Blogia
Sekeirox

Liberdade de opinión e de expresión

Liberdade de opinión e de expresión Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
4. Reafirmamos, como fundamento esencial da sociedade da informaicón, e segundo se esípula no artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, que todo Individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, que este dereito inclúe o de non ser amolado a causa das súas opinións, e de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. A comunicación é un proceso social fundamental, unha necesidade humana básica e o fundamento de toda organización social. É tamén indispensable para a sociedade da información. Todas as persoas, en todas partes, deben poder participar e non debe exluirse a ninguén das vantaxes que ofrece a sociedade da información

Demasiado bonito para ser certo. Todavía hai moitas bocas pechadas á forza, ou por medo.

0 comentarios