiros ;).

Sitios:

  • Por suposto, son de obrigada visita, todos os sitios que pasan a formar parte do Planeta Educativo .
  • Foi un pracer encontrarme co blog desta Escola dos Caracois (EI) . Vexo que contan cun portal no que nos ofrecen un montón de interesantes recursos para o traballo nas aulas de Infantil.
  • E foi outro pracer reencontrarme co Redactor dixital que xa visitara hai algún tempo.
  • Por suposto, tamén de obrigada visita os novos blogs abertos polos diversos blogfesores máis experimentados, para as súas novas andainas deste novo curso académico; nesta ocasión destaco o Blog de Fol da "blogfe" Lourdes .

Ferramentas:

  • Non coñecía o Tabblo , unha bonita e completa ferramenta para traballar con fotos e acadar presentacións personalizadas e coidadas. Achegueime a ela grazas a Jose Cuerva (o mestre das fotos).
  • A mellora da interface de Google Reader , xunto coa súa integración con outras ferramentas da mesma familia, fai deste agregador un serio candidato a facernos a vida un pouco máis cómoda e polo tanto, unha seria opción a ter en conta á hora de escoller un lector de sementes RSS.
  • O novo OpenOffice 2.0.3 en galego para Windows e o novo corrector ortográfico que nos ofrecen dende Mancomun.org .
  • Estiven a trastear co sistema de publicación de blogs Nireblog , (re)recomendada polo blogfe Paco e a verdade é que me quedou unha moi boa impresión, iso de dar facilidades para a xestión dos perfís, para a importación e exportación de blogs, facer copias de seguridade, facilidades para a edición dos contidos; para o tratamento das imaxes; e para a xestión dos diversos elementos do blog de forma tan intuitiva e visual, gustoume.
  • Outra ferramenta coa que estiven a trastear, grazas a Fernando Santamaría , é o YackPack . Todavía non lle collín o truco a esta ferramenta deseñada para xestionar conversas de forma asíncrona mediante mensaxes de voz e en torno a comunidades ou grupos. Os creadores da criatura avísannos das súas bondades no eido educativo . Haberá que afondar nela un pouco máis.

Artigos:

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Carlos -

Certo Marta, a min tamén me quedou unha boa impresión do traballo dos caracois; por certo, cheguei a eles da man de dorfun ;)

Carlos -

;) Aínda que este post teña pinta de que me estou a queixar (ai miña xoia...) non é ningunha queixa, levo esta forma de vida porque me gusta e me apaixona o que fago; tan só quixen plasmar o complexo que resulta compaxinar a nosa vida na rede co contorno que non "vive" na rede. O certo é que este é o meu modo de vida, que tento conxugar coa familia , que é o máis importante, e cos amigos. En canto ás relacións sociais saudables, ben sabes que cando estamos diante do ordenador na rede, realmente estamos diante de persoas coas que interactuamos (tamén vos considero relacións sociais saudables).
A ver cando quedamos e tomamos unhas cañas "saudables". Por certo se me achego pola estación de autobuses co meu trebello xa che darei unha chamadiña polo do "FONaquel" ;)
Unha aperta Dorfun

MARTA VIGO -

HOLA COMPAÑEIRO,COÑECIA O REDACTOR PERO NON O SITIO ESTE DOS CARACOIS,ECHE UN ESPAZO ACOLLEDOR, NON TRANSMITE FRIO COMO OUTROS QUE ESTAN POR AI DE RECHEO, PARABENS OS CARACOIS DAS ESCOLAS GALEGAS

dorfun -

...chegado un punto, hai que tomar decisións e pensar no que é realmente importante para tí, e o que tes que deixar de facer... se queres ter unha vida social saudabel... :D ...ánimo!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres