Blogia
Sekeirox

IMS Common Cartridge: novo estándar de contidos de aprendizaxe

Vía Octeto , entérome que o IMS Global Learning Consortium ven de anunciar que "o novo estándar de contidos dixitais de aprendizaxe Common Cartridge estará dispoñible en diversos produtos na primaveira de 2007. Para este fin, conta co compromiso de ANGEL Learning , Blackboard , Sakai , McGraw-Hill e outros desenvolvedores de software e de materiais de e-learning.

O novo estándar estará baseado en especificacións xa existentes: Content Packaging 1.2, Question & Test Interoperability 2.0 e Learning Object Metadata 1.0. E será, ademais, compatible con SCORM 1.2 y SCORM 2004. IMS/GLC confía en que o Common Cartridge facilite a produción e distribución de contidos para cursos nun formato común ampliamente aceptado".

Haberá que ver as reaccións por estes lares. 


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres