Blogia

Sekeirox

Edublogs 2009: en Getxo

 

Roa 2006 , Ayerbe 2007, Santiago 2008, e no 2009... agárdanos Getxo. Durante os días 2, 3 e 4 de xullo, en Aulablog  estamos encantados de convocarvos a 4º Encontro de Edublogs 2009 , que se desenvolverá no IES Julio Caro Baroja de Getxo en Bizkaia.

A maxia que nos engaiolou noutras edicións estamos seguros de que este ano tamén estará presente, polo que decidimos volver a vernos, coñecernos e recoñecernos nun ambiente afable, cordial e cercano, onde o verdadeiro interese é o goce de atopármonos, de aprender e de compartir o que sabemos.

Visitade a sección creada especialmente para o encontro, Edublogs 2009  á que tamén podedes acceder dende o menú da esquerda.

Está aberto o prazo para que podas realizar a túa inscrición así como enviar unha  comunicación.

Comeza a conta atrás e as prazas son limitadas, só 100.

Queremos seguir tendendo pontes, ¡¡en Getxo!!

III Encontro de Edublogs 2008 - Santiago de Compostela

 

Roa 2006 , Ayerbe 2007 e en 2008... agárdanos Santiago de Compostela. Durante os días 3, 4 e 5 de xullo, Aulablog ten o gusto de convocarvos ao III Encontro de Edublogs 2008 , que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Educación da USC .

A maxia que nos envolveu aos participantes no Encontro de Edublogs 2006 en Roa de Duero, acompañounos e encheunos de enerxías no encontro de Ayerbe 2007, este ano, estamos seguros de que tamén nos acompañará, polo que decidimos volver a vernos, coñecernos e recoñocernos nun ambiente afable, cordial e próximo, onde o verdadeiro interese é o gozo de encontrarnos, de aprender e de compartir o que sabemos.

A temática central en torno á que se articula o III Encontro de Edublogs, que hoxe presentamos, é a creación de redes sociais educativas a través da utilización das ferramentas que nolo permiten. Conferencias, experiencias, obradoiros (redes sociais, blogs, wikis, ferramentas de autor, xestores de contidos, entornos virtuais de ensinanza - aprendizaxe, multimedia,.. ) e convivencia son parte da oferta recollida no programa deste Encontro.

Como se recolle na páxina de información relacionada co Encontro, xa está aberto o prazo tanto para a inscrición como para o envío de comunicacións .

Comeza a conta atrás e as prazas son limitadas. Agardámoste no camiño, en Santiago!!

 

 

Polo recoñecemento oficial das publicacións na rede

Polo recoñecemento oficial das publicacións na rede

Blogfesora e compañeira Lu.
Fai algún tempo, nunha anotación ou comentario na que falaba das forzas que somos quen de mover ao amparo da rede, que nos protexe e nos fai á súa vez máis fortes, falaba de ti, mellor dito de ti en relación ao teu traballo, aos teus proxectos, ao teu bo facer no eido das linguas e da utilización destas tecnoloxías que chegan cada vez a máis xente. Falaba de ti como referente (nalgúns temas) de tantas e tantas persoas, entre as que me inclúo.

O outro día Lu, cando lin a túa anotación, sobre o non recoñecemento (por parte da administración educativa) do teu traballo na rede como mérito do teu desenvolvemento profesional, tiven un sentimento de mágoa polo que podería estar pasando polo teu maxín; tamén de rabia polo que supón tanto para ti como para todas aquelas persoas que se podan atopar na túa situación (cada vez son máis os que planifican, desenvolven e comparten o seu traballo na rede).

O que non sentín foi sensación de sorpresa. Non tiven esta sensación, porque este incidente (accidente) que viviches e narraches "en calidade de... pringueision" é tan só unha consecuencia de "algo" que vimos dicindo e mantendo os que nos movemos pola blogosfera educativa. Ese "algo" é que imos (nalgúns eidos) un pasiño (máis ou menos longo) por diante da administración. Este "ir por diante" ten as súas vantaxes e inconvintes. Algunha vantaxe clara é, por exemplo, o sentir que estamos na punta de lanza (polo menos nunha das puntas de lanza) da innovación educativa; e iso fainos sentir ben, activos. Neste senso, case sempre "imos por fóra" do sistema, nun movemento subversivo marabilloso que nos mantén vivos e con ilusión.

Unha clara desvantaxe de ir "ese pasiño por diante nestas cuestións", é o que che aconteceu a ti e a outras moitas persoas, que non é máis que a constatación de que a administración educativa non está aínda preparada para certas cousas. Á administración cústalle cambiar, adaptarse, polo menos á velocidade que os tempos actuais o requiren.

Ante esta situación o que temos máis ou menos claro (moitos de nós), é que teremos que facer algo para que a administración mova ficha e dea ese salto que lle falta para que o que che aconteceu Lu, non siga pasando. O tempo e as tendencias convertidas en usos máis ou menos normalizados das ferramentas e usos que nos unen, irán dando paso a un recoñecemento máis que xustificado deste tipo de traballo que todos desexamos que se valore.

Mais non podemos agardar, senon axudar dalgún modo a que se visualice esta necesidade, por exemplo asinando no manifesto a prol do recoñecemento oficial do traballo na rede, ou engadindo as imaxes creadas para a campaña, entre as que está esta estupenda, (deseñada e traducida ao galego pola xentileza de Néstor Alonso)
O que che pido Lu é que o teu ánimo e a túa forza non decaigan e que o que fas, o sigas a facer a gusto e con ilusión.

Máis información:

 

I Congreso Galego de Educación Infantil 0 - 3

Os días 27, 28 e 29 de xuño celebrarase o "I Congreso Galego de Educación Infantil 0-3" no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

No portal galescolas.net temos acceso a esta información sobre o Congreso. Nesta edición teño o gusto e o reto de formar parte da organización. Agardamos que a participación sexa inesquecible.

Destinatarios:

Persoal das escolas infantís

Obxectivos:

  • Servir de punto de encontro a profesionais que desenvolven o seu traballo no primeiro ciclo da educación infantil.
  • Facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil.
  • Crear un foro de discusión teórica e práctica sobre a educación infantil.
  • Ofrecer técnicas de aplicación nas aulas.
  • Coñecer os últimos avances no ámbito da educación infantil.

Conferencias Plenarias:

Diversas persoas de recoñecido prestixio axudarannos a facer unha reflexión teórica e práctica sobre a situación da educación infantil 0-3 e a importancia dunhas boas prácticas no traballo das escolas infantís.

Relatores:

  • Lois Ferradás, decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
  • Quinto Borghi, coordinador pedagóxico das escolas infantís de Módena.
  • Vicenç Arnaiz, psicólogo.
  • Miguel A. Zabalza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC.

Paneis de Experiencias:

Un dos obxectivos do Congreso é o de facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil, e iso preténdese conseguir cos paneis de experiencias en que, a partir de pequenas comunicacións, moitas escolas infantís poidan poñer en común experiencias, reflexións e ideas sobre a súa práctica cotiá.

Obradoiros:

Desenvolverase algunha sesión de obradoiros alternativos sobre temas de interese para o traballo na educación infantil:

  • Expresión dramática e educación infantil.
  • Xogo heurístico.
  • Animación á lectura.
  • A música na educación infantil.

DOCUMENTOS DE INTERESE:

Galescolas. Entrevista a Lois Ferradás

Levo xa unha boa tempada dedicándolle as miñas forzas e ilusións a todo o que se está a vivir nas Galescolas ; ao proxecto (hoxe xa unha realidade), de transformar e poñer en valor a educación da primeira infancia da Galiza do século XXI; axudando a tecer a rede de galescolas . Esta parte tan importante da miña vida non tivo, ata o momento, o espazo que se merece neste meu sekeirox. Para comezar a revertir esta situación, non se me ocorre unha forma mellor que recoller íntegramente a entrevista publicada en Irimia (en dixital en Vieiros) que lle fixeron a Lois Ferradás: sen dúbida, unha das persoas deste país que máis luz (en todas as vertentes do termo: claridade, brillantez, enerxía,... ) e sentido aporta ás Galescolas.

Galescolas. Entrevista a Lois Ferradás.

A Lois Ferradás a querencia pola educación infantil vénlle de hai máis de 30 anos, cando contribuiu a poñer en marcha e manter o programa Preescolar na Casa. Na actualidade, ademais de Vicepresidente de Irimia, é profesor de Didáctica da Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, da que é decano. Asemade asesora ao Consorcio, responsable do tema das galescolas. Disto conversamos con el.

Manolo G.Turnes - 19:02 14/03/2008

Por que o nome de galescola?

Porque son centros educativos, non só de coidado, e porque nelas se asegura a educación en galego e valorando a cultura do contorno. O concepto de gardería pertence ao pasado.


Son escolas?

Son centros educativos, nos que se acolle, coida e estimula a nenas e nenos de menos de 3 anos. Hoxe non é segredo para ninguén que as capacidades de aprender, de establecer vínculos, de explorar o mundo que nos rodea, de comprender e expresar ideas e sentimentos, comezan a se desenvolver nos primeiros meses de vida. Pensar que estas criaturas só teñen que aprender a mamar e arrotar é anacronismo, ignorancia ou mala idea. Pero son escoliñas diferentes das de educación primaria, nos seus horarios, espazos, equipamentos e actividades, na formación do seu persoal e nos servizos que prestan. Con independencia da administración que se encargue delas, nunca deberán perder este carácter propio, que ten en conta as características e necesidades dos seus usuarios.


Por que se crean agora?

Galicia leva un retraso grande na oferta de prazas en centros públicos para menores de 3 anos. Para comprobalo abonda con observar as listas de agarda nos periodos de inscrición; son centos e centos de familias que buscan sen logralo un posto para a súa prole. Precisamos multiplicar por 10 o número de prazas para achegarnos ás medidas europeas. As galescolas, ao compartir coas familias o coidado e educación de nenos e nenas, posibilitan que os pais, especialmente as nais, poidan desenvolver unha actividade laboral. Se observamos a súa distribución no territorio de Galicia podemos comprobar que algunhas están situadas en áreas pouco poboadas do interior. É a súa contribución a manter un medio rural socialmente vivo e economicamente viable.

Como vai a implantación do proxecto?

É cedo para facer balance. Un dos logros máis importantes foi poñer este asunto na axenda dos políticos; hai quen discute detalles da forma de facelo, pero ninguén pon en dúbida a súa necesidade. En menos de 2 anos puxéronse en funcionamento 20 galescolas, que supoñen arredor de 1000 prazas para nenas e nenos e foron contratadas 38 mestras/es e 91 educadoras/es. Pero, tan importante é que neste tempo se creou un proxecto educativo, unhas normas de funcionamento, un procedemento para a selección do persoal, un plan para a súa formación, un modelo arquitectónico e de equipamento, un servizo de apoio e de coordinación pedagóxica, unha potente rede.


Que se quere dicir cando se fala de rede de galescolas?

Estar en rede significa estar conectado. As galescolas non están illadas; traballan en equipo, relacionándose e compartindo os recursos, medios e instrumentos para unha xestión áxil e moderna e para un apoio pedagóxico que fai posible unha educación de calidade. Isto faise visible nas actividades de formación compartidas, nas reunións de directoras/es, na comunicación a través do portal galescolas.net, no seu boletín... É un traballo en cooperación entre profesionais e coas familias e os concellos.


Como se concreta a relación coas familias?

As familias son benvidas nas galescolas. Comézase coa entrevista de inscrición e continúase nas distintas reunións e nos encontros ocasionais do día a día. En cada galescola establécese un consello de participación, do que un terzo son pais ou nais. En varias galescolas acaba de iniciarse, en colaboración con Preescolar na Casa, un programa piloto chamado Espazos das familias que consiste en equipar un espazo para que poida ser usado por estas e realizar con elas actividades formativas e promover a súa participación nas actividades das galescolas.


Hai quen ve isto como un exercicio de adoutrinamento dos pais.

Quen iso di non coñece aos pais e nais actuais, que non se deixan adoutrinar. Pola contra, están desexosos de expresar as súas preocupacións e puntos de vista e escoitar de igual a igual a outros pais/nais e deixarse asesorar por profesionais expertos. Non están dispostos a pagar peaxe por exercer os seus dereitos de cidadanía nin a deixarse cautivar ideoloxicamente. Convén non minusvalorar a intelixencia destes pais e nais que forman parte dunha xeración, seguramente a máis culta e máis libre da historia de Galicia.


Cal é o papel dos concellos?

Forman parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que é quen xestiona a rede de galescolas. Teñen participación nas comisións de selección do persoal. Teoricamente faranse cargo dunha terceira parte dos gastos (a Vicepresidencia doutro terzo e as familias do restante, segundo os seus ingresos económicos). Unha representación do concello tamén forma parte da comisión de participación de cada escoliña. Algúns concellos dubidan de integrarse no Consorcio porque ven ameazada a súa autonomía. Asegurada a súa capacidade de participar nas decisións de planificación, e confiando na capacidade profesional do persoal educativo das galescolas, na miña opinión, o papel dos concellos está sobre todo en axudar a cada galescola a converterse nun proxecto de toda a comunidade local, escola de cidadanía participativa, obradoiro da cultura local, resposta ás necesidades de nenos/as e familias.


Podes sinalar os puntos fortes e febles deste proxecto?

Na miña opinión, un dos puntos máis fortes é a mesma concepción en rede, que minimiza os riscos, protexe e axuda a afrontar os desafíos; outra realidade formidable son os equipos de profesionais, formados, con iniciativa, comprometidos e identificados co proxecto; isto permítenos esperar o mellor. Tamén existen puntos febles, como é que sexa obxecto de disputas dos partidos políticos, ou que aínda queden moitas localidades sen galescola, que falte previsión e se improvisen algúns procedementos da organización, a falta de experiencia de participación das familias... outras tantas oportunidades de poñer en marcha o máis ambicioso proxecto de educación da primeira infancia da historia de Galicia.

 

En Camiño cara ao III Encontro de Edublogs

 


 

Recollo nesta anotación o anuncio redactado pola amiga Lourdes en Aulablog "O ano pasado, despedimos o Encontro de Ayerbe cunha bonita metáfora de Tíscar Lara, que nos identificába como peregrin@s en Internet, transitando por camiños inexplorados, cada quen polo seu, inevitablemente en soidade en moitos momentos, pero buscando e gozando dos lugares de encontro para repoñer forzas, trazar a ruta, cargar a mochila, intercambiar experiencias, vivencias e por que non, atopar compañía e amizade.

Este ano a proposta é que emprendades o camiño cara Santiago, ali estamos a preparar o albergue. Compartiremos os itinerarios percorridos, os descubrimentos, as dificultades, o aprendido, o intuído e sobor de todo a ilusión e a ledicia de atopármonos.

Pronto máis novas.

A web como espazo da cultura en rede

Dentro das accións formativas de Interea (2007-2008) incluíron un obradoiro que se denominou: A web como espazo da cultura en rede. A coordinadora de formación: Laura Cruz tivo a ben convidarnos á amiga Lucía Blanco e a min mesmo para que fixésemos de relatores nesta actividade. O formato: un obradoiro dirixido a técnicas e técnicos de cultura; o lugar: O telecentro (local multiusos) do concello de Santa Comba .

O programa desenvolveuse segundo o previsto (aínda que sobre a marcha decidimos facer algúns cambios para centrarnos nalgunhas ferramentas que resultaron de especial interese para os asistentes): ás 9:30 recollida de material; ás 10:00 a presentación do obradoiro e a partir das 10:30, Lucía e máis eu dinamizamos unha primeira parte que consistiu na análise da realidade dos técnicos de cultura da provincia da Coruña no que ao traballo en rede se refire. Aproveitamos un artigo publicado no número 10 da revista: Interea Visual dedicado á cultura de rede. O artigo concreto Novas artes para a faena cultural de Fernando R. Lavandeira , deu moito de si e serviu para iniciar un debate que rematou cunha posta en común das dificultades e potencialidades que os asistentes consideraron de cara ao traballo en rede, na rede.

Ás 12 chegou o descanso, e co descanso un magnífico almorzo encargado pola organización e servido polo persoal do restaurante Leandro (Santa Comba) a onde haberá que volver. Todo riquísimo especialmente os buñuelos, mellor dito as "chulas", que non as comía tan ricas dende hai moito tempo que mas preparaban na casa.

Tralo descanso, Lucía e máis eu (os futanos, ou futanitos) comezamos a contar como cíamos que algunhas ferramentas (principalmente as que están na liña da web 2.0) poderían axudar aos técnicos de cultura a desenvolver mellor o seu traballo e a fortalecer as ligazóns entre os membros dese colectivo.

Etiquetado, RSS (as pelotas e o agregador de Ayerbe volveu a funcionar), marcadores sociais, blogs, wikis, mapas, axendas compartidas, documentos compartidos, ferramenta para visualizar as redes sociais,... comenzaron a encher os maletíns de ferramentas que lles entregamos aos asistentes. Obviamente foron demasiadas cousas pero o obxectivo de lanzar ideas abrir portas e posibilidades conseguiuse ao noso entender.

Entre ferramenta e ferramenta (en case todas elas os asistentes tiveron a ocasión de probalas e comprobar a facilidade do seu uso, a pesar de que non estaban afeitos a traballar con elas), gozamos dunha estupenda comida en compañía de todas e todos os asistentes. Foi un bo momento para reforzar lazos, contar experiencias e pasar un bo rato.

Na última parte do obradoiro, pola tarde, partindo das necesidades detectadas na sesión da mañá e coas ferramentas que tiñan nos seus maletíns, convidóuselles a aventurar unha posible configuración "da ferramenta" (integradora de outras ferramentas) que necesitarían para fornecer as redes sociais relacionadas co seu traballo: a cultura. O resultado foi máis que alentador e satisfactorio, porque serviu para comprobar que tiñan captado o potencial das ferramentas presentadas e a necesidade de compartir e colaborar na rede.

Para rematar, quedou pendente a realización dunha tarefa (entre todas e todos) para comezar a definir como é esa rede que queren empezar a visualizar na "rede".

