Blogia
Sekeirox

Obradoiro de bitácoras no Concello de Betanzos

Obradoiro de bitácoras no Concello de Betanzos

Código Cero, faise eco do obradoiro sobre blogs e ferramentas relacionadas, que se vai desenvolver no Concello de Betanzos, e que un servidor, con moito gusto, vaise encargar de conducir.

O obradoiro, que terá unha duración de 30 horas (que ben o imos pasar os sábados pola mañá dende o vindeiro 16 de decembro!!), constitúe a aposta da Concellería de Xuventude de Betanzos por "dar resposta ás demandas de formación recollidas na Oficina de Información Xuvenil" (OMIX). A actividade terá a súa sede na aula de informática do Complexo Cultural San Domingos. Trataremos de tirar partido do uso de ferramentas abertas e de balde, que os mozos teñen á súa disposición en Internet. Abordaremos o tema blogs dende diversos ámbitos, desmiuzarémolos para aproveitar o potencial de todos os seus elementos; tentaremos facer uso de ferraentas que podemos utilizar nas bitácoras e a idea é que cada participante no obradoiro ou grupo, elabore un pequeno proxecto que se traduza na realización e mantemento dun blog que se axuste tanto ao seu nivel de comptencias coma aos seus intereses e gustos. Como lema deste obradoiro, botei man da versión galega dunha das mellores frases que escoitei sobre a blogosfera, no ámbito do BlogAut : "No teu blog ou no meu? "Para máis información, cómpre contactar coa OMIX a través do teléfono 981 771 300, no enderezo electrónico: omixbetanzos@yahoo.es ou normalizacion@betanzos.dicoruna.es

Por suposto tamén podedes contactar conmigo ;)

Se algún outro Concello, organismo administrativo, agrupación, ... desexa desenvolver unha actividade similar, xa saben onde me teñen. A proposta formativa, coido que é ben interesante, e o seu desenvolvemento agardo que sexa enriquecedor para todos.

5 comentarios

Carlos -

Xa vos contarei como foi :)

dorfun -

...agardo que disfrutes!!! :D ...e que amoses qué novos inquilinos aparecerán no blogmillo...

Catuxa -

Que boa nova!, como xa dixen a miña volta do III Encontro sobre blogs xa vai sendo hora de que mirmeos cara ó pais veciño e copiemos as suas ansias de dinamizar a docencia e de captar de novo o interese dos nenos e xovenes, eles o estan a facer moi ben, lendote, parece que nos estamos tamen comenzando ;)

Carlos -

Nesta ocasión foi Betanzos quen deu o paso ao interesarse nesta proposta formativa. Agardemos que outros entes administrativos se sumen a este novo pasiño nos procesos de alfabetización dos cidadáns.

Daniel Veiga -

Interesante actividade formativa do Concello de Betanzos. Creo que é moi útil que os adolesecentes sexan quen de crear e manter o seu blog como unha ferramenta de aprendizaxe e diversión.
Noraboa para todos.