Blogia
Sekeirox

I Congreso Galego de Educación Infantil 0 - 3

Os días 27, 28 e 29 de xuño celebrarase o "I Congreso Galego de Educación Infantil 0-3" no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

No portal galescolas.net temos acceso a esta información sobre o Congreso. Nesta edición teño o gusto e o reto de formar parte da organización. Agardamos que a participación sexa inesquecible.

Destinatarios:

Persoal das escolas infantís

Obxectivos:

  • Servir de punto de encontro a profesionais que desenvolven o seu traballo no primeiro ciclo da educación infantil.
  • Facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil.
  • Crear un foro de discusión teórica e práctica sobre a educación infantil.
  • Ofrecer técnicas de aplicación nas aulas.
  • Coñecer os últimos avances no ámbito da educación infantil.

Conferencias Plenarias:

Diversas persoas de recoñecido prestixio axudarannos a facer unha reflexión teórica e práctica sobre a situación da educación infantil 0-3 e a importancia dunhas boas prácticas no traballo das escolas infantís.

Relatores:

  • Lois Ferradás, decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
  • Quinto Borghi, coordinador pedagóxico das escolas infantís de Módena.
  • Vicenç Arnaiz, psicólogo.
  • Miguel A. Zabalza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC.

Paneis de Experiencias:

Un dos obxectivos do Congreso é o de facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil, e iso preténdese conseguir cos paneis de experiencias en que, a partir de pequenas comunicacións, moitas escolas infantís poidan poñer en común experiencias, reflexións e ideas sobre a súa práctica cotiá.

Obradoiros:

Desenvolverase algunha sesión de obradoiros alternativos sobre temas de interese para o traballo na educación infantil:

  • Expresión dramática e educación infantil.
  • Xogo heurístico.
  • Animación á lectura.
  • A música na educación infantil.

DOCUMENTOS DE INTERESE:

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres