Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión
Se podo achégome o vindeiro sábado 13 de xaneiro pola tarde (pola mañá non podo, que estarei no Obradoiro de Blogs que imparto en Betanzos) á xornada que organiza o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche en Santiago de Compostela. Como leo en Código Cero : "A xuntanza, titulada Bitácoras, Blogs e Fotoblogs: as novas canles de expresión, xirará arredor da seguinte cuestión: a revolución social e comunicativa que xorde do fenómeno blog, os fotologs e a práctica do podcast. A xornada servirá para afondar nas posibilidades que achegan estes novos formatos de expresión, “e como constitúen hoxe en día unha ampla rede social cun bo emprego da lingua galega”. Será unha boa ocasión de escoitar e aprender de María Yáñez. Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno da extensións dos bitácoras e outras canles de expresión por internet. Raquel Gamallo e Manuel L. Pan . Ferramentas e recursos en galego para crear blogs. Alberto Yáñez . Internet como unha comunidade participativa e de troco de noticias. www.chuza.org; Carlos Neira. Un perfil das bitácoras galegas. Amador Loureiro. Blogs e fotologs como canle de expresión: literaria, musical, artística e de análise social e político. Modesto del Río. Os podcasts. Presentación de Experiencias en blogs e fotoblogs. Bitácoras e música: Noel Feáns. A regueifa. Martín Wu. The Homens. Língua e Literatura. Nel Vidal e Suso de Toro. Bitácoras de Cine. Martín Pawley.
Actualización 16/01/2007
Non puiden asistir :( e sei que a xornada non defraudou a ninguén. Grazas a Modesto en Modestoweb.org, por facer a crónica da xornada(aínda que aos que non asistimos nos quedasen os dentes máis longos :)
0 comentarios