
A vixencia desta coñecida frase de Castelao, é unha lousa para moitos galegos...
Político, pintor e escritor galego nacido en Rianxo. Pasou a súa infancia en Arxentina, onde viviu a emigración en primeira persoa. Licenciado en Medicina, cursou o doutoramento en Madrid onde comenzou a destacar como caricaturista e pintor, sendo a súa bandeira o humor, a sátira e a crítica. Entre outras participacións culturais, pertenceu ao grupo cultural Irmandades da Fala e foi director artístico da publicación Nós. Destacan as súas obras:
Un Ollo de Vidro (1922),
Cousas (1926),
As Cruces de Pedra na Bretaña (1929),
Retrincos (1934) e
Os Dous de Sempre (1934). Os álbumes
Galicia Mártir (1937) e
Atila en Galicia (1937). A obra teatral
Os vellos non deben de namorarse (1941). En 1944 publicou
Sempre en Galiza, obra cumio do pensamento galeguista e en 1948,
Alba de Groria. En 1950 publicou o seu último libro,
As Cruces de Pedra na Galiza.
23/07/2004 13:58.