Blogia
Sekeirox

Búscase lector de sementes bo, fiable, de balde e amigable

Búscase lector de sementes bo, fiable, de balde e amigable

Menos mal que o Planeta educativo nos mantén ao día, e que as rutinas de visitas obrigadas, están máis ou menos establecidas; porque o que é o meu lector de sementes...: o Feedness leva unha tempada dando problemas e non atopo explicación algunha que me devolva a confianza depositada estes anos nesta ferramenta e os seus autores . Hai un mes ou por ahi, xa tiveran problemas co servidor, pero agora parece que o problema é máis serio. ¿Alguén sabe algo ao respecto?

Despois de ver o pulo e o interese co que se están a empregar os de Google (acaban de mercar tamén YouTube ) e de ter probado o ben que funciona o Google Reader , estou case que decidido a mudar de lector de sementes (a pesar do magnífico servizo prestado por Feedness ata o de agora). Outra opción a barallar é voltar ao clásico (pero actualizado) FeedReader , coa súa Beta 3.06 que ten versión en galego, ou recurrir ao Bloglines de sempre, opción que non me atrae demasiado porque aínda que cumple a súa función, levan moito tempo sen evolucionar nada, e iso nestes tempos xa sabedes o que implica.

Indeciso Acéptanse suxerencias ;)

Actualización das 16:30

Parece de broma pero non o é Riendo. Publicar esta anotación e poñerse o Feedness a funcionar foi todo un. Haberá que darlles outro voto de confianza, pero subscribo todo o dito anteriormente e será bo ter unha boa opción na recámara.

2 comentarios

Carlos -

Tomo nota da túa boa experiencia co Bloglines Fernando. Polo de pronto dispúxenme a crear semanalmente o arquivo opml que xenera o feedness para exportar todas as miñas sementes, antes de dar o paso.
En canto ao de Blogia, como ti dis, é outra historia e seguro que vai dar para outra anotación (das gordas).

Fernando -

Pasei por algo moi parecido con Feedness e non o pensei, quisen ir sobre seguro e acabei trocando estas vacacións de verán por Bloglines. Será o de sempre, pero sen punto de comparación.


Agora que tamén estoy empezando a sentir algo moi parecido con Blogia, pero eso xa é outra historia.