Grazas a Laura, Mónica (que asumiu a secretaría da actividade) e a Interea pola posibilidade que nos deron de participar.

(En canto me pasen as fotos tomadas no obradoiro, compartireinas)

Chaves para acadar unha docencia de calidade na universidade

Grazas a este artigo publicado por D. Besadío no DUVI , temos información dunha conferencia impartida por M.A. Zabalza (catedrático de didáctica da USC ). Os que tiveron a sorte de acudir á cita, encadrada dentro do ciclo A docencia universitaria e que tivo lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo , teñen agora máis chaves para reflexionar sobre os novos retos que terá que afrontar a universidade para adaptarse aos novos tempos e, con el, ao EEES .

Algunhas das cuestións e afirmacións, sen dúbida moi resumidas e expresadas de forma sintética nesta nova, son aspectos chave sobre os que dialogar e conversar tanto na docencia universitaria como noutros niveis do ensino.

Segundo a fonte citada, M. Zabalza mantivo que para ser un bo docente non abonda con ter capacidade de planificar o curso, seleccionar e presentar os contidos do xeito axeitado e explicalos de forma comprensible. É necesario ademais:

  • Ter capacidade de reflexión sobre o que se está a facer.
  • Manexar as novas tecnoloxías.
  • Ser capaz de traballar en equipo.
  • Ter boas relacións cos alumnos
  • Facerlles ao alumnos un bo proceso de titorización.

Segundo Zabalza, as novas xeracións non están preparadas para recibir grandes cantidades de información vía verbal, polo que os docentes deben tentar chegar a eles a través de outro tipo de vías, como son as novas tecnoloxías. Como exemplo da súa importancia mencionou que, “coas titorías tradicionais apenas acudían alumnos, só algún en datas próximas aos exames, sen embargo, co novo formato virtual recíbense correos a diario para resolver dúbidas”.

Con respecto ao comentario xeralizado entre docentes universitarios da deficiente formación coa que os estudantes chegan ás aulas universitarias, Zabalda destacou que “os nosos alumnos son distintos a como eramos nós, veñen peor preparados en determinadas materias pero saben moito máis doutras, como a informática ou os idiomas. Habería que sacarlle o máximo partido a estas novas fortalezas”, comentaba.

Segundo a fonte, Zabalza destacou que co novo sistema de créditos ECTS “o que se intenta é chegar a un tipo de educación que non se centre no ensino, senón na aprendizaxe, con titorías obrigatorias, seminarios, obradoiros... novas formas que nos permitan supervisar a aprendizaxe dos nosos estudantes”.

Para este autor, o labor fundamental que ten que asumir o profesor universitario é o de docente, fronte á investigación. Por outra banda, o papel do alumnado vaise ver modificado xa que se esperará del un certo grado de autonomía e que asuma parte da responsabilidade dentro do seu proceso educativo.


Zabalza apuntou algúns aspectos básicos para lograr un ensino universitario de calidade:

  • Importancia de deseñar e planificar a docencia con sentido de proxecto formativo (referíndose á importancia da planificación previa).
  • Seleccionar e presentar os contidos (pese a estar pouco valorado tradicionalmente).
    Elixir contidos interesantes e presentalos de xeito atractivo.
  • Incorporar as novas tecnoloxías e recursos diversos, aos que estes estudantes son moito máis receptivos
  • Xestionar axeitadamente os métodos didácticos
  • Relacionarse construtivamente cos alumnos.
  • Titorizar aos alumnos, de xeito que poidan ter un titor que os oriente e siga o seu proceso de aprendizaxe.
  • Avaliar aos alumnos (un dos aspectos no que agora están máis frouxos os docentes).
  • Reflexionar e investigar sobre a propia docencia e implicarse institucionalmente.


Ao fío da conferencia presentouse o libro Competencias docentes docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional editado pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, no que se abordan os novos retos do EEES.

A escola na rede (CFR de Ferrol)

O ano pasado contaba sobre a miña asistencia á charla impartida por Jordi Adell en ferrolterra. Gardo moi bo recordo daquela visita ao IES Sofía Casanova .

O que non pasara polo meu maxín naquel intre era que un ano despois ía volver a visitar o mesmo salón de actos, neste caso compartindo o papel de relator coa amiga Lucía Blanco.

Agradézolle aos responsables do CFR de Ferrol que nos convidasen e que nos tratasen o ben que nos trataron. Cando un está a gusto, o traballo sae moito mellor.

A nota de prensa enviada polo CFR informando sobre este evento o pasado día 10 dicía asi:

"O Centro de Formación e Recursos de Ferrol convocou unhas xornadas formativas dirixidas ao profesorado co obxecto de adentrarse nas posibilidades e futuro da internet no eido educativo. con estas xornadas procurarase reflexionar acerca das posibilidades da rede no desenvolvemento da competencia dixital e tratamento da información.

 

A través das catro conferencias coas que contará a actividade irán xurdindo debates en torno a diferentes aspectos relacionados coa realidade educativa e a integración das TIC.: neste sentido abordaranse aspectos como a competencia dixital e tratamento da información, a Internet como espazo educativo e amosaranse algún proxectos pilotos e experiencias salientabeis na integración das TIC nos centros educativos.

As xornadas terán unha duración de de 10 horas e serán certificadas polo CFR de Ferrol. Para matricularse o profesorado pode facelo dende a páxina web da Consellería de educación http://www.edu.xunta.es/fprof "

 

Nunha próxima anotación contarei sobre a charla que tivemos o pracer de manter Lucía e máis eu cos asistentes este xoves 17 de xaneiro "Tecendo a rede con ferramentas 2.0"

O vindeiro 21 tócalle o turno a Antonio R. de las Heras da Universidade Carlos III "Un modelo de integración das TIC en educación"

O 24 de xaneiro, volveremos a ter por ferrolterra a Jordi Adell que falará sobre "Competencia dixital na era da web 2.0

E para finalizar esta xeira de charlas e conferencias teremos a Fernando G. Paez e José Manuel Bouzán Matanza, que nos falarán sobre "O papel dos coordinadores TIC"

II xornadas de TADEGa con regalo incluído

Rematando o 2007, tiveron lugar en Santiago as II xornadas de TADEGa . O principal obxectivo destas xornadas foi o agasallarnos cunha nova asociación cargada de bos obxectivos, ideas e profesionais, que van traballar para compartir con todos nós o seu saber sobre o emprego das TIC na atención á diversidade.

Os amigos de El Tinglado finalistas no Edublog Awards 2007

  Vaia Tinglado!! As cousas ben feitas, ás veces teñen unha boa recompensa.

Vía Aulablog , dou coa nova de que El Tinglado é un dos sitios finalistas nos Edublog Awards2007 na categoría de “best education tech support blog”.

Síntome moi contento de que os amigos do Tinglado opten ao triunfo final.

Para conseguilo é necesario apoialos!!! E merecen que os apoiemos por moitas razóns, algunhas das cales as apuntaba Lourdes : porque se trata dunha experiencia colectiva dentro do mundo educativo, co esforzo que iso conleva; porque os seus artífices, comparten con todo o mundo sen agardar nada a cambio.

Porque é un colectivo próximo, accesible, deses que che acollen cos brazos abertos cando te achegas. Porque o blog e as súas propostas son realmente as mellores:

VOTA AO TINGLADO!!

Blogs e Educação: Uma entrevista

Blogs e Educação: Uma entrevista

Na súa Boteco Escola , Jarbas ofrécenos desta vez unha entrevista que lle fixeron hai algún tempo, sobre a súa visión das bitácoras e os usos que se lles dá ás mesmas en distintos ámbitos, entre eles, e sobre todo no educativo. Non ten desperdicio, Jarbas consegue trasladar a súa visión da utilización dos blogs de forma clara, aporta exemplos moi interesantes de utilización das bitácoras no mundo do ensino e mantén a idea, que comparto totalmente, de ter presente que se trata de ferramentas favorecedoras de procesos de Comunicación con "C" maiúscula. A entrevista apórtanos as reflexión de Jarbas sobre a cuestión, a posta en valor da imaxinación para a utilización das diversas ferramentas e recursos que temos ao noso alcance para adecualas aos nosos propósitos. O ton da mesma, sempre correcto, deixa entrever un certo aire subversivo, como a propia natureza destas ferramentas. Gostei da súa lectura.

Os blogs em educação não devem ser nem pedagógicos, nem didáticos

"...

- Que tipo de recursos os blogs oferecem e que podem ser aproveitados no processo pedagógico? (aspectos técnicos e sociais)

- Continuo a criticar suas perguntas que supõem subordinação dos blogs a interesses pedagógicos. Usos “pedagógicos” dos blogs diminuem a vitalidade dessa forma de comunicação no ciberespaço. Prefiro comentar as possibilidades que os blogs podem trazer em termos de expansão da aprendizagem humana.

..."

"... Há educadores que acham que basta colocar um blog no ar para que as coisas aconteçam de um modo novo e surpreendente. Ou acham que pedir aos alunos para que estes produzam blogs é um modo novo de fazer educação. Não é. Usar ferramentas sem imaginação é uma forma de matar na raiz a possibilidade de abrir novos caminhos de aprendizagem."

Grazas Jarbas, por compartir.

Entre o encerado e o ciberespazo: entrevista a Lourdes Barroso

O outro día, despois dunha xornada moi dura, chegou unha conversa que me fixo virar o día. O mal rollo da xornada, transformouse en risas e unha charla distendida que me serviu para descansar mellor esa noite.

A charla era coa amiga Lourdes Barroso , unha das persoas que está a tirar do carro de Aulablog . Comentábame, nesa conversa, sobre unha entrevista que lle estaban a facer para un medio de comunicación (e botamos unhas risas). Por suposto, estiven ben atento á prensa do día para ver onde e como saía esa reportaxe.

Onte esa entrevista "Entre la pizarra y el cibersespacio" saía publicada en elmundo.es

Estou encantado de que o traballo de currantas e currantes do ámbito educativo, neste caso do ámbito das TIC na educación, como é o caso de Lourdes se vexa recoñecido públicamente nos medios.

Parabéns polo teu traballo Lourdes !!

 


 

Na EducaParty - Santander 2007

 

 

Levaba unha boa tempada sen publicar neste meu Sekeirox por unha razón ou por outra. O caso é que fun deixando a manchea de cousas que teño por recoller aqui, para un momento mellor (que non dá chegado), permanecen escritas en follas de papel, arquivadas por distintos puntos do ordenador ou da web, tamén polo meu maxín,... xa lles chegará o momento.

Despois do encontro de Ayerbe , presentóusenos a oportunidade (a moitos dos asistentes), de volvernos a encontrar compartindo labores formativas. Nesta ocasión, e aproveito para agradecerllo públicamente, foi Luis Rojo (director pedagóxico do encontro e de Educared ) quen, asesorado polas amigas, do seu equipo de CEPAL (Maripaz, Sara, Almudena, Thais, Rafa, Nuria, Sandra, Mónica, María e Natalia, algunhas das cales nos acompañaron en Ayerbe amosándonos os tablet PC e as pizarras dixitais e cantando parte do repertorio do cancioneiro de Ayerbe) decidiu contar cunha representación da blogosfera educativa, para completar o grupo de formadores da EducaParty 2007 que se celebrou en Santander os días 4 e 5 de setembro.

Dende o sábado 2, os formadores colaboramos nas tarefas de montaxe dos equipos e comezamos coas accións de coordinación pedagóxica (tarefas que quedaron perfectamente recollidas de forma gráfica por distintos medios ).

O desenvolvemento do planificado funcionou á perfección (ou case). No encontro deuse unha boa conxunción de elementos: un marco moi bonito como é a península da Magdalena , un desplieque técnico de ensoño (en canto a equipamento informático, conexión, pizarras dixitais,...); o respaldo de grandes empresas, patrocinadores a UIMP ,... e como non (e sobre todo) a calidade das persoas que se reunían ali.

Unha vez máis (cada situación é distinta), a calidade humana do vivido neste tipo de actividades formativas compartidas, compensa con creces o traballo, esforzo e dedicación investidos na preparación da execución pedagóxica destes eventos, cada un na parte que lle toca.

Unha vez máis, coñecín novas persoas e personaxes que seguen a aumentar e facer máis resistente a miña rede social; e unha vez máis puxen voz, mirada e expresión a moitas das fontes de información das que bebo cada día.

Como xa teño comentado nalgunha ocasión, este tipo de encontros e relacións personais (reais, cara a cara) fan que os textos e publicacións que nos atopamos na rede en diversos formatos, nunca máis sexan o que eran ata ese momento. A nosa voz interior, que a cotío nos acompaña nas lecturas de autores, dos que non coñecemos máis que a súa obra, énchese de matices e connotacións enriquecedores, en canto sabemos como "respiran" esas persoas, como miran, como sorrín.

A partir de agora os textos de Bea, de Juanmi, de Artur ,... (como xa me acontecera antes con outros dos meus amigos blogosféricos) terán as voces, os xiros e as expresións dos seus autores o cal supón un enriquecemento emocional importante ás miñas lecturas. Uns monstruos Guiño nesta vida, na segunda, ou na que veña.

Estase realmente a gusto (cada vez me sinto máis cómodo) departindo e compartindo en días coma estes, coa xenialidade de Luis e Paco (ao que non vía dende 2005), con Isidro e con Lu (que atesouran unha forza interior vestida de sensibilidade que me teñen encantado), con Víctor e con Marcos , con Elena , con José Dulac e coas amigas e amigos de Cepal; e con Charo e Lourdes, que sempre están ahi, algo que para min é moi importante,...

Tamén tivemos a sorte e a ocasión de vernos (brevemente) con Felipe Zayas e Tiscar, o cal sempre é un pracer; e de falar con tantas e tantas persoas que non vou citar nesta anotación porque sería extenderme en demasía (non porque non me lembre deles).

Trala presentación do evento, entrega de documentación e saúdo das autoridades (que ben falan e que cousas tan bonitas din, ás veces!!) comezou a carga de contidos. A presentación realizada por Ismael Nafría, deixounos un bo sabor de boca a todos os que estamos un pouco metido nestes temas, aínda que tentou contar moooitas cousas en moi pouco tempo e quizais algún dos asistentes sufrise unha pequena "infosaturación"; con todo, para min estivo correcto.

A continuación tivemos a sorte de escoitar a Lu e a Isidro falando das súas experiencias cos blogs nas súas aulas. (Os que non os coñecían seguro que quedaron prendados deles).

Luis Rojo axudounos a coñecer un pouco máis dos Tablet PC, que fixeron as delicias de moitos dos asistentes [eu tamén aprendín algunhas cousas sobre estes ordenadores, que me pareceron interesantes (pensando sobre todo na utilización destas ferramentas por parte dos máis pequenos; o mesmo me pasou coas pizarras dixitais)].

Tras un descanso, fíxose entrega dos premios aos profesores innovadores, aos que tamén tiven a sorte de coñecer: José Manuel Arranz (Xeometria Activa) e José Carlos Ruiz (Numancia).

A continuación empezou a festa. A carpa empezou a ferver coa actuación maxistral do maestro Paco (Francisco Muñoz de la Peña) . Mr Wong (como exemplo de ferramenta para xestionar marcadores sociais) cobrou protagonismo e coa axuda dos que estabamos facendo o apoio nas seccións que tiñamos encomendada, coido que os asistentes colleron a esencia dos marcadores sociais; e o reto proposto por Paco (quen por certo fixo unha excelente crónica do evento , e polo tanto eu non me extendo moito máis) funcionou moi ben.

Despois da intervención de Paco, veu unha das miñas decepcións da festa: o non poder participar dos concursos (caza dos tesouros) nos que se repartían premios ben interesantes aos gañadores (non quere dicir que fose a gañar eu, pero polo menos ter a oportunidade; non lle andaría moi lonxe, creo): Tablet Pcs, Ipods,.... :(

E para os que non tivemos que impartir obradoiros aos alumnos da UIMP, pois ali rematou a primeira xornada.

O último día foi de moito curro para empezar a xornada: "se non queres caldo: tres tazas" Durante toda a mañá, e de forma case que ininterrompida, todos os formadores impartimos o obradoiro que tiñamos asignado. Eu tíveno realmente doado, xa que os materiais preparados por Charo, sobre ferramentas web 2.0, se deixaban adaptar perfectamente ás condicións (equipos, auditorio e tempo) que tiñamos.

A oferta era variada:

EduBlogs: Blogs y Educación - Taller de elaboración y administración de un Blog educativo.
Herramientas Web 2.0 - Utilidad pedagógica y modelos de uso de estos nuevos servicios on line.
Pizarra Digital y soft educativo - Pizarra digital interactiva como recurso dentro del aula.

Tralo xantar e a sesión de karaoke , veu o turno dos paneis temáticos, (tamén moita variedade - Podcast educativo: as clases no iPod, - Wikis: ferramentas colaborativas na Web; - LIM: ferramenta de creación de contidos didácticos ; - Mapas Conceptuais: Cmaptools ; - Second Life e o seu potencial educativo; - Crear un Blog coa ferramenta A Navegar; - Blogs a fondo ; - Ferramentas Web 2.0 a fondo) . Eu pola miña parte centrei a miña charla deste último panel: nos pes da Web 2.0 (un pouco máis) e na sindicación de contidos (o recolledor de Ayerbe volveu a funcionar).

Para rematar: outro concurso (que me deixou o mel nos beizos), unha boa cea cos amigos e volta para a casiña.

A anécdota das xornadas para min (houbo moitas), e que dá unha certa idea de a onde chega a nosa "doenza" ou virtude ;) é cando vexo a Paco, charlando, de forma distendida, durante uns minutos cunha das azafatas que amablemente atendían un dos stands de Telefónica. Ao rematar a xornada... a azafata, que acababa de contactar co mundo dos blogs, tamén tiña un blog creado e cun par de anotacións realizadas ... iso si que é "blogvanxelización" !!!

Una foto de Flickr

 


 

En Inforensino 2007

En Inforensino 2007

Ao longo desta xornada, estarei compartindo con outros poñentes o estrado do Pazo de Congresos de Lugo nas xornadas Inforensino 2007 , organizadas polo CFR de Lugo , a quen lles agradezo a invitación a participar (tamén a ti Paco) que terán lugar os días 14, 15 e 16 de setembro.

Charlaremos sobre a Web 2.0, sobre algunhas ferramentas que podemos incluír neste saco, e de como lles podemos sacar proveito no ámbito educativo. A segunda parte da miña intervención estará centrada no uso de blogs e wikis nos centros.

Xa contarei as miñas impresións (teño aínda pendente a crónica do acontecido na EducaParty 2007 - Santander ) na que compartín, entre outras cousas, labouras de formador xunto a moitos amigos e amigas da blogosfera educativa. A crónica está no forno a puntiño de saír. ;)

2º Encontro de Edublogs: Marcadores sociais e sindicación de contidos.... por pelotas

2º Encontro de Edublogs: Marcadores sociais e sindicación de contidos.... por pelotas

1. Desculpas

Esta anotación debera estar publicada hai xa uns días, xa que son un dos poucos relatores do 2º Encontro de Edublogs , celebrado en Ayerbe, que todavía non "colgou" a súa presentación ou o guión da súa comunicación ou obradoiro; desculpas tamén polo final do título escollido neste artigo, pero se queres saber por que é asi, terás que chegar ao final da anotación Guiño.

Aproveito esta situación, de publicala unha vez rematado o encontro, para incorporar algún elemento novo, tanto á presentación como ao desenvolvemento do obradoiro.

2. A miña visión do obradoiro

O primeiro reto que se me presentou antes de iniciar o obradoiro, foi facer fronte á gran diversidade de competencias dos asistentes con respecto aos temas a tratar. A sindicación de contidos é un elemento básico na forma de comportarnos na rede na actualidade, e moitas veces facemos uso deste "servizo" sen pararnos a pensar demasiado no tema, e outras veces, simplemente non facemos uso del, ben porque non queremos ou porque non sabemos. E con respecto aos marcadores sociais, para algúns foi un descubrimento pero para a maioría foi unha forma de sacar a flote algo que xa sabían y que tal vez a partir de agora utilicen un pouco máis.

Pois ben, ese era un pouco o obxectivo do obradoiro, falar destes "servizos" que nos ofrece internet (facelos visibles), para facernos a vida un pouco máis doada, pero sen meternos demasiado en aspectos técnicos ou explicacións que poderían resultar demasiado forzadas para algúns e demasiado "light", para outros (e todo iso en 2 horas).

3. O desenvolvemento

O que tivemos, foi unha charla distendida na que contei, de forma sucinta, a miña experiencia persoal no uso destes servizos. Falamos de moitas cousas: de tecnoloxías, de información, de COMUNICACIÓN; de como entendo a utilización destas ferramentas que nos permiten ser parte activa na producción e transmisión da información e non só consumidores; falamos dalgúns aspectos chave, no éxito destes servizos: facilidade de uso e independencia tecnoloxías particulares; o RSS e o etiquetado da información por parte das persoas.

Tomado da wikipediaUnha vez falamos dos conceptos, da súa utilidade e de posibles usos na vida diaria, estivemos a ver como recoñecer ou buscar as sementes RSS dos sitios que nos interesan e falamos dalgunhas ferramentas que coñezo para sacar proveito da sindicación e dos marcadores sociais. Falouse do FeedReader , de Rojo , de Feedness , de Syndigator , de Google Reader e de Bloglines , ferramenta na que afondamos un pouco máis. En canto a marcadores sociais, falouse de Furl , de del.icio.us , de Mr.Wong e sobre todo de Blinklist .

Unha vez abordadas: as ideas, os conceptos, e algunhas formas de facer (procedementos); procuramos provocar unha especie de trebón de ideas en común, para sacarlle punta a estas ferramentas no ámbito educativo. Algunhas destas ideas foron:

 

  • Seguimiento dos blogs personais;
  • Seguimiento de blogs grupais (ou outro tipo de publicación dinámica);
  • Recepción de novedades sobre unha temática determinada;
  • Suscripcións a publicacións concretas (fundamental para os investigadores de calquera nivel);
  • Seguimiento de novas sobre lexislación, subvencións;...
  • Fuentes bibliográficas compartidas e novidades editoriais
  • Ángel: seguimento dos blogs dos seus alumnos; ou dos seus múltiples blogs; compartidos,…

 

Antes de rematar, ofrecemos algunhas ligazóns para afondar no tema: "para nota".

Sindicación:

 

Marcadores sociais ou "levar os favoritos postos"

Personalmente e como relator, quedei encantado co interese amosado polos asistentes ao obradoiro, tanto por algunhas cousas das que contei, como pola forma que foi tomando a charla e o intercambio das ideas.

4. A sorpresa,... por pelotas

Un aspecto que parece que causou certa sensaciónSonriente, foi a visualización do proceso de agregación das sementes RSS e a comprobación real da efectividade desta ferramenta no que a aforro de tempo se refire á hora de manexar a información. Esta visualización ocorréuseme a noite anterior e tíñaa prevista tan só para o caso de que fixese falta, porque non sabía se esta tecnoloxía punta funcionaría ou non; o certo é que funcionou e moi ben. O agregador de sementes RSS, que dende hoxe utilizarei cando toque falar deste tema (do que porei as imaxes en canto as reciba), bautizareino co nome de "Lector de sementes RSS de Ayerbe " ("Lector de semillas RSS de Ayerbe "), en honra ao pobo que tan ben nos acolleu durante este 2º Encontro de Edublogs .

 

 

PD. A explicación do RSS foi un pouco máis extensa. O que aparece no vídeo é unha síntese que quedou recollida grazas a Montse, Charo e Antonio.

 

2º Encuentro de Edublogs: Marcadores sociales y sindicación de contenidos.... por pelotas (Versión Castellano)

2º Encuentro de Edublogs: Marcadores sociales y sindicación de contenidos.... por pelotas (Versión Castellano)

1. Disculpas

Esta anotación debiera estar publicada hace ya unos días, ya que soy uno de los pocos relatores del 2º Encuentro de Edublogs , celebrado en Ayerbe, que todavía no "colgó" su presentación o el guión de su comunicación o taller; disculpas también por el final del título escogido en este artículo, pero si quieres saber por qué es así, tendrás que llegar al final de la anotación Guiño.

Aprovecho esta situación, de publicarla una vez terminado el encuentro, para incorporar algún elemento nuevo, tanto a la presentación como al desarrollo del taller (obradoiro).

2. Mi visión del taller

El primer reto que se me presentó antes de iniciar el taller, ha sido hacer frente a la gran diversidad de competencias de los asistentes, con respecto a los temas a tratar. La sindicación de contenidos es un elemento básico en la forma de comportarnos en la red en la actualidad, y muchas veces hacemos uso de este "servicio" sin pararnos a pensar demasiado en el tema; otras veces, simplemente no hacemos uso de él, bien porque no queremos o porque no sabemos. Y con respecto a los marcadores sociales, para algunos ha sido un descubrimiento pero para la mayoría fue una forma de sacar a flote algo que ya sabían y que, tal vez, a partir de ahora utilicen un poco más.

Ese era un poco el objetivo del taller, hablar de estos "servicios" que nos ofrece internet (hacerlos visibles), para hacernos la vida un poco más fácil, pero sin meternos demasiado en aspectos técnicos o explicaciones que podrían resultar: demasiado forzadas para algunos y demasiado someras, para otros (y todo eso en 2 horas).

3. El desarrollo

Lo que vivimos, ha sido una charla distendida en la que conté, de forma sucinta, mi experiencia personal en el uso de estos servicios. Hablamos de muchas cosas: de tecnologías, de información, de COMUNICACIÓN; de como entiendo la utilización de estas herramientas que nos permiten ser parte activa en la producción y transmisión de la información y no sólo consumidores. Hablamos de algunos aspectos clave, en el éxito de estos servicios: facilidad de uso e independencia de tecnologías particulares; el RSS y el etiquetado de la información por parte de las personas.

Tomado da wikipediaUna vez abordados los conceptos, su utilidad y sus posibles usos en la vida diaria, estuvimos viendo cómo reconocer o buscar las "semillas" RSS de los sitios que nos interesan y hablamos de algunas herramientas que conozco para sacar provecho de la sindicación y de los marcadores sociales. Se habló del FeedReader , de Rojo , de Feedness , de Syndigator , de Google Reader y de Bloglines , herramienta en la que ahondamos un poco más. En cuanto a marcadores sociales, se habló de Furl , de del.icio.us , de Mr.Wong y sobre todo de Blinklist .

Una vez abordadas: las ideas, los conceptos, y algunas formas de hacer (procedimientos); procuramos provocar una especie de tormenta de ideas en común, para sacarle punta a estas herramientas en el ámbito educativo. Algunas de estas ideas han sido:

 

  • Seguimiento de blogs personales;
  • Seguimiento de blogs grupales (u outro tipo de publicación dinámica);
  • Recepción de novedades sobre una temática determinada;
  • Suscripciones a publicaciones concretas (fundamental para los investigadores de cualquier nivel);
  • Seguimiento de noticias sobre legislación, subvenciones;...
  • Fuentes bibliográficas compartidas y novedades editoriales
  • Ángel: seguimiento de los blogs de sus alumnos; o de sus múltiples blogs; compartidos,…

Antes de terminar, compartimos algunos vínculos para ahondar en el tema: "para nota".

Sindicación:

Marcadores sociales o "llevar los favoritos puestos"

Personalmente y como "relator", quedé encantado con el interés mostrado por los asistentes al taller, tanto por algunas de las cosas que conté, como por la forma que fue tomando la charla e intercambio de ideas.

4. La sorpresa,... por pelotas

Un aspecto que parece que ha causado cierta sensación Sonriente, ha sido la visualización del proceso de agregación de las semillas RSS y la comprobación real de la efectividad de esta herramienta en lo que a ahorro de tiempo se refiere a la hora de manejar la información. Esta visualización se me ocurrió la noche anterior y la tenía prevista, tan solo para el caso de que hiciese falta, porque non sabía si esta tecnología punta funcionaría o no; lo cierto es que funcionó y muy bien. El agregador de semillas RSS, que desde hoy utilizaré cuando toque hablar de este tema (del que pondremos más imágenes en cuanto las reciba), lo bautizaré con el nombre de "Lector de sementes RSS de Ayerbe " ("Lector de semillas RSS de Ayerbe "), en honor al pueblo que tan bien nos ha acogido durante este 2º Encuentro de Edublogs .

 

 

PD. La explicación del RSS ha sido un poco más extensa. Lo que aparece en el vídeo es una síntesis que quedó recogida gracias a Montse, Charo y Antonio.

 

Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información

Vía Código Cero e Sociedadedainformación.eu achégome á nova da convocatoria dos “Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información” promovidos polas Consellarías de Innovación e Industria e Educación e Ordenación Universitaria, a través das direccións xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e de Ordenación e Innovación Educativa.
O obxectivo destes premios, é a promoción, creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na Rede, impulsar o coñecemento do software libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.
Hai diversas modalidades de participación: Ferramentas de autor; Materiais curriculares de web; Galerías de imaxes e vídeos didácticos e Aplicacións de software libre


O prazo de participación remata o vindeiro 15 de setembro.

Aprender facendo

Vía E-Learning, conocimiento en red y web2.0 dou con este vídeo dunha entrevista (do programa Redes TVE) a Roger Shank .

 


Xornada Espiral 2007

Esta fin de semana tiña unha cita pendente coa xornada Espiral 2007 . Lamentablemente non puiden asistir ao evento que estou seguro, dada a calidade das persoas que participaron, tanto como organizadores, colaboradores e asistentes; resultou máis que interesante. Todos os comentarios que se escoitan ao respecto confirman o que digo e a enerxía positiva que emana de comentarios como o de Juanmi , non fan máis que dar gañas para repetir experiencia e reforzar as ligazóns invisibles que nos unen en torno a intereses compartidos.