Blogia
Sekeirox

O impacto das TIC na educación

A través de elearningeuropa.info, chego ó documento:
"The Impact of ICT on Education: the three opposed paradigms, the lacking discourse"
, escrito por Roni Aviram and Deborah Talmi do Center for Futurism in Education. Ben Gurion University of the Negev, Israel. No artigo, os autores analizan distintos puntos de vista no proceso de integración das tecnoloxías no proceso educativo. Identifican tres enfoques diverxentes na maioría dos seus principios (o enfoque tecnocrático; o reformista e o holista), que conviven ignorándose uns os outros, o que non permite chegar a unha discusión do problema, máis enriquecedora e significativa, que poida derivar na adopción de mellores políticas no eido da integración das tecnoloxías na educación.

0 comentarios