Sekeirox |
![]() |
|
Diálogos en Educación
![]() Ontes, souben pola prensa: que dentro do programa do curso de formación do profesorado "Diálogos en Educación", organizado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol (CEFORE), (dirixido ao profesorado e membros das ANPAS; e impartido nas dependencias do IES Sofía Casanova), este xoves 25, tería lugar a xornada: "Os retos educativos na Sociedade do Coñecemento". Os poñente convidado para a ocasión, foi todo un luxo: Os que tivemos ocasión de asistir puidemos compartir a charla con Jordi Adell Segura. Do Centro de Educación e Novas Tecnoloxías (CENT) da Universidade Jaume I de Castellón. Tamén participaron na mesa redonda, Miguel Ángel souto Fraga (Delegado da Voz de Galicia); Eduardo Crego Alonso (Profesor de Matemáticas do CPI Monte Caxado) e Xoán Carlos Albarellos Codesido (Asesor TIC do CFR de Ferrol). Jordi Adell, demostrou as súas dotes de gran orador, e amenizou unha conversa axeitada ao nivel da maioría dos asistentes. Fixo un percorrido evolutivo das tecnoloxías da información e da comunicación, partindo das primeiras mostras escritas ata chegar aos nosos días; e fixo fincapé na aceleración progresiva que van adquirindo os cambios conforme nos achegamos aos nosos días e dende as orixes da escritura. Falou da relación recíproca entre os cambios que as persoas imprimen nas tecnoloxías e nos cambios que estas provocan nas persoas. Abordou a temática da fenda dixital e detívose na reflexión das formas de vivir dos rapaces de hoxe en día (nativos dixitais) con respecto aos inmigrantes dixitais (case que a maioría dos asistentes á charla). Falou do cambio que se debe dar nas formas de facer na escola, atendendo ás novas realidades que nos atopamos nelas; fixo fincapé nas novas realidades de alfabetización dixital. Aproveitando o comentario de que estarían a facer os fillos dos asistentes ao evento, fixo un percorrido polas ferramentas máis utilizadas no contexto da denominada web2.0 incidindo no seu carácter eminentemente participativo e social. A raíz do debate suscitado, comentou que o problema máis gordo non son os medios en si mesmo, senón o que estes aportan ao discurso dos docentes, como estes poden axudar a plasmar a creatividade necesaria dos docentes de cara a aportar solucións imaxinativas e colaborativas que atendan ás necesidades dos rapaces. Falou, de forma sucinta, de posibles propstas didácticas participativas, como poden ser as Webquests, "xa que para facer o mesmo que se ven facendo ata o de agora nas aulas, pero utilizando novos medios, pois mellor adicar os esforzos a outras cuestións xa que non se mudaría nada ou case nada; e a escola seguirá a estar desfasada". Fixo unha defensa da súa forma de ver a vida, na procura dunha sociedade máis libre, máis informada e máis feliz, dende a defensa da filosofía do software libre. E amosou a súas dúbidas sobre o éxito de propostas dirixidas dende arriba e que coa participación dos monopolios editoriais, pretenden aglutinar o esforzo creador dos profesores. Apostou pola colaboración e cooperación a pé de aula, de centro, de contornos de intereses compartidos, vaian crean do un fondo que chegue nalgún momento a convertirse nos materiais de referencia para os profesores que o desexen. Nos comentarios xurdidos a raíz das diversas intervencións puiden escoitar en voz alta (ata o de agora só o oira en forma de runrun) que a administración educativa galega vai apostar decididamente polo software libre, e vaille ofrecer aos profesores a posibilidade de utilizar Drupal como xestor de contidos e Moodle (entre outras) como plataforma de ensinanza en liña. Gustoume a experiencia. a verdade é que me colei na festa (non estaba apuntado nin asistía para conseguir o ansiado papeliño, senón porque realmente quería escoitar en directo a Jordi Adell, que é un referente e un gran orador. Polo que estiven a ver no programa do curso, é posible que me cole (se me deixan) nalgunha outra das xornadas, que tamén contan con persoas de renome no eido educativo: Febreiro:
Marzo:
Abril:
Maio:
25/01/2007 23:08. Comentarios » Ir ao formulario
Muchas gracias: eres muy amable. Y el resumen de la charla, creo que es más comprensible que la propia charla :-) Un abrazo. Jordi. Data: 20/02/2007 14:59.
Un verdadeiro pracer Jordi, terche por ferrolterra, asistir á túa charla, e que visitases Sekeirox. :) Unha aperta para ti tamén. Data: 25/02/2007 11:54. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |