Blogia
Sekeirox

Diálogos en Educación

 

Ontes, souben pola prensa: que dentro do programa do curso de formación do profesorado "Diálogos en Educación", organizado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol (CEFORE), (dirixido ao profesorado e membros das ANPAS; e impartido nas dependencias do IES Sofía Casanova), este xoves 25, tería lugar a xornada: "Os retos educativos na Sociedade do Coñecemento". Os poñente convidado para a ocasión, foi todo un luxo: Os que tivemos ocasión de asistir puidemos compartir a charla con Jordi Adell Segura. Do Centro de Educación e Novas Tecnoloxías (CENT) da Universidade Jaume I de Castellón. Tamén participaron na mesa redonda, Miguel Ángel souto Fraga (Delegado da Voz de Galicia); Eduardo Crego Alonso (Profesor de Matemáticas do CPI Monte Caxado) e Xoán Carlos Albarellos Codesido (Asesor TIC do CFR de Ferrol).

Jordi Adell, demostrou as súas dotes de gran orador, e amenizou unha conversa axeitada ao nivel da maioría dos asistentes. Fixo un percorrido evolutivo das tecnoloxías da información e da comunicación, partindo das primeiras mostras escritas ata chegar aos nosos días; e fixo fincapé na aceleración progresiva que van adquirindo os cambios conforme nos achegamos aos nosos días e dende as orixes da escritura. Falou da relación recíproca entre os cambios que as persoas imprimen nas tecnoloxías e nos cambios que estas provocan nas persoas.

Abordou a temática da fenda dixital e detívose na reflexión das formas de vivir dos rapaces de hoxe en día (nativos dixitais) con respecto aos inmigrantes dixitais (case que a maioría dos asistentes á charla).

Falou do cambio que se debe dar nas formas de facer na escola, atendendo ás novas realidades que nos atopamos nelas; fixo fincapé nas novas realidades de alfabetización dixital.

Aproveitando o comentario de que estarían a facer os fillos dos asistentes ao evento, fixo un percorrido polas ferramentas máis utilizadas no contexto da denominada web2.0 incidindo no seu carácter eminentemente participativo e social.

A raíz do debate suscitado, comentou que o problema máis gordo non son os medios en si mesmo, senón o que estes aportan ao discurso dos docentes, como estes poden axudar a plasmar a creatividade necesaria dos docentes de cara a aportar solucións imaxinativas e colaborativas que atendan ás necesidades dos rapaces. Falou, de forma sucinta, de posibles propstas didácticas participativas, como poden ser as Webquests, "xa que para facer o mesmo que se ven facendo ata o de agora nas aulas, pero utilizando novos medios, pois mellor adicar os esforzos a outras cuestións xa que non se mudaría nada ou case nada; e a escola seguirá a estar desfasada".

Fixo unha defensa da súa forma de ver a vida, na procura dunha sociedade máis libre, máis informada e máis feliz, dende a defensa da filosofía do software libre. E amosou a súas dúbidas sobre o éxito de propostas dirixidas dende arriba e que coa participación dos monopolios editoriais, pretenden aglutinar o esforzo creador dos profesores. Apostou pola colaboración e cooperación a pé de aula, de centro, de contornos de intereses compartidos, vaian crean do un fondo que chegue nalgún momento a convertirse nos materiais de referencia para os profesores que o desexen.

Nos comentarios xurdidos a raíz das diversas intervencións puiden escoitar en voz alta (ata o de agora só o oira en forma de runrun) que a administración educativa galega vai apostar decididamente polo software libre, e vaille ofrecer aos profesores a posibilidade de utilizar Drupal como xestor de contidos e Moodle (entre outras) como plataforma de ensinanza en liña.

Gustoume a experiencia. a verdade é que me colei na festa (non estaba apuntado nin asistía para conseguir o ansiado papeliño, senón porque realmente quería escoitar en directo a Jordi Adell, que é un referente e un gran orador.

Polo que estiven a ver no programa do curso, é posible que me cole (se me deixan) nalgunha outra das xornadas, que tamén contan con persoas de renome no eido educativo:

Febreiro:

Xoves 15. "As competencias básicas do alumnado, un referente para avanzar"- Jaume Sarramona i López. (Dpto de Pedagoxía Sistemática e Social da UAB); Germán Castro Tomé (Director Diario de Ferrol); Mª Jesús Varela Souto. (Profa IES Fernando Esquío de Neda) e Xosé Ramos (Director do CFR de Ferrol)

Marzo:

Xoves 15- "A comprensividade e a atención á diversidade". Mariano Fernández Enguita (Facultade de Ciencias Sociais. Universidade de Salamanca); Germán Castro Tomé; José alejo González (Orientador IES Sofía CAsanova de Ferrol); Gemma Argüelles Botana (Asesora do CFR de Ferrol)

Xoves 29. "O reto da educación intercultural" (F. Javier García Castaño (Laboratorio de estudos interculturais. UG); Germán Castro Tomé; Ana Veira García (Profa. IES. Breamo Pontedeume); Mª José Souto Lorenzo (Asesora do CFR de Ferrol)

Abril:

Xoves 19. "A educación en valores, educar ou instruír?". Jurjo Torres Santomé (Facultade de Ciencias da Educación. UdC); Germán Castro Tomé; Alberto Sucasas Peón (Prof. IES Sofía CAsanova); ánxela Loureiro Fernández (Asesora do CFR de Ferrol)

Maio:

Xoves 10: "A avaliación nos centros educativos" Miguel ángel Santos Guerra. Facultade de Ciencias da Educación UMálaga); Miguel Ángel Souto Fraga; Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (Directora IES Mugardos); Francisco Castillo Rodríguez (Asesor do CFR de Ferrol)

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Jordan Trunner -

What a fun pattern! It's great to hear from you and see what you've sent up to. All of the projects look great! You make it so simple to this.Thanks!

maria del carmen rivera -

hola, estoy tratando de localizar a un viejo amigo nacido en España, cuyo nombre es Eduardo Crego. Lo conocí en Republica Dominicana. Si esta persona a la que busco es la que mencionan en este artículo, mucho le agradecería ponerme en contacto con él. yo resido en la República de Panamá.
Cel 6717-6959. Es importantantisimo contactarlo.

Gracias

Carlos -

Un verdadeiro pracer Jordi, terche por ferrolterra, asistir á túa charla, e que visitases Sekeirox. :)
Unha aperta para ti tamén.

Jordi -

Muchas gracias: eres muy amable.
Y el resumen de la charla, creo que es más comprensible que la propia charla :-)

Un abrazo.


Jordi.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres