Blogia
Sekeirox

Recoméndase non apagar o mobil

Recoméndase non apagar o mobil

Resulta habitual en moitos espazos que nos rodean, ver carteis de: Prohibido o uso do mobil; ou Apague o seu móbil. Nas aulas, mesmo: - Como vexa ou escoite algún mobil...

Pois despois de ver novas como a que escoitei ontes na radio e da que se fixeron eco numerosos medios de comunicación, como por exemplo Galicia Hoxe , non nos debe estranar que en certas ocasións mesmo animemos, por exemplo aos alumnos, a levar consigo o seu mobil e a que o teñan aceso. Trátase de sacarlle punta a esta forma de acceso á información, e pensar con certa creatividade nos usos educativos que se lle pode dar a esta tecnoloxía presentada na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia. Como recollen no citado xornal, "calquera usuario que visite dende agora as mostras abertas na entidade acompañado dun teléfono móbil con tecnoloxía Bluetooth poderá recibir datos e ata material audiovisual sobre as mesmas no seu propio terminal". O sistema "facilita que os propios artistas sexan os que presenten a súa propia exposición", o cal constitúe tamén unha novidade interesante. Podería ser por exemplo cunha presentación en vídeo coma a que gravou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, para a exposición Galicia, a forza da palabra, dedicada ó centenario da institución.

Imaxinade, por exemplo esa clase de literatura, na biblioteca do centro, e ao achegarnos aos libros recomendados, cada alumno recibe no seu dispositivo mobil con bluetooth os comentarios do autor, do profesor ou do experto na materia; ou mesmo as indicacións para ir realizando o comentario...para imaxinar, pensar, reflexionar e soñar. Que usos se vos ocurren no eido educativo?
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres